NON queremos o barco na rotonda de Coia!
Onte comezaron os traballos para que a rotonda da avenida de Castelao en Coia acolla o barco Alfageme.

Moitas persoas do barrio non estamos dispostas a que o goberno municipal tire os cartos (300.000 euros) en meter un barco nunha rotonda.
O barrio sofre con crueza as consecuencias da crise/estafa e o concello decide, sen consultar a ninguén, gastar os cartos nunha proposta sen sentido e carísima.
Moitas persoas do barrio estamos dispostas a organizarnos para parar uns traballos que son insulto e unha desvergoña á cidade e sobre todo ao barrio.