GALICIA CELEBRA HOXE O DÍA INTERNACIONAL DAS PRETO DE 38.000 PERSOAS VOLUNTARIAS DA COMUNIDADE

 O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou en Santiago a algúns dos participantes da Rede de Centros Solidarios con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado
 A Consellería conta cun plan de formación anual que permitiu impartir en 2014 un total de 33 cursos para máis de 12.000 alumnos
 Rodeiro puxo en valor o Servizo de Voluntariado Xuvenil, un programa pioneiro en España para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos no que en 2014 participaron 711 voluntarios en 122 proxectos
 Como novidades, esta ano puxéronse en marcha programas como o de acompañamento no hospital psiquiátrico de Conxo, ou o de intercambio xuvenil internacional

Santiago, 5 de decembro de 2014.- Galicia conta xa con máis de 37.600 voluntarios e 828 entidades de acción voluntaria rexistradas. Así o lembrou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, que, con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado, visitou no colexio La Salle de Santiago aos participantes do proxecto de pulseiras solidarias da Rede de Centros Solidarios, unha iniciativa que se está a desenvolver en 13 centros de educación secundaria e bacharelato e no que participan 1.383 alumnos.

O responsable autonómico indicou que “o principal obxectivo do programa é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa, que fomente o traballo en equipo e achegue ao alumnado a realidade do voluntariado”.

Pretende establecer vínculos entre as organizacións sociais e os centros educativos, e amosar que os mozos e mozas, xa desde a escola ou o instituto, “son capaces de ofrecer un servizo valioso e necesario á sociedade”, engadiu.

Cada centro escolar desenvolve con liberdade o seu proxecto solidario ou programa propio de voluntariado, ben a través dun proxecto único que repercute no mesmo centro ou no seu alumnado, ou ben realizado en colaboración cunha entidade inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Todos os participantes recibirán un certificado acreditativo da acción realizada, que se inscribirá como experiencia no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta.

Aposta polo voluntariado
O director xeral aproveitou tamén a súa intervención para facer balance no relativo ao voluntariado e indicou que durante o ano 2014 déronse de alta 12 novas entidades que incorporaron a 162 novos voluntarios, mentres que durante o período 2011-2014 as altas foron un total de 82, que incorporaron 1.525 novos voluntarios.

Así mesmo, apuntou que a Dirección Xeral conta cun plan de formación anual consensuado coas entidades de acción voluntaria que permitiu impartir en 2014 un total de 33 cursos para máis de 12.000 alumnos. Tamén destacou o Servizo de Voluntariado Xuvenil, un programa pioneiro en España para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos no que en 2014 participaron 711 voluntarios en 122 proxectos.

Como novidades, esta ano puxéronse en marcha programas como o de acompañamento no hospital psiquiátrico de Conxo; o de intercambio xuvenil internacional; o da rede galega de centros xuvenís; o programa de acompañamento para os familiares dos enfermos do hospital de Lugo; o acompañamento hospitalario a menores dependentes; así como diversas xornadas e cursos organizados.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: