A CONSELLEIRA DE TRABALLO RECIBE AOS GAÑADORES DO PROGRAMA YUZZ DE VIGO E SANTIAGO ANTES DA SÚA ESTADÍA EN SILICON VALLEY

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, eloxiou a súa “capacidade de emprendemento” e os seus traballos “innovadores”
 Un dos proxectos premiados consiste nunha pulseira electrónica para coidar persoas da terceira idade; mentres que o outro é unha tecnoloxía de localización de smartphones para coñecer a posición dun teléfono nun espazo pechado
 Un total de 40 mozos e mozas emprendedoras de Vigo e Santiago participaron nesta iniciativa, que dirixe o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), co patrocinio do Banco Santander e a colaboración da Xunta de Galicia

Santiago, 28 de novembro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiu hoxe aos gañadores do programa Yuzz en Galicia, antes de que viaxen a Silicon Valley tras ser escollidos como os mellores traballos dos seus centros. A titular do departamento autonómico aproveitou este encontro para felicitar a estes mozos pola súa “capacidade de emprendemento” e polos seus traballos “innovadores”.

O programa Yuzz desenvolveuse en Galicia en dúas sedes, Santiago e Vigo, e nel participaron un total de 40 mozos e mozas emprendedores en total. Logo de seis meses de traballo, un xurado seleccionou o mellor proxecto de cada un destes dous centros.

No caso de Santiago, o proxecto premiado foi Situm. Trátase dunha tecnoloxía de localización de smartphones que permite coñecer a posición de calquera teléfono dentro de calquera edificio onde o GPS non funcione. Isto permite desenvolver aplicacións e servizos xeoposicionados para interiores como por exemplo: o guiado de persoas en grandes superficies, a busca de produtos e tendas en centros comerciais ou o estudo de comportamento de clientes en tenda. Deste xeito, Situm ofrece dous tipos de produtos: por unha parte, tecnoloxía de localización; e, por outra, produtos finais como aplicacións e servizos posicionados que resolven necesidades específicas en distintos sectores. Os seus autores foron Víctor Álvarez Santos e Adrián Canedo Rodríguez.

Pola súa banda, en Vigo o mellor traballo foi Lathaeus, presentado por David Rodríguez Constela e Adam Anh Kim Caramés. Consiste nunha pulseira electrónica para coidar ás persoas da terceira idade, que ten como obxectivo mellorar a súa calidade de vida e dar maior liberdade tanto a estas persoas como aos seus coidadores. As súas funcións céntranse no seguimento da ubicación do portador, na alerta mediante mensaxes ou chamadas aos familiares se este caeu ou saíu da súa zona habitual, e recordatorios da toma de medicamentos. Inclúe tamén un broche coa mensaxe “se mes ves desorientado, pulsa o botón da miña pulseira”, para que se avise directamente aos seus familiares. A pulseira, a diferenza doutras do mercado, funciona de xeito automático en casos de accidente e é independente, ademais de ser compatible con calquera tipo de móbil actual.

Cada un destes proxectos obtivo unha praza para viaxar do 7 ao 12 de decembro a Silicon Valley, a meca da innovación mundial, xunto as outros 22 participantes máis brillantes da actual edición de Yuzz en toda España.

Durante a súa visita poderán visitar o Spain Tech Center (STC) – impulsado por Banco Santander, ICEX, e Red.es- cuxo obxectivo é facilitar a implantación de Pemes de base tecnolóxica española nun dos contornos máis dinámicos e competitivos do mundo. O seu obxectivo é acelerar o proceso de internacionalización das empresas tecnolóxicas e innovadoras.

Dotacións de ata 30.000 euros
Logo de que regresen de Silicon Valley, os gañadores deberán presentar as súas ideas ante un xurado integrado por representantes de Banco Santander, CISE, e entidades colaboradoras do programa Yuzz. Seleccionaranse os tres mellores proxectos, que recibirán unha dotación económica de 30.000, 20.000 e 10.000 euros respectivamente para que poidan desenvolverse.

O programa Yuzz está dirixido polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), co patrocinio do Banco Santander, a través da súa división Global Santander Universidades, e a colaboración da Xunta de Galicia. Iniciouse en 2009 en Madrid e Barcelona, e actualmente chega a 24 cidades de toda España, e conta coa participación de preto de 500 mozos e mozas.

Durante os 6 meses de duración, Yuzz facilita aos seleccionados o apoio necesario para desenvolver as súas ideas: unha rede de máis de 200 expertos profesionais, formación empresarial, asesorías, titorías personalizadas, e unha plataforma de traballo colaborativo en liña, para que a súa idea poida materializarse nun proxecto empresarial.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: