BENESTAR APROBARÁ NAS PRÓXIMAS SEMANAS UN PROTOCOLO DE COORDINACIÓN PARA CREAR A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago as VI Xornadas Interdisciplinarias de Atención Temperá ‘Semente de Futuro’
 O protocolo creará un espazo común entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais
 Mato destacou que entre os obxectivos da Rede inclúense a mellora da autonomía e calidade de vida dos menores con discapacidade e o fomento da prevención das situacións de dependencia
 A titular de Benestar avanzou que o orzamento para a atención temperá incrementarase en 2015 nun 162% achegándose aos 600.000 euros

Santiago, 28 de novembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar aprobará antes de que remate este ano un protocolo de coordinación que creará un espazo común entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais e permitirá a posta en marcha da Rede Galega de Atención Temperá. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha atención “integral e eficiente” aos nenos e nenas con discapacidade e ás súas familias.

Así o avanzou hoxe a titular de Benestar, Beatriz Mato, en Santiago na inauguración das VI Xornadas Interdisciplinarias de Atención Temperá ‘Semente de Futuro’, onde explicou que esta Rede terá como obxectivos principais prestar unha atención óptima aos menores e ás súas familias; avanzar na súa autonomía e calidade de vida; e fomentar a prevención das situacións de dependencia.

Esta actuación vén recollida no Decreto de Atención Temperá, que foi aprobado hai un ano polo Consello da Xunta e, polo que se constituíu o Consello Autonómico de Atención Temperá, un órgano adscrito aos departamentos de Sanidade, Educación e Benestar. Este Consello, á súa vez, conta co apoio dunha comisión técnica, formada por persoal das tres consellerías, cuxo principal cometido foi elaborar o protocolo de coordinación, “un feito esencial” para a atención temperá, segundo resaltou a conselleira.

Orzamento e unidades de apoio
Mato, ademais, indicou que o compromiso do Goberno galego coa atención temperá segue a ser unha prioridade e, deste xeito, avanzou que os orzamentos para 2015 recollen por primeira vez unha partida específica para este eido que crece con respecto a 2014 nun 162 por cento, achegándose aos 600.000 euros.

Así mesmo, a titular de Benestar resaltou o labor da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e a súa experiencia acumulada desde hai anos no eido da atención temperá. Por iso, sinalou que a Xunta colabora con esta asociación desde 2009 cando se asinou con eles un convenio de colaboración que permitiu poñer en marcha en Galicia as dúas primeiras Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar nas comarcas do Deza e do Salnés. Nestas dúas unidades, situadas en Lalín e Vilagarcía, aténdense ao ano a 250 familias galegas.

A conselleira explicou que este convenio ampliouse nos dous últimos anos, o que permitiu poñer en marcha hai tres semanas unha terceira unidade, neste caso na comarca de Bergantiños.

“Trátanse de unidades nas que se levan a cabo os programas específicos que precisan os nenos, ao tempo que dispensan orientación, asesoramento e atención psicosocial ás familias”, apuntou a conselleira.

Novo modelo de carteiras
Por último, a titular de Benestar referiuse ao novo modelo de atención social que está a poñer en marcha a Xunta, que se basea en catro carteiras de servizos diferentes: a de persoas en situación de dependencia; a de persoas con autonomía; a de familia, infancia e adolescencia; e a de inclusión social.

Estas novas ferramentas permitirán ampliar, diversificar e especializar a oferta de servizos, o que suporá que os usuarios poderán acceder a “un auténtico traxe a medida” que contribuirá a mellorar a súa atención e benestar. Deste modelo, beneficiaranse tamén os menores en situación de dependencia, xa que os servizos de atención temperá están definidos e regulados na carteira de servizos para a atención á dependencia, que xa entrou en vigor o pasado ano.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: