Ensaio dos cinco aspirantes á Bolsa de Excelencia Artística

Os cinco novos talentos que aspiran a conseguir a bolsa de excelencia artística convocada por Afundación e ABANCA Obra Social e dirixida por Carlos Núñez, ofrecerán aos medios de comunicación un ensaio aberto previo ao concerto no que acompañarán o afamado músico galego e no que se decidirá definitivamente quen deles obterá a devandita bolsa, que consiste en acompañar a Núñez e a súa banda na súa xira estadounidense de 2015. O ensaio, aberto para os medios, terá lugar o vindeiro venres, 26 de decembro, ás 11.00 h no Centro ABANCA Obra Social na praza de Cervantes, 17, en Santiago de Compostela. Estarán presentes Carlos Núñez, como director da bolsa, e Laura Gómez Lorenzo, como representante de Afundación, ademais dos cinco aspirantes: Antía Ameixairas Cundins, violinista; Andrés Penabad Cebreiro, acordeonista; Adrián Piñeiro Aspres, saxofonista; Cibrán Seixo Pazos, violinista; e o gaiteiro Lois Prado.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: