A XUNTA DE GALICIA TRANSFIRE, A PROL DO CONCELLO DE CRECENTE, UN TREITO DA ESTRADA SALVATERRA-FILGUEIRA, NO NÚCLEO DE REBORDECHÁN

clip_image002 Trátase dun tramo antigo da estrada Salvaterra-Filgueira (PO-400), que conecta coa PO-400 no seu p.q. 37+020 e no 37+630, cunha lonxitude de 766 metros
 A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG)
 O Concello de Crecente deberá asumir todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria

Santiago, 27 de novembro de 2014.- O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o decreto polo que se autoriza o cambio de titularidade dun treito antigo da estrada Salvaterra-Filgueira (PO-400), ao seu paso polo núcleo de Rebordechán, a prol do Concello de Crecente.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, unha vez emitidos todos os informes necesarios e avaliadas as condicións desta solicitude realizada polo Concello de Crecente, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito antigo da PO-400 Salvaterra-Filgueira que conecta coa PO-400 no seu p.q 37+020 e no seu p.q. 37+630, cunha lonxitude de 766 metros.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG), mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

O Concello de Crecente, a partir da formalización da entrega, deberá asumir todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013 do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Crecente deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade ao que se refire o presente decreto. Así mesmo, deberá levar a cabo as actuacións necesarias ante os organismos oficiais correspondentes para regularizar a titularidade do terreo adxacente obxecto de cesión.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: