Mesa informativa e recollida de firmas en Balaídos

A Asemblea Aberta de Coia estará maña desde as 20.00 nos arredores do estadio de Balaídos ofrecendo información e recollendo sinaturas en contra da instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda de Coia.volanta

Montaremos unha mesa no cruce de Fragoso con Eugenio Kraff e repartiremos volantas entre a xente que vaia a ver o partido do Celta.

Achegamos o texto que imos repartir:


O Concello de Vigo comezou o 27 de novembro as obras para instalar o barco “Alfageme” na rotonda de Castelao. Os medios de comunicación falan dun orzamento de 300.000 euros, e parte da veciñanza do barrio decidimos hoxe paralizar as obras, xa que rexeitamos de cheo esta inmoralidade do goberno municipal. Mentres que non hai cartos para as necesidades da xente, e sen consultar con ninguén, queren chantar un barco na rotonda de Alcampo, ou proxectan reformar o estadio de Balaidos con cifras desorbitadas.

Consideramos que unha rotonda non é o sitio apropiado para expoñer un ben cultural, sobre todo no caso dun barco, coa súa íntima relación co mar. Por outra banda, denunciamos este gasto insultante cando parte do barrio está sufrindo con crueza as consecuencias da crise: desemprego, cortes de luz, despexos…

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: