Oficina Dereitos Sociais – Coia – Comunicados

Médicos do Mundo de Vigo co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: “Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos”.5dec_web

Dito obradoiro celebrarase o Venres 5 de decembro a partires das 10h00 nos locais que Médicos do Mundo ten en Vigo (rúa Illas Baleares 15 baixo).

Esta actividade dirixida a todas aquelas persoas que sofren problemas para chegar a fin de mes, ante esta situación animamos a informarse sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia…

Precisamos coñecer os nosos dereitos para os defender!

Recentemente foi concedida unha prórroga da ILP pola Renda Básica, polo que agora temos ata marzo para recoller o medio millón de sinaturas en todo o Estado.5dec_ilp_america_web

As xentes da ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” seguimos coa presenza na rúa e continuamos coa recollida de firmas. Así o venres 5 de decembro de 17h30 a 19h30 estaremos na Praza de América coa recollida de sinaturas na zona próxima á biblioteca da antiga caixa de aforros.

Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 €.

Agardamos polas vosas sinaturas!

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: