Candidaturas Bolsa de Excelencia Artística
Un total de 43 candidatas e candidatos compiten para a Bolsa de Excelencia Artística que a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) desenvolve en colaboración con ABANCA Obra Social e Carlos Núñez. A promoción da arte, en calquera das súas manifestacións, e o interese por apoiar os novos valores culturais de Galicia conduciron a crear unha sinerxía para buscar unha persoa bolseira, seleccionada polo músico vigués e a súa banda, para acompañalos na súa xira de febreiro e marzo de 2015 por Estados Unidos, que rematará en Washington no día de Saint Patrick.