BRAVO BOSCH VISITA O CEIP PLURILINGÜE RÍA DE VIGO, UN DOS CENTROS QUE ESTÁ ADSCRITO AO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

_MG_3357 A delegada territorial da Xunta en Vigo percorreu o centro e mantivo un encontro co equipo directivo co fin de coñecer de primeira man as súas demandas e suxestións.

Vigo, 01 de decembro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o CEIP Plurilingüe Ría de Vigo, situado na parroquia de San Miguel de Oia, que conta con máis de 200 alumnos.

Acompañada pola directora do centro, María Ángeles Maquieira, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez Ares, Bravo Bosch percorreu as instalacións do colexio e mantivo un encontro cos membros do equipo directivo co fin de coñecer de primeira man as súas demandas e suxestións.

A delegada felicitou así ao equipo directivo polo gran labor que está a desenvolver xunto cos docentes en todas as materias educativas pero, sobre todo, polo gran traballo que desenvolven profesorado e alumnado na biblioteca escolar, que leva 6 cursos participando no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). “Trátase dun centro moi comprometido neste sentido, motivo polo que a Consellería está a responder debidamente ás súas peticións, con achegas puntuais para a mellora do equipamento e fondos da biblioteca”. De feito, tal e como sinalou Bravo Bosch, o departamento educativo da Xunta de Galicia ten investido preto de 18.000 euros nos últimos anos neste ámbito para a mellora dos programas de fomento da lectura. Ademais, ao tratarse dun centro plurilingüe conta cun auxiliar docente que procede de EEUU.

Por último, a responsable da Delegación Territorial da Xunta en Vigo coñeceu o resto das instalacións do centro educativo, onde dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria se investiron preto de medio millón de euros nas últimas actuacións que se levaron a cabo.

Investimentos en Vigo e área
No período 2009-2014, o departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez leva amosando o seu compromiso coa calidade educativa e as infraestruturas da área territorial de Vigo. Exemplo disto son os case 28 millóns de euros que a Consellería de Educación destinou a diferentes obras de reforma, ampliación, mellora e nova construción de centros de Primaria e Secundaria dos 14 concellos que conforman a Delegación Territorial.

Vigo cidade foi a máis beneficiada xa que no mesmo período de tempo a Xunta de Galicia investiu ao redor de 15 millóns de euros para o mesmo fin nos centros educativos da cidade viguesa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: