Concello de Vigo

O goberno local iniciará en xaneiro a humanización de Rosalía de Castro

A tenente de alcalde, Carmela Silva, informou este martes da aprobación dos últimos trámites administrativos previos ao inicio da primeira fase da reforma do vial, entre República Argentina e Canceleiro, obra que comezará a partir do 7 de xaneiro. O Concello adica 1,3 millóns a esta mellora.

 


O Concello adxudica a rehabilitación da Casa do Patín e estima concluila en xuño

A Xunta de Goberno Local aprobou este martes a clasificación de ofertas -a antiga adxudicación provisional- para a rehabilitación da Casa do Patín, en Bouzas, obra que presenta un prazo de execución de 6 meses. Carmela Silva avanzou que a rehabilitación rematará «en torno ao mes de xuño» e será adicado a centro de estudos, con despachos para a veciñanza e unha sala multiusos.

 


Manel Fernández anima á participación este domingo na San Silvestre solidaria, na Alameda

A San Silvestre viguesa cumpre dez edicións. Iniciada en decembro de 2005, por segundo ano ponse en marcha esta carreira «no corazón da cidade, porque queremos que todos os vigueses gocen desta proba e pretendemos contribuír a rematar o ano coa ledicia e satisfacción de estar vivindo nunha cidade que sente o deporte». Así foi presentado hoxe martes o evento polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que espera acadar na Alameda unha altísima participación

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: