Serafín Otero renuncia como Secretario Comarcal da CIG de Vigo

Comunicou a súa decisión á Dirección Comarcal do sindicato logo de ser ratificado como candidato do BNG de Vigo ás vindeiras eleccións municipais
Vigo, 01/11/2014.- Esta mañá Serafín Otero Fernández dirixiu un escrito á Dirección Comarcal da CIG de Vigo comunicando a súa renuncia voluntaria como Secretario Comarcal, que será efectiva a partir do día de hoxe. O seu relevo será pilotado polos organismos de dirección da Unión Comarcal, Executiva e máis Secretariado comarcais, conforme os estatutos confederais e resolverase previsibelmente nas vindeiras semanas.
Otero adoptou esta decisión logo de ser ratificado esta fin de semana como candidato do BNG ao Concello de Vigo de cara aos próximos comicios municipais de maio de 2015. “Malia non incorrer, nesta altura do proceso, en incompatibilidade estatutaria que me obrigase a dimitir, entendendo que o sindicato esixe de plena dedicación e por respecto ao proxecto sindical da CIG e a súa pluralidade interna considero que ambas responsabilidades non se deben conciliar” explica na súa carta de renuncia.
O até agora máximo responsábel da CIG na comarca de Vigo deixa o cargo logo de máis de trinta anos de militancia no sindicalismo nacionalista e de clase. Faino agradecendo “a toda a afiliación e representantes sindicais da CIG” a confianza que nel depositaron durante todo este tempo, e pola que asumiu diferentes responsabilidades na central sindical (secretario nacional de CIG-Banca, membro da Executiva Confederal e secretario comarcal de Vigo). “Moitas grazas a todos e todas por terme brindado a oportunidade de achegar o mellor de min mesmo ao proxecto transformador que encarna a CIG”.
Para Otero a súa saída da dirección do sindicato non é “nin nun abandono, nin un salto”. “Esta renuncia non é unha despedida. Cambio de fronte na batalla, mais continuarei no mesmo lado da trincheira, canda vós, canda o pobo traballador. Asumo novas tarefas nun espazo diferente, mais fágoo movido polo mesmo afán que me levou a dar o paso de me implicar no sindicalismo nacionalista e de clase: mudar a realidade para avanzarmos cara unha Galiza ceibe e sen explotación. Desde as coordenadas da esquerda e o nacionalismo” explicou.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: