Archive | diciembre 13, 2014

LA DIPUTACIÓN OFRECE ACCESO DIRECTO A LA PLATAFORMA INTELIGENTE ‘SMART DESTINOS’ DESDE LA NUEVA OFICINA DE TURISMO INAUGURADA EN LA TERMINAL DE LLEGADAS DE PEINADOR

IMG_0544_resized

• El punto de información estará abierto en los horarios habituales de vuelos y prevé dar servicio especializado a más de diez mil usuarios anuales.

• Figueroa reivindica al sector turístico como un ramo de negocio ‘en crecimiento’ que será ‘vital para Vigo en la salida de la crisis’.

• Rafael Louzán destaca que la coordinación con Fomento “permitió abrir esta oficina, además de concluir la ampliación de la terminal, mejorar la rotonda exterior de acceso al aeropuerto y construir la ansiada plataforma de conexión con el Ifevi”.

• Una gran pantalla de 60 pulgadas servirá de plataforma informativa permanente sobre la oferta turística de la provincia.

Vigo, 11 de diciembre. La nueva oficina de información turística de la Diputación en la terminal de Peinador está operativa desde hoy al lado de la puerta de llegadas del aeródromo vigués.
El acto de inauguración contó con la participación del presidente de la Diputación, Rafael Louzán, su vicepresidente, José Manuel Figueroa, y la diputada viguesa Marta iglesias. El titular de la administración provincial destacó que la coordinación con Fomento “permitió abrir esta oficina, además de concluir la ampliación de la terminal, mejorar la rotonda exterior de acceso al aeropuerto y construir la ansiada plataforma de conexión con el Ifevi”.
Louzán reivindicó el “papel proactivo” de la Diputación en la dinamización, mejora y potenciación del sector turístico provincial y habló de la nueva oficina como “una referencia más que en este caso será la única con la que cuenten los turistas en Peinador”.
El stand informativo, que ya opera desde el 2007 como único punto de atención turística en el aeródromo vigués, estuvo cerrado durante los dos años en los que se desarrollaron las obras de ampliación de la terminal. La Diputación retomó la instalación con un nuevo concepto de servicio, totalmente accesible, conectado de manera permanente a la plataforma inteligente ‘Smart Destinos’, y con una gran pantalla de 60 pulgadas que proyectará de manera continua información sobre el turismo de las Rías Baixas.
El stand tendrá una dotación de dos personas que operarán en horario de mañana y tarde y que atenderán especialmente las franjas de llegada de vuelos nacionales e internacionales.
El personal tendrá una labor informativa y también servirá datos al observatorio turístico, con acceso a la plataforma de servicios ‘Smart Destinos’ para incorporar contenidos personalizados.
El vicepresidente de la Diputación, José Manuel Figueroa, reivindicó durante la presentación del stand al sector turístico “como un ramo de negocio en crecimiento que será vital para Vigo en la salida de la crisis”.
El local cuenta con un espacio disponible de 12 metros cuadrados. El diseño incluye una gran ventana de estilo minimalista y con formas curvas y rectas para ofrecer una mayor cercanía a los usuarios.
La previsión es que la oficina de Turismo de la Diputación pueda prestar un servicio especializado a una media de 10.000 usuarios anuales.
Hasta el momento, las características de los demandantes de información en la oficina antigua prueban que un 52% fueron hombres y un 48% mujeres. También que el 55% de los usuarios tenían edades comprendidas entre los 35 y los 60 años, mientras el segundo mayor grupo en edad (otro 30%) oscilaban entre los 18 y los 35 años.
La mayoría de demandantes (62%) eran españoles no gallegos, mientras que un 34% eran extranjeros y el resto, gallegos. Los estudios realizados en los últimos años demuestran que un 79% de los atendidos ya conocían la provincia.
En último término, la mayoría de los solicitantes de información visitaban la provincia por razones culturales (37%), de conocimiento de la naturaleza de las Rías Baixas (16%) o por visitas a familiares o amigos (11%).

GALICIA CALIDADE ACHEGA EN VIGO A EXCELENCIA DOS SEUS PRODUTOS GASTRONÓMICOS A PROFESIONAIS E CONSUMIDORES

GaliciaCalidade (4)A Praza de Compostela acolle hoxe e mañá a iniciativa “Galicia Calidade en ruta”, con showcookings e unha cata de viño para fomentar o consumo de produtos con este selo de garantía
 A marca conta con máis de 300 produtos certificados de 51 empresas diferentes

Vigo, 12 de decembro de 2014.- A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, desenvolve hoxe e mañá en Vigo a súa campaña “Galicia Calidade en ruta”, que está a percorrer as sete cidades galegas con demostracións, talleres e showcookings para achegar a profesionais e consumidores a excelencia dos seus produtos gastronómicos. No acto de inauguración estivo presente a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro.

Cabaleiro defendeu que esta marca é “o mellor pasaporte” das empresas galegas e subliñou que a campaña Galicia Calidade en ruta aposta pola calidade como o mellor xeito de acceder aos mercados máis competitivos e esixentes, xa que a marca representa o compromiso das empresas galegas co esforzo por ofrecer os mellores produtos e servizos; e o uso das mellores prácticas para a produción, elaboración e comercialización dos produtos. Pola súa banda, Bravo Bosch agradeceu o paso por Vigo desta “caravana gastronómica” por tratarse dunha forma máis de promocionar turísticamente a gastronomía galega.

A acción está enfocada aos profesionais do sector da gastronomía (hostalaría, restauración e retail), consumidores e prescritores, co obxectivo de poñer en valor os produtos do sector alimentario certificados por Galicia Calidade.

Galicia Calidade en ruta consiste nun roadshow no interior dun camión adaptado que, ademais de Vigo, visitará os vindeiros días Ferrol (16) e A Coruña (19 e 20), e no que se realizarán diversos showcookings, catas de viños e degustacións de produtos amparados por Galicia Calidade. A iniciativa xa arrincou o día 28 en Santiago e visitou as cidades de Ourense, Pontevedra e Lugo.

En Vigo, dentro do camión adaptado situado na Praza de Compostela, desenvólvense catro accións diferentes durante dous días. A primeira delas, denominada “Esencial”, consiste nunha degustación de “bocados de Galicia Calidade”, elaborados pola chef Marian Rodríguez, e que ofrece unha ampla mostra da versatilidade e excelencia dos produtos.

A segunda, denominada “De viños Galicia Calidade”, consiste nunha maridaxe dos viños amparados por este selo con outros produtos como os xamóns, embutidos ou queixos, baixo a dirección da enóloga Cristina Murga. Mañá, as 11.00 horas, celebrarase un taller especializado en “Almorzos Galicia Calidade”, nos que se porá en valor o café, a importancia da auga e do leite, e que contarán con acompañamento con kiwis e doces certificados. Pola tarde, o chef Iván Méndez desenvolverá o taller “A Lata de Galicia Calidade”, no que demostrará a versatilidade das conservas na gastronomía.

A campaña Galicia Calidade en ruta, enmárcase na estratexia de reforzo de Galicia Calidade, unha marca recoñecida e valorada polos consumidores que conta con máis de 300 produtos certificados, de 51 empresas diferentes. Entre as empresas que contan con esta distinción figuran varias da provincia de Pontevedra como Adegas dos Eidos, Aguas de Mondariz, Avícola de Galicia, Avícola Tratante, Pazo de Villarei, Caracoles do Gallo, Casa Concheiro, Castro Baroña, A Rosaleira, Hotel Augusta Spa Resort, Hotel Louxo, Kiwi Atlántico, Mariscos Linamar e Adegas Valtea.

GALICIA É A COMUNIDADE DE RÉXIME COMÚN ONDE MENOS MEDROU NO ÚLTIMO ANO O ENDEBEDAMENTO, E O DIFERENCIAL COA MEDIA É O MAIOR DA HISTORIA DA AUTONOMÍA

A Comunidade galega reduciu en case 100 millóns de euros o seu endebedamento no terceiro trimestre e xa ten un diferencial positivo de 4,7 puntos respecto da media de CCAA

  • Galicia consolídase entre as autonomías con menor ratio de débeda, un 17,3% fronte ao 22,0% de media
  • No que vai de 2014, Galicia reduciu o seu endebedamento medio punto mentres que o conxunto de comunidades aumentouno seis décimas
  • Tendo en conta a ratio global de débeda que inclúe empresas públicas, Galicia ten un endebedamento 5,1 puntos menor á media
  • O endebedamento das empresas públicas en Galicia reduciuse á terceira parte respecto ao mesmo trimestre de 2013
  • O Goberno galego mantén unha política de control do déficit público e foi unha das comunidades que menos incrementou a súa débeda entre 2009 e 2013.

Rastro Portovello

Mañán, coma todos os segundos sábados de cada mes haberá unha nova edición do rastro Portovello.

O Rastro Portovello é un mercado de segunda man e artesanía que ten lugar nas rúas do casco vello de Vigo os segundos sábados de cada mes (Triunfo, Joaquín Yáñez, Palma, Oliva,Praza da Igrexa, Praza da Pedra, Praza dos Descubrimentos).
Nel podense atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicáis, cadros, fotografías e outras curiosidades… 
 
 O vindeiro sábado 20 de decembro haberá de novo Rastro Especial Nadal,
 

Afundación presenta Pinocho, o musical en Vigo e Pontevedra

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta un espectáculo para toda a familia programado para a próxima semana nas cidades de Vigo e Pontevedra. A primeira das representacións terá lugar no Teatro Afundación na cidade olívica ás 17.30 h de mañá sábado 13 de decembro, mentres que a segunda será na pontevedresa Sede Afundación tamén ás 17.30 h do día seguinte, domingo 14. As entradas para este evento están dispoñibles a través das canles de venda da entidade en www.servinova.com, a billeteira telefónica no 902 504 500, a Sede Afundación da Coruña, na Central de Espectáculos de Vigo, na Sede Afundación de Ourense, na Sede Afundación Santiago de Compostela e na billeteira do propio recinto o día do espectáculo.

Un relatorio de motivación ao cambio pon o ramo a SETEC do Colegio Hogar Afundación

O Colegio Hogar Afundación trae a Pablo García Fortes cunha conferencia sobre motivación e cambio para a clausurar a súa 8ª Semana Técnica (SETEC). «Contigo hai futuro. De ti depende» é o título do relatorio que terá lugar o vindeiro luns 15 de decembro ás 12.30 h no auditorio da Sede Afundación en Vigo, Policarpo Sanz, 24-26. Ademais do conferenciante e coach personal, Pablo García Fortes, estarán presentes Ángel Corcero Corcero, director do Colegio Hogar Afundación, y Carlota Sánchez-Montaña, directora de contidos socioeconómicos de Afundación.

García Fortes trasladará aos estudantes  os ciclos formativos do Colegio Hogar, ao longo de 1 h, a importancia de que cada un dirixa a propia vida  para lograr o cambio e o crecemento, como é necesario traballar para definir os nosos principios si pretendemos conseguir modificacións significativas na nosa vida, e a importancia do cambio nas condutas propias para lograr os avances. Un relatorio de motivación para os máis novos que lle ha axudar a xestionar o seu futuro.

 

O IGE ENRIQUECERÁ EN 2015 A SÚA OFERTA CON NOVAS OPERACIÓNS ESTATÍSTICAS SOBRE INMIGRACIÓN E MUNDO LABORAL, EXPLOTACIÓNS AGRARIAS OU GRAO DE URBANIZACIÓN DAS PARROQUIAS

 Este é o cuarto programa anual do Plan 2012-2016, que consolida e amplía os logros O programa do vindeiro ano inclúe 164 actividades estatísticas, incluídos novos sistemas de indicadores para avaliar os plans de infancia e adolescencia, ordenación territorial, fondos europeos estruturais e desenvolvemento rural, administración electrónica ou carga poboacional
 Elaboraranse novas estatísticas sobre os concellos, con información de afiliacións ádo anterior e reforza a organización estatística Seguridade Social,

Santiago, 12 de decembro de 2014.- O Instituto Galego de Estatística (IGE) enriquecerá no ano 2015 a súa oferta estatística con novas operacións sobre diversos eidos como a inmigración e o mundo laboral, as explotacións agrarias ou o grao de urbanización das parroquias galegas. O director do IGE, José Antonio Campo Andión, presidiu hoxe en Santiago a celebración do Pleno do Consello Galego de Estatística, no que, entre outros temas, presentouse o proxecto de decreto do Programa anual 2015.

O IGE ofertará no 2015 na área social, operacións novas sobre inmigración e mundo laboral, hábitos culturais e capital social. Tamén se programan estatísticas que incrementarán o coñecemento dos 314 concellos, ampliando a información sobre afiliacións á Seguridade Social, sobre a administración electrónica ou sobre a carga poboacional.

O Programa Estatístico 2015 -o cuarto programa que desenvolve a Lei do Plan Galego de Estatística 2012-2016- afondará na transparencia, o rigor e a obxectividade do sistema estatístico galego, con 164 actividades de difusión de información sobre territorio, sociedade, estrutura produtiva, coñecemento e tecnoloxía.

Para aproveitar esta información, incrementar o seu valor e ofrecer aos axentes sociais e económicos produtos que faciliten á súa toma de decisións, prográmanse outras 25 actividades de análise, entre as que salienta o estudo do sector cultural, que complementará a elaboración da conta satélite da cultura. Séguese así na senda prevista no plan 2012-2016, que se iniciou coa cadea forestal no 2012, a automoción no 2013 e a pesca no 2014.

Ademais, reforzaranse os principios de puntualidade e de uso eficiente dos recursos. O primeiro, sinalando no programa o día de difusión da información conxuntural; e o segundo, apostando por ferramentas de software de código aberto e acordando co INE procesos únicos de recollida de información, para cubrir as necesidades estatais e autonómicas.

Máis planificación
Outro aspecto salientable do programa é a inclusión de operacións que conectan a estatística oficial e os instrumentos de planificación. É o caso dos sistemas de indicadores dos Programas operativos de fondos europeos, do Plan de desenvolvemento rural, das Directrices de ordenación do territorio e do litoral e da Estratexia sobre infancia e adolescencia.

O IGE seguirá a executar as grandes enquisas dos programas anteriores, ampliando a difusión da Enquisa de Poboación Activa (EPA), para ofrecer datos sobre a situación dos inmigrantes e dos seus fillos en relación co mundo laboral. Ademais, a Enquisa Estrutural a Fogares (EEF) completará a súa difusión con datos sobre ocio, hábitos culturais e capital social.

A organización estatística de Galicia segue a traballar para reforzar os principios de transparencia, rigor técnico e obxectividade, coa presentación perante o CGE de dous novos proxectos técnicos e co compromiso de difundir a información segundo os calendarios que, para cada operación, figuran no programa.

Plan Galego de Estatística 2012-2016
O Plan Galego de Estatística (PGE) 2012-2016 supón un marco legal que consolidará e ampliará os logros dos anteriores. Ademais, coloca a Galicia entre o reducido número de Comunidades Autónomas dotadas dun sistema estatístico acorde cos códigos internacionais de boas prácticas, como son a independencia profesional, o mandato xurídico para a recollida de datos, o compromiso de calidade, a confidencialidade, a imparcialidade e a obxectividade.

Este plan potencia o uso estatístico da información administrativa, incrementa as esixencias de visibilidade e transparencia, reforza os mecanismos de avaliación e incorpora aos programas estatísticos a información que precisan os instrumentos de planificación.

O plan está a permitir un aforro de algo máis de dous millóns de euros respecto do vixente para o quinquenio 2007-2011, xa que se designaron órganos estatísticos en todas as consellerías do Executivo autonómico, que están a mellorar a eficiencia e o cumprimento dos obxectivos marcados, así como a coordinación interna do sistema e a deste co exterior. Neste aforro tamén contribuíron acordos como o asumido pola AMTEGA, o IGE e o INE para utilizar un único proceso de recollida de datos que satisfaga as tres institucións.

El ‘VI Concurso de Rondallas de la Diputación’, con trece grupos participantes, repartirá el día 11 de enero en el Ifevi más de 20.000 euros en premios

El certamen reunirá en el Instituto Ferial de Vigo a cerca de 1.400 participantes. Las actuaciones comenzarán a las cinco de la tarde y los ganadores se conocerán alrededor de las ocho y media.• Los campeones del mundo de baile moderno, el grupo Media Punta de Bouzas, amenizarán el espectáculo como artistas invitados.

Vigo, 12 de Diciembre. El ‘VI Concurso Provincial de Rondallas’ organizado por la Diputación de Pontevedra y que tendrá lugar el próximo 11 de enero en el Ifevi, reunirá esta edición a cerca de 12.000 personas entre público, participantes y organizadores. Está prevista la actuación de 13 formaciones, integradas por un total de 1.400 componentes.
El espectáculo dará comienzo a las cinco de la tarde y se prevé conocer el fallo del jurado alrededor de las ocho y media. Los campeones del mundo de baile, el grupo de Bouzas Media Punta, amenizarán la jornada como artistas invitados durante la deliberación del jurado.
En esta edición se repartirán más de 20.000 euros en premios. La rondalla ganadora recibirá 2.100, la segunda 1.800 y la tercera 1.500. El resto de rondallas obtendrán 1.300 euros cada una en concepto de participación. Habrá además un premio extraordinario de 400 euros para el conjunto mejor abanderado.
El jurado estará compuesto por el presidente de la Diputación o la persona en quien delegue; tres vocales que serán personajes relacionadas con la música, la danza la etnografía, el folclore o la cultura tradicional gallega; un delegado de la Federación Recreativa de Peñas El Olivo; una persona nombrada por la Agrupación de Centros Deportivos y Culturales de Vigo; y un secretario designado por la Diputación.