A XUNTA INVESTIRÁ CASE 336.000 EUROS NO PUNTO LIMPO DE PONTE CALDELAS, DENTRO DO SEU APOIO ÁS ENTIDADES LOCAIS PARA A XESTIÓN DE RESIDUOS

 O investimento das actuacións en execución ou proxectadas para o vindeiro ano ascende a 1,6 millóns de euros
 Os puntos limpos permitirá aos case 6.000 cidadáns do concello Ponte Caldelas realizar o depósito de residuos que requiran dunha xestión específica para a súa reciclaxe
 Concretamente, executarase unha infraestrutura para o depósito daqueles materiais que polas súas características non se poden depositar nos contedores da rúa, tales como pilas, fluorescentes, baterías, colchóns e electrodomésticos, entre outros

Santiago, 4 de decembro de 2014.- O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concellos pontevedrés de Ponte Caldelas para a construción dun punto limpo neste municipio. Esta actuación enmárcanse no desenvolvemento do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 e contará cunha achega económica do Executivo autonómico de case 336.0000 euros.

Esta instalación, cuxo mantemento deberá asumir o concello, permitirá o depósito e clasificación daqueles residuos urbanos ou domésticos que requiran dunha xestión específica polo seu tamaño, natureza ou perigosidade, co fin de separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o ambiente ou a saúde coma os medicamentos, pilas e pinturas, entre outros; evitar a vertedura incontrolada de entullos e residuos voluminosos como mobles ou electrodomésticos; e facilitar a recuperación dos recursos contidos nos residuos para a súa reciclaxe.

O punto limpo permitirá aos case 6.000 cidadáns do concello Ponte Caldelas realizar o depósito de residuos que requiran dunha xestión específica para a súa reciclaxe. Estas instalacións permiten aos cidadáns o depósito de residuos para a súa posterior separación e clasificación, mellorando a loxística na xestión e permitindo:

 Evitar a súa vertedura incontrolada e os conseguintes impactos sobre a saúde pública, a paisaxe e o ambiente.
 Facilitar a abaratar os procesos de valorización de residuos (recuperación e reciclaxe), dando cumprimento ás exixencias europeas en materia de xestión de residuos.
 Aproveitar os materiais contidos nos residuos reducindo o consumo de materias primas e recursos naturais.

Concretamente, executarase unha infraestrutura para o depósito daqueles materiais que polas súas características non se poden depositar nos contedores da rúa, tales como pilas, fluorescentes, baterías, colchóns, electrodomésticos, etc
Esta iniciativa estende e reforza a rede de puntos limpos municipais financiados pola Xunta na comunidade galega, A Xunta de Galicia leva construídos un total de 27 novos puntos limpos no que vai de lexislatura. O investimento das actuacións en execución ou proxectadas para o vindeiro ano ascende a 1,6 millóns de euros

Desde outubro de 2012 ata a actualidade (actual lexislatura), a CMATI executou 14 novos puntos limpos

-A Coruña: Porto do Son, Fene-Cabanas e Sada
-Lugo: Cervo e Trabada
-Ourense: O Pereiro de Aguiar, Castro Caldelas, San Cibrao das Viñas, Vilamartín de Valdeorras, O Carballiño e A Veiga.
-Pontevedra: Vila de Cruces, Mos e Nigrán

A estes, hai que sumar os 13 puntos limpos que a Xunta de Galicia construíra na Comunidade na anterior lexislatura (2009-2012): A Peroxa, A Pobra de Trives, Terras de Celanova e Bande, na provincia de Ourense; en Guntín e Quiroga, na provincia de Lugo; na provincia da Coruña están situados nos concellos das Somozas, Curtis, Melide, Sobrado dos Monxes e Negreira; e nos concellos de Covelo e Cangas en Pontevedra.

Situación actual da rede de puntos limpos
A rede deste tipo de infraestruturas que na actualidade existe en Galicia elévase a 139 instalacións de puntos limpos, que dan cobertura e servizo a 223 concellos galegos, é dicir, ao 86,8% da poboación galega.

Desta rede, un total de 27 novos puntos limpos foron construídos dende o ano 2009, e dende outubro de 2012 ata a actualidade, executáronse 14 novos puntos limpos: tres na provincia da Coruña (Porto do Son, Fene-Cabanas e Sada), dous na de Lugo (Cervo e Trabada), seis na provincia de Ourense (Pereiro de Aguiar, Castro Caldelas, San Cibrao das Viñas, Vilamartín de Valdeorras, O Carballiño e A Veiga), e, por último, outras tres na de Pontevedra (Vila de Cruces, Mos e Nigrán).

A previsión da Xunta é ampliar esta rede de puntos limpos con cinco instalacións máis, que son os de Frades, Baralla, Outeiro de Rei, Lobios e Ponte Caldelas. Nun prazo máis amplo, o novo Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos prevé que o número de instalacións deste tipo se aproxime ás 300 antes de finais de 2020. O investimento previsto pola Xunta para a creación e xestión de novos puntos limpos, así como o mantemento dos xa existentes, ascende a máis de 21 millóns de euros. O investimento das actuacións en execución ou proxectadas para o vindeiro ano ascende a 1,6 millóns de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: