Archive | diciembre 23, 2014

A DEPUTACIÓN EDITA A FADA DAS CAMELIAS, UN LIBRO INFANTIL QUE ACHEGA AOS MÁIS CATIVOS AO MUNDO DUNHA FLOR CARACTERÍSTICA DAS RÍAS BAIXAS

Begoña Estévez subliñou o gran potencial da camelia na provincia, que non só supón un recurso paisaxístico, senón tamén económico e social de primeiro orde.
O mundo da camelia e a súa presenza nas Rías Baixas chega agora ao mundo infantil da man da obra A fada das camelias, editado pola Deputación de Pontevedra e destinado aos primeiros lectores. Nel, esta flor tan característica das Rías Baixas convértese en protagonista dunha historia na que tamén hai espazo para os sentimentos, a arte ou a música.
Así se puxo de manifesto esta mañá, na rolda de prensa de presentación que tivo lugar na sede viguesa da Deputación e onde Francisco Castro, representante da editorial Galaxia (encargada da produción do libro), destacou que o obxectivo desta publicación “é divulgar o mundo da camelia” e a súa “dimensión enorme” na provincia pero sempre coa vista posta en sacar á rúa un produto de “alta calidade literaria” e cunha presentación atractiva para o público obxectivo.
Iso logrouse cos textos de Enrique Mauricio e as ilustracións de Carlos Taboada, dous activistas culturais que forman o colectivo Polo Correo do Vento, especializado en contacontos para os máis pequenos.
Desta forma, e tal e como subliñou a deputada Begoña Estévez, conséguese un libro “especialmente bonito” para un público para o que, ademais, aínda non se tiña feito nada en relación a unha planta de especial arraigo na provincia e “coa que a Deputación ten unha especial sensibilidade”.
Neste sentido, fixo fincapé na relevancia deste recurso tanto a nivel turístico como económico e de dinamización social e cultural. Así, lembrou o éxito do Congreso Internacional da Camelia impulsado pola propia Deputación e a Sociedade Internacional da Camelia en Pontevedra e que trouxo a esta idade a 250 congresistas de 16 países do mundo, a vista dunha delegación de 15 empresarios chineses que estiveron onte nas Rías Baixas interesados en facer negocio no ámbito da camelia e tamén doutros sectores, ou as 23 exposicións da camelia que se celebrarán en 2015, das cales 15 serán na provincia de Pontevedra e o resto en Galicia e o norte de Asturias.
No que respecta ao contido de A fada das camelias, créase unha historia protagonizada por unha nena e a súa avoa. Ambas as dúas pasean por un xardín cheo de camelias no cal a avoa lle vai explicando á pequerrecha historias fermosas asociadas a cada tipo de camelia. Así, a neta descobre que hai camelias relacionadas coa música, coa literatura, co amor… e, sobre todo, vai establecendo e apuntalando unha especial relación de confianza e agarimo coa súa avoa.
Un xeito diferente, a partir dun álbum ilustrado producido pola Editorial Galaxia, de explicarlle aos nenos e ás nenas que son as camelias e o fermoso universo que con elas ten que ver.

La Diputación reconoce el mérito del portero vigués de fútbol Aitor Pouseu Blanco, premiado en la liga universitaria estadounidense como mejor portero del año

_P2A5559_resizedEl guardameta acabó como el menos goleado de la conferencia,  y recibió premios al mejor rookie del año, y al mejor portero de los playoffs.

Vigo, 22 de diciembre. La diputada Begoña Estévez entregó esta mañana en la sede viguesa de la Diputación de Pontevedra un reconocimiento al portero vigués y exjugador del Rápido de Bouzas Aitor Pouseu Blanco. El motivo fue haber sido designado en la liga universitaria de fútbol de Estados Unidos como mejor portero del año y mejor guardameta de los playoffs.
Autor Pouseu militó en el Rápido de Bouzas durante nueve años pasando por todas las categorías inferiores del club y participando en los equipos seniors, hasta proclamarse campeón de Galicia juvenil con la selección de Vigo en el año 2011.
Posteriormente fue elegido por la Radford University de Virginia, en Estados Unidos, que le ofreció una beca para jugar con el equipo de fútbol de la División Universitaria en la Big South Conference.
Con este equipo ha batido el récord histórico de victorias consecutivas de la Universidad y ha sido subcampeón de los playoffs, siendo clave en las semifinales, donde fue elegido el jugador más importante del partido (MVP).
Entre sus logros personales está haber sido el portero menos goleado de la conferencia, con sólo seis tantos encajados; o el haber sido elegido el mejor portero Rookie del año.

Actores e directores de primeira liña para a nova tempada teatral viguesa de Afundación

A tempada teatral para o 2015 que a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) preparou para Vigo está xa á venda, desde hoxe, a través dos seus abonos, dispoñibles na web de Servinova, www.servinova.com, e na billeteira telefónica, 902 504 500. A venda dos abonos da tempada completa (de xaneiro a maio) ou da primeira parte da tempada (de xaneiro a marzo) está aberta ata o 13 de xaneiro de 2015; a venda da segunda das partes (do 19 de marzo ao 8 de abril) farase os días 19 e 20 de marzo para aquelas persoas que xa teñan mercados os abonos da primeira. Quen desexen facerse coas entradas soltas poderán conseguilas polo mesmo sistema a partir do 14 de xaneiro. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos. Todas as funcións terán lugar no Teatro Afundación en Vigo, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13.

IBERIA EXPRESS PERMITE REALIZAR EL CHECK IN ONLINE EN EL MOMENTO DE LA COMPRA

iberiaLos clientes de Iberia Express ya pueden elegir asiento y obtener la tarjeta de embarque en el mismo proceso de adquisición del billete

 Ya está disponible para los clientes que adquieran su billete con las tarifas Classic, Flex o Business. Los pasajeros con tarifa Express también podrán beneficiarse a partir de febrero

Iberia Express ha puesto a disposición de sus clientes Check in Express, un nuevo servicio que permite realizar la facturación online en el mismo momento de la compra. A partir de ahora, los pasajeros que vuelen con Iberia Express no tendrán que esperar hasta un día antes de la salida del vuelo para seleccionar su asiento y obtener la tarjeta de embarque.
Esta nueva prestación ya está disponible para todos los clientes que adquieran su billete con las tarifas Classic, Flex y Business de Iberia Express, a excepción de condiciones especiales o viajar con bebés, en la mayoría de los aeropuertos donde opera la compañía. Asimismo, a partir de febrero, los pasajeros con tarifa Express también podrán beneficiarse de este servicio.
Check in Express es una de las innovaciones que ofrece la nueva web de la compañía iberiaexpress.com. Con un diseño web completamente renovado y adaptativo al dispositivo que se esté utilizando, la nueva web es más cómoda, flexible, dinámica y fácil de usar. Asimismo, cuenta con un área privada, Club Express, que permite a sus socios acceder a condiciones especiales en los vuelos de Iberia Express, así como una conexión directa con redes sociales como Facebook.
Iberia Express, filial de Iberia, opera rutas de corto y medio radio en España y Europa. Además, aporta tráfico directo y alimenta la red de largo radio de Iberia. Iberia Express es miembro de oneworld, una alianza de once compañías aéreas que ofrece a sus pasajeros 14.000 vuelos diarios a cerca de 1.000 aeropuertos de 150 países. Durante el primer semestre del año, ha sido la compañía más puntual de Europa, con una puntualidad acumulada del 95%, según datos de la consultora FlightStats.

La compañía opera en código compartido con Iberia, LAN Airlines, Air Berlin, Japan Air Lines, American Airlines, Avianca, Finnair, British Airways, Siberia Airlines, Royal Air Maroc y US Airways.

O CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCIÓN TEMPERÁ APROBA O PROTOCOLO DE COORDINACIÓN, INTERVENCIÓN E DERIVACIÓN ENTRE A SANIDADE, A EDUCACIÓN E OS SERVIZOS SOCIAIS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; a de Sanidade, Rocío Mosquera; e o titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; participaron nesta xuntanza
 Este protocolo permitirá dispor dunha metodoloxía común de actuación entre os tres sistemas que comprende a rede galega de atención temperá
 O documento aborda tanto a detección precoz e a derivación, como a valoración e a intervención

Santiago, 22 de decembro de 2014.- O Consello Autonómico de Atención Temperá reuniuse en sesión extraordinaria no día de hoxe, coa finalidade de aprobar o protocolo de coordinación de atención temperá, un fito na historia da autonomía que permitirá acadar a complementariedade das intervencións, evitando a duplicidade de servizos e garantindo, en todo caso, un único modelo de intervención para os tres sistemas: saúde, educación e servizos sociais. Na xuntanza participaron a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o de Cultura e Educación, Jesús Vázquez; e a de Sanidade, Rocío Mosquera.

Segundo explicou Mato, presidenta deste Consello durante este ano 2014, “trátase dunha rede imprescindible se queremos ofrecer unha atención verdadeiramente integral e eficiente, que satisfaga as necesidades e dereitos dos nenos e as súas familias”, tendo en conta que a atención temperá incide directamente nos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou risco de padecelos e no benestar das súas familias. Mato engadiu que “é unha rede que vai significar un xeito uniforme de traballar que garanta a homoxeneidade na abordaxe da atención temperá”.

A atención temperá é o conxunto de intervencións dirixidas a poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e ao seu contorno, tendo por obxectivo dar resposta ás necesidades, transitorias ou permanentes que presenten os nenos e nenas con trastorno no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Deste xeito, o protocolo contempla cada unha das fases de actuación cos menores que presenten trastornos do desenvolvemento ou risco de padecelos, así como os procesos de intervención coas súas familias, definindo en cada fase o obxecto desta, os ámbitos e os procedementos.

No que se refire á fase de detección precoz, cómpre destacar, no eido da sanidade, a importancia do diagnóstico e tratamento prenatal, que implica aos profesionais sanitarios que participan no seguimento do embarazo e do parto, así como aos profesionais da pediatría.

Pero a detección tamén pode producirse nos servizos sociais a través da rede de escolas infantís, dos servizos sociais comunitarios ou especializados, e no sistema educativo, nomeadamente no alumnado do segundo ciclo de educación infantil.

Na segunda fase, a de derivación, no caso de confirmar a sospeita de trastorno no desenvolvemento os servizos de pediatría derivarán ao menor e a súa familia, xa sexa ás unidades de atención temperá existentes nos complexos hospitalarios ou ben aos centros e programas de de desenvolvemento infantil e atención temperá do sistema de servizos sociais.

O segundo núcleo, o de valoración e intervención, está dividido en catro fases: acollida, valoración, intervención e avaliación.

En canto á finalización da atención temperá, esta prodúcese principalmente cando se cumpren os obxectivos establecidos ou cando o neno cumpre os 6 anos de idade. Neste último caso, faise necesario garantir a existencia dun nexo de continuidade cos servizos destinados ás persoas maiores de 6 anos (tanto no sistema educativo, como no sanitario ou nos servizos sociais).

Todas estas fases están perfectamente desenvolvidas no Protocolo e nelas recóllese unha coordinación total entre os tres departamentos. Nesta mesma liña, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, destacou a importancia da integración e coordinación entre os diferentes dispositivos existentes e dependentes das diferentes consellerías implicadas na rede de Atención Temperá.

Destacou, en primeiro lugar, o papel central e regulador que desenvolven os profesionais sanitarios na detección, valoración e derivación destes nenos, así como a relevancia dos servizos de rehabilitación hospitalarios. En segundo lugar, tamén salientou a importancia de establecer criterios claros de entrada na rede galega de Atención Temperá, diferenciando ben aqueles problemas que son de indicación hospitalaria.

A conselleira de Sanidade afirmou que hai que continuar traballando e de cara o futuro é imprescindible ir normalizando e adecuando as estruturas dos actuais servizos que participan na Atención Temperá ás necesidades reais detectadas.

Liñas estratéxicas
Doutra banda, o Consello presentou o documento que recolle as liñas estratéxicas da acción temperá en Galicia, que elaborou na Consellería de Traballo e Benestar (que exerce a Presidencia rotatoria ata marzo) en base ás achegas realizadas por todos os departamentos.

Unhas liñas que van marcar a folla de ruta da acción coordinada do Goberno e que se dividen en sete ámbitos de actuación: información e sensibilización, formación, planificación e programación, o desenvolvemento do protocolo de coordinación que vimos de aprobar, a participación e o apoio familiar, a innovación e investigación, e a calidade.

Ademais, o documento inclúe varios anexos con información práctica como un listado cos criterios de entrada na Rede Galega de Atención Temperá; outro coas patoloxías infantís subsidiarias de rehabilitación; un documento de referencia para a clasificación diagnóstica dos trastornos do desenvolvemento; e un catálogo dos recursos de atención temperá que existen actualmente na nosa Comunidade, entre outros.

Campaña de recogida de alimentos y jueguetes – ISLAND CLUB

2014-12-20 18.39.11Desde ISLAND CLUB queremos agradecer la gran acogida y colaboración que un año más ha tenido nuestras campañas de solidaridad.
Tanto la campaña de RECOGIDA DE ALIMENTOS NO PERECEDEROS que celebramos en ISLAND CLUB el 18, 19 y 20 de Diciembre, en colaboración con la sala 40DS&DE de Rosalia de Castro, 19 y PROTECCIÓN CIVIL DE VIGO, Así como la campaña de recogida de juguetes SOLIDARIOS CON LOS PEQUES, celebrada en ISLAND CLUB el 20 de Diciembre, en colaboración con el Gimnasio FLORIDA GIM y la Asociación VIDA DIGNA. En la que disfrutamos de una clase de Zumba gratuita de SH´BAN y de la exhibición de BODY COMBAT.

Martes 23 – CONCERTO na ROTONDA de Coia: NON ao BARCO na ROTONDA!

10846206_333520943516858_7912526777229925920_nA Asemblea Aberta de Coia organiza mañá martes 23 de decembro un concerto na rotonda de Coia.

Desde as 18.00 a rotonda enchérase de música, de cultura para expresar o rexeitamento da xente ao malgoberno municipal.

Son datas festivas e non queremos deixar de unir a reivindicación coa festa. Ademais de parar as obras estas semanas, fomos quen de facer da rotonda un espazo para a xente onde partillar a vida.

Moitos artistas darán coa súa música apoio a un berro: Non pode ser o barco na rotonda e a xente sen comer!

EL MARTES 23 DE DICIEMBRE, PRESENTACIÓN DEL LIBRO INFANTIL “EL DUENDE DE LAS LENGUAS QUE SE TRABAN”

  • el duende de franSerá una tarde de cuentacuentos y actividades para los más pequeños.

Vigo, 22 de diciembre de 2014. Este martes 23 de diciembre presentamos en Detrás Do Marco «El Duende de las Lenguas que se traban», de la escritora gallega Francesca López D´a Silva, editado por la Editorial Elvira.

Exposición Fotográfica: «Riffs & Tiffs

SandritaDinamita_Autorretrato 1655572_369500049920291_7599834023120501781_oUna exposición de Sandrita Dinamita
MARTES 23 DICIEMBRE, 21:00H
ENTRADA LIBRE
Esta semana inauguramos «Riffs & Tiffs, Unexposed night», una exposición fotográfica de la fotógrafa gallega Sandrita Dinamita, se podrán disfrutar por primera vez de una pequeña muestra de imágenes en la que se incluyen instantáneas de artistas como Wanda Jackson, Juliette Lewis, Los Coronas, Sex Museum, El Vez, Lisa & The Lips, Killer Barbies,The Limboos, The Fleshtones, Messer Chups, Silvia Superstar,Tamy Love, Miss Lacé, Óscar Avendaño, The Blows, Heroínas, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Dixie Town, Maryland, y otr@s personajes nocturnos y amig@s, muuuuchos amig@s.

Para la inaugutación tendremos el placer de contar con dos maravillosas bandas a la altura de dos magníficos dj´s:

– Desde Wichita con amor: LOS DINAMITAS – (ROCK AND ROLL EFÍMERO)
*** Estreno mundial por y para el evento. Única Fecha. ****

– Desde el frío norte de la península: KING CABRA – (PUNK, GARAGE, ROCK)
http://kingcabra.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/officialkingcabra

Lagartija Dj (La Fábrica de Chocolate Club)
https://www.facebook.com/pages/Lagartija

Querido Extraño Dj
https://www.facebook.com/querido.extran