A desigualdade salarial en Galicia

SONY DSCGabinete Técnico confederal Medran das desigualdades e perde poder adquisitivo a clase traballadora
A Axencia Tributaria elabora todos os anos unhas estatísticas sobre os ingresos que se declaran a Facenda por parte das persoas asalariadas, desempregadase pensionistas do Estado español. Utilízase como base para o estudoa Declaración Anual de Retencións e ingresos a conta sobre rendementos do traballo, de determinadas actividades
económicas, premios e determinadas imputacións de renda (modelo 190). É, polo tanto, unha base moi exhaustiva de información; trátase, ademais, dunha declaración que non posúe ningún suposto de exención da obriga de declarar. Así todas as entidades, incluídas administracións públicas,que pagan salarios, pensións ou prestacións por desemprego están obrigadas a presentar o modelo, con independencia da personalidade, a actividade, a dimensión ou o carácter público ou privado destas. De aí que a información sexa exhaustiva e
moi detallada. A información preséntase tanto a nivel estatal como de comunidades, e nalgúns
casos de ámbito provincial. Ao ser unha estatística que leva anos publicándose, permite facer comparacións con anos anteriores, o que é moi interesante, sobre todo nunha etapa como esta, de profundos cambios que están a mudar a situación salarial  da clase traballadora. En todo momento se trata de salarios brutos. Comezando polos salarios, en primeiro lugar imos comparar os salarios medios das distintas comunidades e como estes foron evolucionando desde o ano 2009. Collemos 2009 como referencia, porque foi neste ano cando a crise se sentiu en Galiza con total intensidade;de feito, no ano anterior aínda se creara emprego, mais en 2009 xa entrou en recesión. Por outra banda, no ano 2010 aprobouse a reforma laboral, reforma que, entre outros efectos, permitiua redución de salarios da clase traballadora. Por tanto, cumpriu este obxectivo.
En termos estritamente laborais, a crise primeiro deixouse sentir no emprego a través da redución da poboación ocupada e aumento do desemprego. Logo,  nos salarios: modificación das condicións salariais, aumento das xornadas a tempo parcial en detrimento das de xornada completa,entrada no mercado de traballo de asalariados/as con remuneracións inferiores ás dos seus homólogos… Sexa unha ou outra razón, a realidade é que a clase traballadora
perdeu parte dos seus ingresos. 2 Se cadra, nunca na historia se asistira a unha redución tan xeneralizada dos
salarios da clase traballadora. Perder poder adquisitivo, agravios comparativos.., si, pero que dunha forma practicamente xeneralizada os traballadores/as viran reducidos os seus ingresos salariais sen que se
mudasen o resto das condicións laborais, non. O exemplo máis paradigmático é o dos empregados e empregadas da función pública.
Así mesmo, non se debe esquecer que durante o período alcista que precedeu á crise a remuneración de asalariados/as perdeu participación no PIB (a favor  do excedente de explotación das empresas e das rendas mixtas), a pesar de creárense preto de 300.000 postos de traballo durante o período. Neste caso, iso debeuse á menor contía dos salarios dos novos traballadores/as. Esta perda de peso da participación dos traballadores na renda agudizousedurante a crise. No ano 2009 o 48% das rendas xeradas en Galiza era absorbido polos asalariados/as, e entre o excedente de explotación brutoe as rendas mixtas acaparaban o 43,6%. No ano 2013a renda dos asalariados/as supuña o 44,5% do PIB ( 3,5 puntos menos), e o excedente bruto de
explotación máis as rendas mixtas representan o 45,4% do PIB, 1,8 puntos máis. Neste primeiro reparto, vemos como o crise non afectou igual ás diferentes clases sociais. A clase traballadora, en conxunto, está sendo máis prexudicada que o capital. Ese sería un primeiroelemento de incremento das desigualdade.
E seesmiuzamos as rendas dos asalariados/as, vemos unha segunda consecuencia, que é o medre das diferenzas no seo da propia clase traballadora. Antes de esmiuzaros salarios dos galegos e galegas, imos facer unha
comparativa cos nosos homólogos do resto do Estado. • Desde 2009, os salarios declarados a Facenda dos galegos e galegas reducíronse un 2,5%. Desde o ano 2009 ata o 2013, de media no Estado español reducíronse os
ingresos salariais declarados a Facenda un 3%, o que equivale a 580 euros anuais. No caso de Galiza, a redución foi do 2,5%, 447 euros menos que en 2008 aproximadamente de media. Neste mesmo período,a inflación -medida a través do Índice de Prezos ao Consumo-aumentou un 8,7% no Estado español, mentres que en
Galizaese aumento foi do 9%, polo que a perda de poder adquisitivo da clase traballadora galega foi dun 11,5%.
As consecuencias da crise sobre a clase traballadora foron nefastas non só para as persoas que quedaron sen emprego, neste caso moito máis grave,  senón tamén para as que mantiveron o posto de traballo ou accederon a el
neste período,que viron como os seus ingresos se foron reducindo ano a ano. 3 Na táboa posterior non se inclúen os datos dos traballadores/as do País Vasco e Navarra, por contaren con réxime fiscal especial;no resto, aredución de
salarios medios,en termos nominais,produciuse en todas as comunidades, agás na comunidade de Madrid, onde se mantiveron.
Na comunidade madrileña non só non se reduciron os salarios neste período
senón queMadrid é a comunidade, de réxime fiscal común,que conta cos
salarios medios máis altos;no ano 2013 acadaron o 132,7% da media estatal, e
no ano 2009 acadaban o 128,8%.
Evolución dos asalariados/as e dos salarios medios por CCAA.
2009 2013 Variación
Asalariado/
a
Salario
medio
Asalariado/
a
Salari
o
medio
Asalariados/as Salario medio
Absoluta % Absolut
a
Total 18.451.827 19.085 16.682.061 18.505 -1.769.766 -9,6 -580 -3,0
Andalucía 3.319.251 15.566 3.073.920 14.473 -245.331 -7,4 -1.093 -7,0
Aragón 595.187 19.706 538.338 18.911 -56.849 -9,6 -795 -4,0
Principado
de Asturias
425.271 19.824 369.933 19.390 -55.338 –
13,0
-434 -2,2
Illes Balears 471.720 18.144 445.699 17.301 -26.021 -5,5 -843 -4,6
Canarias 842.940 16.611 764.219 16.158 -78.721 -9,3 -453 -2,7
Cantabria 244.781 19.588 219.878 18.943 -24.903 –
Castela A
Mancha
Castela
eLeón
855.629 16.929 764.584 16.122 -91.045 10,6
10,2
-645 -3,3
1.040.507 18.758 921.549 18.246 -118.958 -11,4 -512 -2,7
Catalunya 3.341.731 21.261 3.000.187 20.806 -341.544 10,2
Estremadur
a
437.771 14.767 408.743 13.626 -29.028 -6,6 -1.141 -7,7
Galiza 1.092.431 18.217 969.036 17.770 -123.395 -11,3 -447 -2,5
Madrid 2.968.360 24.583 2.692.926 24.571 -275.434 -9,3 -12 0,0
Murcia 600.637 16.281 540.570 15.726 -60.067 –
%
-807 -4,8
-455 -2,1
10,0
-555 -3,4
A Rioxa 138.263 18.820 126.634 18.289 -11.629 -8,4 -531 -2,8
Comunidade
Valenciana
2.018.551 17.303 1.789.364 16.800 -229.187 -11,4 -503 -2,9
Fonte: Axencia Tributaria. Mercado de Trabajo y Pensiones en las Fuentes
Tributarias.
Apenas 5 comunidades superan o salario medio do Estado español, que no
ano 2013 acadou os 18.505 euros. Esas cinco son, xunto con Madrid e por
orden descendente, Catalunya, Asturias, Cantabria e Aragón.
4
O salario medio en Galiza representa o 96% da media estatal, acadando os
17.770 euros en 2013.Con respecto ao ano 2009, os salarios medios
descenderon un 2,5%(3% na media estatal),e o número de asalariados/as, un
11,3%, 9,6% na media do Estado. Galiza ocupa o noveno lugar no rankingde
comunidades.
Outra conclusión a salientar dos datos anteriores éa constatación da forte
disparidade de salarios que hai entre as distintas comunidades. Aínda tendo en
conta que faltan os datos do País Vasco e Navarra (os máis elevados do
Estado, segundo outras estatísticas),a diferenza entre os de maiores ingresos –
Madrid- e os de menores –Estremadura- foi de 59,2 puntos no 2013. Esta
diferenza era de 51,4 puntos no ano 2009.
As diferenzas entre comunidades son elevadas, o salario medio baixa e as
desigualdades entre a clase traballadora medran.
Centrándonos agora en Galiza:
• 177.543 asalariados/as, o 18,3% do total dos
asalariados/as galegos/as,percibiron menos 1.872,00 €
anuais durante 2013.
Globalmente, en Galiza reducíronse os ingresos salariais medios anuais un
2,5%, pero esta redución non afectou igual a todos os asalariados e
asalariadas.
Adistribución dos asalariados/as dentro de Galizasegundoos seus ingresos en
relación ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI)mostra as grandes
desigualdades existentes entre a clase traballadora e como estas medraron
neste último período. Desde o ano 2009, o único colectivo da asalariados/as
que aumentou en Galizafoi o dos que teñen uns salario bruto medio igual ou
inferiorá metade do SMI.
Asalariados/as segundo tramo de salario en relación ao SMI. Galiza
2009 2013
Tramos de salario Asalariados/as
Total
5
De 0 a 0,5 SMI
De 0,5 a 1 SMI
De 1 a 1,5 SMI
De 1,5 a 2 SMI
De 2 a 2,5 SMI
De 2,5 a 3 SMI
De 3 a 3,5 SMI
De 3,5 a 4 SMI
De 4 a 4,5 SMI
De 4,5 a 5 SMI
De 5 a 7,5 SMI
De 7,5 a 10 SMI
% total
Salario Medio
Anual
Asalariados/a
s
1.092.731 100,0 18.217 969.036 100,0 17.770
158.709 14,5 1.947 177.543 18,3 1.872
131.733 12,1 6.597 121.836 12,6 6.802
159.154 14,6 11.055 130.980 13,5 11.434
206.880 18,9 15.305 161.576 16,7 15.841
131.141 12,0 19.443 115.180 11,9 20.121
82.188 7,5 23.841 71.611 7,4 24.748
57.605 5,3 28.317 57.492 5,9 29.249
42.870 3,9 32.624 40.033 4,1 33.761
34.144 3,1 37.074 30.762 3,2 38.183
27.641 2,5 41.335 17.023 1,8 42.705
42.838 3,9 51.579 33.163 3,4 58.828
11.459 1,0 74.444 7.966 0,8 76.340
%
total
Salario Medio
Anual
Más de 10 SMI
6.068 0,6 129.633 4.019 0,4 145.449
Fonte: Axencia Tributaria. Mercado de Trabajo y Pensiones en las Fuentes
Tributarias.
Gráfico. Asalariados/as segundo tramo de salario.
O gráfico é moi ilustrativo de que tipo de emprego se creo neste período, e de
que tipo de emprego se destruíu.O único que medra é entre os
asalariados/asde ingresos inferiores a 0,5 veces o SMI, que se incrementa nun
11,8%, no resto descende. Ademais este grupo convértese no máis numeroso,
concretamente o 18,3%do total de asalariados/as. En 2009, eran o 14,5%.
Outras conclusións:
• O 61% da clase traballadora tivo uns ingresos salariais inferiores ao
salario medio; ou o que é o mesmo, apenas o 40% dos asalariados e
asalariadas tivo ingresos superiores ao salario medio no ano 2013, é
dicir, a 17.770 euros.
• O 30,9% dos asalariados/as do noso país percibiu, no ano 2013, uns
ingresos salariaisanuais inferiores ao SMI.
• O 18,3% non acadou a metade do SMI de ingreso medio anual, o que
equivale a 1.872 € anuais, como máximo.
• Os asalariados/asde menores ingresos(1.872 euros anuais como
máximo) foi o colectivo máis numeroso durante 2013.
• Hai un 0,4% de asalariados/as que superan en ingresos 10 veces o SMI.
• O salario medio do de maiores ingresos é 77 veces maior que o salario
medio dos que menos cobran; ou o que é o mesmo, o salario medio dun
traballador/a de máis de 10 veces o SMI equivale ao salario de77
traballadores/as de menores ingresos.
• A masa salarial dos 4.000 asalariados/as de maiores ingresos é case o
dobre que a masa salarial dos 177.500 de menores ingresos.
Con respecto a 2009:
6
• O número de traballadores/as asalariados/as descendeu un 11,3%.
• No ano 2009 o salariomedio anual dos asalariados e asalariadas en
Galiza era de 18.217 euros. No ao 2013 é de 17.770€, un 2,5% menos.
Ese engadimos o9 % que subiron os prezos neste período temos unha
perda de poder adquisitivo do 11,5%.
• No único grupo de asalariados/as onde se creou emprego foi entre os/as
de menores ingresos (de 0 a 0,5 veces o SMI), un 11,8%. E, así mesmo,
foi no único onde descendeu o ingreso medio, un 3,9%.
• No ano 2009, o colectivo máis numeroso era o de salarios medios
entre1,5 e 2 veces o SMI, 15.305,00 euros anuais. En 2013 o de entre 0
e 0,5 veces o SMI, 1.872 euros anuais.
• No lado oposto, os de salarios demáis de 10 veces o SMI descenderon,
pero aumentaron os ingresos medios.
• Aumentaron fortemente as desigualdades entre a clase traballadora. No
ano 2009 o salario medio dun traballador/a de maiores ingresos
equivalía ao salario de66de menores ingresos. No ano 2013 a relación é
1 a 77.
Salarios por idades
De sempre unha das variábeis con maior incidencia nos salarios foi a
idade,primeiro pola existencia na maioría dos convenios de plus de
antigüidade, e logo os cambios no modelo de organizar a produción que
castigaron máis, salarialmente falando, a xente máis nova, por ser a
última en se incorporar. E agora, porque as persoas que entran no
mercado de traballo, nos últimos anos, fano nunhas condicións de
semiescravitude, o cal afecta especialmente aos máis novos/as en
idade, por seren os de máis recente incorporación, aínda que non só.
Asalariados/as e salario medio por idade do traballador. Galiza.
Evolución
2009 2013 Asalariados/as Salario
Tramos de
idade
Asalariados/a
s
Salario
Medio
Anual
Asalariados/a
s
Salario
Medio
Anual
Absoluta
%
Total 1.092.431 18.217 969.036 17.770 -123.395 -11,3 -447 2,
5
Menor de 18 3.754 4.358 1.984 4.606 -1.770 -47,1 248 5,
7
De 18 a 25 120.339 8.341 72.870 6.394 -47.469 -39,4 -1.947 2
3,
3
De 26 a 35 326.813 15.442 252.316 13.914 -74.497 -22,8 -1.528 9,
9
De 36 a45 294.263 19.546 291.581 18.623 -2.682 -0,9 -923 4,
7
7
medio
Absoluta
%
De 46 a 55 224.072 23.116 223.157 21.908 -915 -0,4 -1.208 5,
2
De 56 a 65 114.977 24.012 118.791 23.464 3.814 3,3 -548 2,
3
Mais de 65
anos.
8.213 17.222 8.637 15.000 424 5,2 -2.222 1
2,
9
Fonte: Axencia Tributaria. Mercado de Trabajo y Pensiones en las Fuentes
Tributarias.
8
Gráfico. Salario medio segundo idade.
Hai tres conclusión claras e evidentes que se poden extraer do cadro
anterior, das cales, dúas,poden apreciarseno gráfico con total nitidez:
• A perda de emprego dos asalariados/as sufre unha clara
progresión descendente.Quen sufriu en maior medida os
devastadores efectos da crise económica en termos de perda de
emprego foron os asalariados/asde 18 a 35 anos. Concretamente,
segundo a Axencia Tributaria, o 98% do emprego destruído desde
o ano 2009 a 2013, en Galiza,foi entre xente deste intervalo de
idade.
• O salario medio experimenta unha progresión ascendente ata a
idade de xubilación.
• Reduciuse o salario medio en todas as idades salvo entre os
menores de 18 anos, queaínda así non chegan aos 5.000 euros
anuais de ingresos salariais. O maior descenso produciuse entre
os de 18 a 35 anos.
Como media, a xente de entre 18 e 25 anos non acada de media o SMI,
xa que estamos falando duns ingresos medios de 6.394 euros que
repartidos en 14 pagas dá un salario mensual de 456,71 euros brutos.
Son poucos os que atopan traballo, e este está moi mal pago, de aí que
o lóxico é que a saída sexa a emigración.
Un traballador/a de máis de 56 anos practicamente duplica o salario dun
de 18 a 25 anos.
Aínda que os máis novos e novas son os de menos ingresos, non é un
problema que se cure coa idade. Esta é a nova realidade coa que
bateriamos se agora entrásemos de novo no mercado de traballo,
independentemente da idade que teñamos.
Salarios e rama de actividade.
Outra das variábeis determinantes á hora de percibir un salario é a rama
de actividade onde se realice o traballo.
Evolución
2009 2013 Asalariados/as Salario medio

Asalariados/as
Salario
Medio
Anual
Asalariados/as
Salario
Medio
Anual
Absoluta
Total 1.092.431 18.217 969.036 17.770 -123.395 -11,3 447
Sector primario 22.750 13.807 24.409 13.163 1.659 7,3 644
Ind. Extractivas,
Enerxía e auga
17.432 24.009 14.002 25.160 -3.430 -19,7 1.1
51
Industria 155.134 18.853 127.219 19.775 -27.915 -18,0 922
Construción e servizos
inmobiliarios
132.698 16.361 79.084 15.963 -53.614 -40,4 –
398
Comercio, reparacións e
transporte
234.185 15.586 214.483 16.106 -19.702 -8,4 520
Información e comunicación 24.513 21.111 20.757 21.499 -3.756 -15,3 388
Ent. Financeiras e
aseguradoras
29.705 31.938 27.937 28.399 -1.768 -6,0 –
Servizos a empresas 120.271 14.326 112.222 14.119 -8.049 -6,7 207
Servizos sociais 259.149 24.510 246.776 22.867 -12.373 -4,8 1.6
43
Outros serv. Sociais e de ocio 96.773 9.128 102.146 8.289 5.373 5,6 839
Asalariados/as e salarios medios segundo rama de actividade. Galiza.
Fonte: Axencia Tributaria. Mercado de Trabajo y Pensiones en las Fuentes
Tributarias.
Gráficosalario medio segundo rama de actividade.
A distribución de salarios segundo rama de actividade amosa outro claro factor
de desigualdades. Hai 5 ramas de actividade con salario que superan a media
do salario galego, e 5 que están por debaixo.
9
• Os salarios brutos máis altos percíbenos os traballadores/as das
entidades financeiras e aseguradoras, despois de seren os que máis
reduciron o salario medio neste período de crise, concretamente un
11%.
• Os traballadores/as de industrias extractivas e enerxía son os segundos
en importancia, con 25.160 euros de media. Nesta rama de actividade o
salario medio aumentou un 4,8% neste período.
% Abs
olut a 3.5 39
• O sector primario mantense como o de menor salario medio, sufrindo un
novo descenso neste período.
• As desigualdades son moi elevadas; así, o salario dun traballador/a
dunha entidade financeira duplica o dun que ofrece o seu traballo no
sector primario.
Os datos anteriores mostran una situación moi preocupante da clase
traballadora galega. A crise non só levou por diante miles e miles de postos de
traballo, senón que asreformas que se implantaron neste período,co fin de
crear emprego e saír desta,o que conseguiron, entre outras cuestións,foi mudar
substancialmente as condicións salariais e laboraisda maioría que conservou o
emprego.
E á reforma laboral hai que engadir o Decreto/lei que, nese mesmo ano –2010-
permitiua rebaixa salarialdos empregados e empregadas dafunción pública.As
consecuencias disto quedan patentes nos datos dos cadros anteriores.
Analizarmosas percepcións salariais dalgún colectivo de traballadores/asfainos
dubidar se realmente se poden considerar poboación ocupada. Falamos
concretamente dos 177.543 asalariados e asalariadas que durante o ano 2013
ingresaron un salario bruto anual de como máximo 1.872 euros anuais, isto é,
156 eurosmensuais (en 12 pagas, senón aínda sería menos). Realmente,
estesasalariados/aspoden considerarse traballadores ocupados/as?
Nós non cremos que estes traballadores/as se poidanconsiderar ocupados/as.
Na práctica, están no paro, e á poboación parada habería que sumalos. Se
facemos isto,estaríamos falando dunha media de 462.100 persoas paradas
estimadas pola EPA, e dunha taxa de paro do 35,8%.
Ademais este é o tipo de emprego que se está creando, dalgunha hora
ásemana, pero sae fóra das listas de desempregados/as.
Diante desta situación a xente busca o camiño da emigración, pois aínda tendo
traballo non ten garantía de que o salario lle dea para vivir, nomeadamente a
xente máis nova, que son a xente máis prexudicada. Diante desta realidade,a
Xunta de Galiza e o Goberno Central non só non mudan as políticas
económicas e laborais para cambiala, senón que se dedican sistematicamente
a negar esta realidade, agochándoa, ao tempo que manteñen as súas políticas
antisociais reflectidas hoxe no novos orzamentos para o 2015 ou na reforma
fiscal a debate nos Parlamentos español e galego.
Parece irónico que unha das medidas “estrela” da Xunta de Galiza, nestes
orzamentos para o 2015, sexa a dedución por fillo/a. A quen lle van deducir?
A perda de salario e de calidade do emprego está a ser tal, que hoxe aínda
tendo un “emprego” un traballador/a corre o risco de caer na pobreza.
10
Galiza, 2 de decembro de 2014.
11
Natividad López Gromaz (Gabinete técnico)
CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: