A XUNTA E 13 CONCELLOS DA ÁREA DE VIGO ACORDAN IMPULSAR A POSTA EN MARCHA DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO

_MG_1951A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, entregoulle hoxe aos alcaldes dos municipios o novo borrador de convenio para iniciar o procedemento de implantación deste servizo

 O Goberno galego e os concellos deron hoxe un novo paso cara adiante para dispoñer deste servizo, que lles permitirá aos veciños da comarca ver mellorada a súa mobilidade con descontos medios do 50% nos seus desprazamentos
 A titular de Infraestruturas explicou que trece concellos desta área trasladaron en reiteradas ocasións a súa necesidade de contar co Plan de Transporte Metropolitano e estes municipios non poden seguir esperando por este servizo
 O plan contemplado no borrador de convenio presentado hoxe, coa ausencia do Concello de Vigo, vai funcionar igual que nas outras áreas, con bonificacións e descontos, pero só nos autobuses metropolitanos, sen incluír o transporte urbano
 Vázquez trasladoulle ao alcalde de Vigo hai uns días nunha carta que agarda que o Concello se una a esta proposta e os veciños se beneficien do transporte urbano nas mesmas condicións que noutras cidades galegas

Vigo, 23 de decembro de 2014.- A Xunta de Galicia e 13 concellos da área de Vigo acordaron hoxe impulsar a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano na comarca. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, presentoulles esta mañá aos alcaldes da área un novo borrador do convenio destinado a comezar o seu proceso de implantación, nunha xuntanza na que tamén participaron a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

A posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo co participación de 13 concellos propiciará que todos os veciños da área metropolitana vexan mellorada a súa mobilidade, ao ter subvencionadas as tarifas de transporte metropolitano con descontos de ata o 50% nos seus desprazamentos.

A titular de Infraestruturas explicou que trece concellos desta área trasladaron en reiteradas ocasións a súa necesidade de contar co Plan de Transporte Metropolitano e desde o Goberno galego entendemos que estes municipios non poden seguir esperando por este servizo nin privando por máis tempo aos seus veciños das vantaxes que ofrece esta iniciativa.

Ethel Vázquez destacou que na Xunta temos o máximo interese porque os cidadáns de toda a área metropolitana de Vigo –como xa ocorre noutros municipios de referencia- teñan acceso ás vantaxes que supón o Plan de Transporte Metropolitano. Concretou que se trata dun sistema que xa se ten revelado útil e beneficioso para máis de 900.000 galegos.

Vázquez lamentou que a ausencia do Concello de Vigo na sinatura deste plan priva, polo momento, de beneficios e descontos o transporte urbano de Vigo. Engadiu que a pesar do rexeitamento inicial por parte do alcalde de Vigo a adherirse a este plan, desde o Goberno galego queremos animalo a que reconsidere a súa postura e se sume a unha iniciativa que suporá grandes vantaxes para os cidadáns da cidade olívica.

A Xunta de Galicia trasladoulle ao alcalde de Vigo hai uns días por carta que o Plan de Transporte Metropolitano desta área estará aberto á incorporación de Vigo no momento en que o considere oportuno. Neste sentido, Ethel Vázquez sinalou que a Xunta espera que o Concello de Vigo se una a esta proposta para que os veciños desta área poidan desfrutar dos beneficios no transporte urbano nas mesmas condicións nas que xa o fan os habitantes da Coruña, de Ferrol, de Lugo e de Santiago.

O Plan de Transporte Metropolitano suporá grandes beneficios económicos para os cidadáns desta área, con aforros anuais medios que roldan os 600 euros, que poden chegar incluso ata os 1.000 euros. Ademais configúrase como unha alternativa real ao intenso uso do vehículo particular no contorno das grandes cidades, ao liberar de tráfico o centro das urbes.

Funcionamento do plan
Ethel Vázquez explicou que o plan contemplado no borrador de convenio presentado hoxe vai funcionar exactamente igual que nas outras áreas, con bonificacións e descontos, pero só nos autobuses metropolitanos, polo que non se incluirá o transporte urbano.

A modo de exemplo, un veciño de Vigo que queira ir a Baiona e para iso colla un urbano e un interurbano, co transporte metropolitano completo tería o transbordo gratuíto e pagaría 1,28 céntimos por dous autobuses, pero pola negativa do alcalde de Vigo ao convenio pagará 1,28 polo metropolitano máis 86 céntimos do urbano, supoñendo que teña tarxeta de transporte. Deste xeito, un vigués que se desprace cada día a Baiona ou ao Porriño gastará unha media de 400 euros máis ao ano polo feito de que o Concello non se incorpore ao Plan.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: