A CONSELLEIRA DE FACENDA AVANZA QUE EN 2014 GALICIA RECADARÁ 61 MILLÓNS POLO IMPOSTO DE PATRIMONIO, UN 30% MÁIS DO ORZAMENTADO

 Elena Muñoz Fonteriz resalta que Galicia xa é a comunidade onde as rendas altas pagan máis por este tributo
 O importe medio é un 17,7% superior á media española, o que cobra relevancia porque é “o imposto progresivo por excelencia”
 Galicia é tamén a segunda comunidade cos tipos máis elevados, logo da suba do 20% aprobada en 2013
 O plan de control da Axencia Tributaria de Galicia xa prevé actuacións concretas para o control da tributación dos grandes patrimonios

Santiago, 3 de decembro de 2014.- A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, avanzou hoxe que neste 2014 a Axencia Tributaria de Galicia obterá unha recadación polo imposto de Patrimonio de preto de 61 millóns de euros, o que supón un incremento do 30% respecto á previsión de ingreso orzamentada inicialmente, que era de 47 millóns.

En resposta a unha interpelación no Parlamento, explicou que o aumento na recadación deste tributo é consecuencia do afloramento de bens e dereitos derivados da declaración tributaria especial e da obriga de declarar os bens e dereitos situados no estranxeiro, ademais das actuacións de control.

En todo caso, a titular de Facenda destacou que Galicia xa é a comunidade onde as rendas altas pagan máis polo imposto sobre Patrimonio, posto que o importe medio na Comunidade galega é o máis elevado de España e supera nun 17,7% á media española. Así o reflicten os últimos datos da Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), correspondentes ao exercicio 2012.

Muñoz Fonteriz indicou que estes datos teñen relevancia porque este tributo é “o imposto progresivo por excelencia”. Ademais, incidiu en que Galicia é tamén na actualidade a segunda comunidade cos tipos máis elevados no Imposto sobre Patrimonio. Isto é consecuencia da suba de tipos do 20% que se aprobou nos Orzamentos para 2013.

Na súa intervención, a titular de Facenda sinalou que o Goberno galego ten especial preocupación polo control da tributación dos grandes patrimonios. Por iso, recordou que o plan de control da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) para 2014 establece actuacións para o control desta tributación.

En concreto, referiuse a actuacións relacionadas coa obriga de declaración dos bens e dereitos situados no estranxeiro, cos datos derivados da declaración tributaria especial, coa información obtida das operacións con tarxetas de crédito ou coa declaración informativa de valores, seguros e rendas. “Apostamos pola progresividade e a xustiza fiscal, como así o amosa a nosa escala do imposto e os propios datos da AEAT”, indicou a conselleira.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: