O PIB GALEGO REXISTRA UN CRECEMENTO INTERANUAL NO TERCEIRO TRIMESTRE DO 0,4% E O EMPREGO MEDRA POR PRIMEIRA VEZ DENDE 2008

clip_image002 O gasto en consumo dos fogares galegos mostra o mellor comportamento dende o inicio da crise, cun incremento do 0,5%
 O sector servizos rexistra un crecemento do 1,9%, e o sector primario, do 0,5%
 Os datos de contabilidade trimestral de Galicia non se poden comparar cos do INE porque aínda non incorporan as actividades ilegais, que poden ter un impacto duns 1.500 millóns de euros segundo estimacións do IGE

Santiago, 27 de novembro de 2014.- O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia rexistrou no terceiro trimestre un incremento interanual do 0,4%, mentres que o emprego aumentou un 0,7% respecto ao mesmo período do ano pasado e recupera taxas positivas por primeira vez dende o ano 2008.

Segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE), a variación interanual do PIB autonómico durante o terceiro trimestre foi do 0,4%, mentres que a taxa intertrimestral non rexistrou variación.

En todo caso, os datos de contabilidade trimestral do IGE non se poden comparar cos de contabilidade trimestral do Instituto Nacional de Estadística (INE), dado que os do IGE aínda non incorporan as actividades ilegais, que poden ter un impacto duns 1.500 millóns de euros segundo estimacións do IGE. Esta cifra representaría preto de 2,5 puntos do PIB galego.

Melloría do emprego
En canto á evolución do emprego, o número de postos de traballo equivalentes a tempo completo aumentou en Galicia no terceiro trimestre un 0,7%. Os datos do IGE confirman que dende o segundo trimestre do ano 2008 non se creaban postos de traballo equivalentes a tempo completo. Ademais, este indicador leva mellorando nove trimestres consecutivos.

En canto á demanda, no terceiro trimestre medrou un 0,9% o gasto en consumo final, o dato máis elevado dende o 2008. Tamén recupera taxas positivas a formación bruta de capital (0,2%), mentres que a demanda interna rexistra un crecemento do 0,8%.

Por sectores de actividade, o sector servizos presenta un crecemento interanual do 1,9% e todas as súas ramas rexistran taxas positivas. Neste sector resalta o comportamento da rama de comercio, transporte e hostalería, que aumenta un 2,9% respecto ao mesmo período do ano anterior. Ademais, a rama de agricultura, silvicultura, gandería e pesca aumenta un 0,5% en taxa interanual, grazas ao bo comportamento do sector pesqueiro.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: