A CONSELLEIRA DE FACENDA AVANZA QUE PERSOAL DA ATRIGA AXUDARÁ AOS PENSIONISTAS RETORNADOS NO PROCESO DE REGULARIZACIÓN E LEMBRA QUE NON HAI DISCRIMINACIÓN NA SÚA TRIBUTACIÓN

Elena Muñoz Fonteriz anunciou que antes de final de ano se aprobará un protocolo de colaboración coa Agencia Tributaria para facilitar este procedemento

  • Os pensionistas que se acollan a este proceso non pagarán sancións, recargos nin xuros de demora, e devolveránselles a aqueles que xa os pagaron
  • O presidente da Xunta dirixiuse ao ministro de Hacienda para que a AEAT non siga cos procedementos de apremio iniciados e co embargo de bens polo impago de sancións e os intereses liquidados.
  • A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, anunciou hoxe que o persoal da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) estará a disposición dos pensionistas retornados ofrecéndolles toda a información necesaria co fin de facilitar o seu proceso extraordinario de regularización, e lembrou que non existe discriminación na súa tributación respecto ao resto de contribuíntes.

    Neste sentido, Muñoz Fonteriz explicou que para facer efectivo este compromiso antes de final de ano se aprobará un protocolo de colaboración coa Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), co que “estaremos en disposición de prestar toda a axuda e colaboración que precisen”, pese que a Xunta carece de competencias nesta materia.

    A titular de Facenda, que respondeu no Parlamento a unha pregunta oral sobre emigrantes retornados, sinalou que a Xunta “instará á AEAT para que estableza os medios persoais e materiais precisos para levar a cabo os labores de información e asistencia que precisen”.

    O proceso de regularización durará seis meses e iniciarase o 1 de xaneiro de 2015. Os pensionistas que se acollan a este procedemento non pagarán sancións, recargos nin xuros de demora, e a aqueles que xa o fixeron devolveránselles as cantidades aboadas.

    Desacordo
    Neste marco, Elena Muñoz Fonteriz mostrou o completo desacordo do Executivo galego co feito de que a AEAT siga cos precedementos de apremio iniciados e co embargo de bens como consecuencia do impago das sancións e os intereses liquidados.

    A conselleira explicou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solicitoulle por carta ao ministro de Hacienda que a AEAT non siga con estes procedementos. A titular de Facenda trasladou tamén esta solicitude ao director da Axencia Tributaria do Estado.

    Ademais, lembrou que non existe discriminación na tributación dos pensionistas que estiveron na emigración e aqueles que traballaron exclusivamente en España, posto que de acordo coa lexislación vixente teñen a mesma tributación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: