O IGE MANTÉN AS SÚAS ESTIMACIÓNS DE PIB E DEMANDARÁ RECIBIR MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS DATOS DIFUNDIDOS HOXE POLO INE

 O organismo estatístico autonómico considera incongruente que Galicia sexa a terceira comunidade máis prexudicada pola revisión do PIB entre 2010 e 2013, que diminúe máis do dobre que a media española
 O IGE detecta que os efectos da revisión non son homoxéneos, e que se producen oscilacións moi importantes en algúns datos
 Ata maio de 2015 o IGE non procederá a introducir os cambios metodolóxicos correspondentes ao cambio de base

Santiago, 19 de decembro de 2014.- O Instituto Galego de Estatística (IGE) mantén as súas estimacións de evolución do Produto Interior Bruto (PIB) no período 2010-2013 e espera de recibir máis información sobre os datos de Contabilidade Rexional de España difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

O IGE considera incongruentes as novas estimacións publicadas hoxe polo INE, referidas á serie 2010-2013 e que inclúen xa a nova base 2010. O organismo estatístico galego detectou que Galicia é a terceira comunidade autónoma máis prexudicada pola revisión do PIB entre 2010 e 2013. Este indicador rexistra en Galicia unha redución acumulada de 2,5 puntos neste período, máis do dobre que a media autonómica (-1,2 puntos).

O IGE mantén que os efectos da revisión do PIB como consecuencia do cambio de base non son homoxéneos, dado que se producen oscilacións moi importantes en algúns sectores e algúns anos en concreto.

Tamén considera sorprendente que o PIB español medre en máis de 35.000 millóns de euros co cambio de base, e sen embargo o PIB de Galicia aumente menos do 2% dese importe, cando o peso da economía galega supera o 5% do total do Estado.

En todo caso, o IGE mantén vixentes as súas estimacións de evolución de PIB xa publicadas, e ata maio de 2015 non procederá a introducir os cambios metodolóxicos correspondentes ao cambio de base, conforme ao calendario xa anunciado.

Ademais, o organismo autonómico galego solicitará explicacións ao Instituto Nacional de Estadística dadas as importantes discrepancias que se producen agora en comparación coas primeiras estimacións efectuadas polo propio INE.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: