Archivo | diciembre 19, 2014

Nadal en familia en Afundación en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) deseñou para este mes de decembro un completo programa de actividades destinadas ao público infantil para que os pequenos da casa aprendan mentres se divirten. Así, na mesma liña que se desenvolven as propostas didácticas programadas ao longo do curso nas distintas exposicións, durante as vacacións escolares, as nenas e nenos poderán participar nos obradoiros de Nadal.