MATO RESALTA O EMPREGO COMO “FERRAMENTA INMELLORABLE” PARA A INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Santiago na presentación da marca ‘Ilunion’ que unifica todas as empresas da ONCE
 A titular de Benestar lembrou que o departamento leva incrementando dous anos consecutivos os orzamentos destinados ás persoas con discapacidade, ata acadar os 100 millóns de euros
 Na Consellería subvencionarase en 2015 o emprego de 2.000 traballadores e traballadoras con discapacidade en 114 centros especiais de emprego de Galicia con 8,5 millóns de euros

Santiago, 28 de novembro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, Mato, indicou que, no camiño cara a inclusión, “o emprego é unha ferramenta inmellorable” pois “resulta un factor clave na independencia económica, na participación social das persoas e, en consecuencia, tamén no seu benestar”. Nese sentido, valorou que os centros especiais de emprego, nos que o departamento investirá en 2015 un total de 8,6 millóns de euros, un 4% máis que en 2014, “son unha excelente ferramenta”.

Na Consellería subvencionarase en 2015 o emprego de 2.000 traballadores e traballadoras con discapacidade en 114 centros especiais de emprego de Galicia. Trátase de empresas que, ao mesmo tempo que realizan un traballo produtivo, aseguran un emprego remunerado ás persoas con discapacidade, ademais de servir de trampolín cara o traballo na empresa ordinaria.

De feito, Mato asegurou que os estudos que se manexan nese campo demostran que preto de 2 de cada 3 persoas que traballan en centros especiais de emprego a nivel nacional dá o salto á empresa ordinaria nalgún momento da súa vida laboral.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Santiago na presentación da marca ‘Ilunion’ – que supón a converxencia das dúas empresas da ONCE, CEOSA E FUNDOSA- e, na súa intervención, indicou que o actual Goberno autonómico mantén unha longa relación coa ONCE. De feito, desde 2009 as liñas de colaboración do departamento autonómico con eles superan os 6,2 millóns de euros co obxecto principal da contratación de persoas con discapacidade a través dos Centros Especiais de Emprego. En concreto, subvenciona a contratación de preto de 250 traballadores destes centros cada ano.

Beatriz Mato apuntou que ‘Ilunion’ é “un proxecto novo e fermoso” que supón unha “garantía de solidariedade e de inclusión” e que reúne no seu nome dous conceptos fundamentais: unión e ilusión, “dúas palabras que resumen perfectamente o compromiso coa integración das persoas con discapacidade”.

A titular de Benestar destacou o compromiso da Consellería coas persoas con discapacidade “polo seu benestar, pola inclusión e pola igualdade efectiva de dereitos e oportunidades”. Neste sentido explicou que se está a realizar un grande esforzo na procura deses obxectivos incrementando por dous anos consecutivos os orzamentos das partidas para as persoas con discapacidade ata os 100 millóns de euros anuais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: