A XUNTA REBAIXA NO 2015 UN 12% O VALOR DE MERCADO PARA OS INMOBLES URBANOS E ACUMULA UNHA DIMINUCIÓN DO 34% EN TRES ANOS

 Esta rebaixa súmase á diminución do 22% producida dende o ano 2012
 Así mesmo, introdúcense e modifícanse os coeficientes de singularización co que a valoración adáptase de forma máis exacta ao caso concreto
 O sistema de prezos medios é voluntario e achega información obxectiva e seguridade xurídica a todos os cidadáns

A Xunta de Galicia decidiu revisar á baixa para o vindeiro ano 2015 a súa orde anual que regula o sistema de prezos medios de mercado. O ano que vén o Goberno galego rebaixará un 12% de media o valor de mercado para os inmobles urbanos, de xeito que a diminución acumulada dende o ano 2012 acada o 34%.

Esta rebaixa prodúcese despois de diversas análises de mercado realizadas que consolidan as diminucións levadas a cabo pola Xunta dende o 2012 e que acumuladamente xa supoñían un 22%, segundo reflicte un informe presentado hoxe no Consello da Xunta pola conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz.

Ademais, no ano 2015, introdúcense e modifícanse os coeficientes de singularización, establecendo novos coeficientes fixados polo Catastro e modificando outros xa existentes, tomando tamén o valor fixado para o Catastro. Deste xeito a valoración que se produce adáptase de forma máis exacta ao caso concreto, empregando coeficientes que xa inclúen no seu propio cálculo a motivación da súa utilización.

Dende a implantación deste sistema en 2011, a Consellería de Facenda vén actualizando cada ano os valores medios conforme á evolución do mercado inmobiliario. Deste xeito, a Administración autonómica achega información obxectiva e proporciona seguridade xurídica ao cidadán, ao mesmo tempo que evita a fraude fiscal e mellora a xestión tributaria a través dun modelo que é voluntario.

Todas as actualizacións de valores están realizadas por persoal especializado en base a estudos de mercado, e tense en conta tamén o valor que declaran os propios contribuíntes.

Máis transparencia
A Administración galega decidiu empregar o sistema de prezos medios de mercado, despois de analizar determinados estudos técnicos, desbotando o sistema que utiliza a estimación de prezos por referencia aos valores que figuren nos rexistros oficiais de carácter fiscal, concretamente mediante a aplicación de coeficientes multiplicadores sobre o valor catastral, debido á súa excesiva xeneralidade e á súa dificultade para recoller as posibles singularidades dos diferentes inmobles.

Este sistema permite ao cidadán coñecer con detalle os criterios empregados para calcular o valor dos inmobles, así como os distintos valores en todas as zonas do territorio galego. Polo tanto, lógrase unha maior transparencia e obxectividade nos criterios empregados na valoracións dos bens, e garante un tratamento administrativo homoxéneo en todo o territorio, asegurando a equidade. O modelo achega igualmente seguridade xurídica ao cidadán, xa que a Administración se vincula cos valores publicados.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: