A XUNTA APROBA O DECRETO DE UTILIDADE PÚBLICA PARA MELLORAR A AVENIDA CLARA CAMPOAMOR DE VIGO E GARANTIR OS ACCESOS AO NOVO HOSPITAL PÚBLICO DA CIDADE

 A mellora da vía Clara Campoamor ten por obxectivo canalizar os tráficos do novo Hospital de Vigo
 Para a execución das obras é necesaria a expropiación de case 3.000 m2 de terreos distribuídos en 40 predios

Santiago, 4 de decembro de 2014.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto de utilidade pública e polo que se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de mellora da Avenida Clara Campoamor en Vigo.

Para execución das obras, tal e como están a ser proxectadas, será necesaria a expropiación de 2.931,4 m2 de terreo, distribuídos en 40 predios. O proxecto de trazado foi aprobado pola Axencia Galega de Infraestruturas, quen licitou as obras o pasado 29 de outubro.

Coa aprobación deste decreto péchase o trámite para a disposición dos terreos necesarios para que a Xunta de Galicia execute mellora desta vía para a súa conexión co Hospital Público de Vigo, que se iniciará en 2015. Na actualidade, estanse a analizar as 19 ofertas recibidas, co fin de adxudicar a finais deste ano, principios de 2015.

O obxectivo da actuación é canalizar os fluxos de tráfico con destino e orixe no centro sanitario, e a mellora da avenida Clara Campoamor, co fin de que a incorporación a esta sexa axeitada. Para conseguilo, actuarase nun treito dunha lonxitude de 590 metros, no que se proxecta a ampliación da plataforma da avenida para incrementar a súa capacidade, a execución dunha nova glorieta para facilitar o acceso á entrada principal do hospital e un semienlace para a zona das urxencias deste centro hospitalario. O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: