O CONSELLO DA XUNTA APROBARÁ ESTA SEMANA A AXUDA EXTRAORDINARIA DE 206 EUROS PARA OS 43.000 PERCEPTORES DE PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS

 O Goberno galego investirá case 9 millóns de euros para o pagamento deste complemento, que só manteñen na actualidade outras tres comunidades autónomas
 O pago realízase de oficio a todas as persoas que cumpran as condicións a través dunha transferencia bancaria
 Os pensionistas deberán cumprir dous requisitos: ter residencia habitual en Galicia e estar en situación de alta en nómina de pensións non contributivas desde o 1 de xaneiro ata a data de entrada en vigor do decreto, o mesmo día da súa publicación no DOG

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014.- O Consello da Xunta aprobará esta semana o complemento extraordinario de 206 euros que recibirán a principios do mes de xaneiro os algo máis de 43.000 perceptores de Pensións Non Contributivas da Seguridade Social (PNCS); do Fondo de Asistencia Social (FAS) e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos (SGIM).

O Goberno galego investirá preto de 9 millóns de euros nestas axudas. Aboaranse mediante un pagamento único a través dunha transferencia bancaria que se realizará de oficio nas contas correntes onde estas persoas teñen domiciliado o recibo ordinario da súa prestación. Polo tanto, os beneficiarios non teñen que realizar ningún tipo de solicitude ou trámite adicional.

Actualmente, só outras tres comunidades autónomas, ademais de Galicia, manteñen un complemento destinado a este colectivo: Andalucía, Cataluña e Estremadura. Galicia é unha das rexións que abona a contía máis elevada aos beneficiarios.

En concreto, en Galicia hai actualmente 42.710 perceptores de PNC (pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva); 10 beneficiarios de FAS (persoas anciáns e enfermas con incapacidade para o traballo beneficiarias de axudas periódicas individualizadas); e 450 perceptores do SGIM (persoas cunha minusvalía que reciben o Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos).

Os beneficiarios deberán cumprir dous requisitos: ter a residencia habitual en Galicia e estar en situación de alta en nómina, é dicir, ser xa pensionista na data 1 de xaneiro de 2014 e permanecer nesta situación na data de entrada en vigor do decreto (o mesmo día da súa publicación no DOG).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: