BENESTAR EXPEDIRÁ GRATUITAMENTE O CARNÉ XOVE E O DE ALBERGUISTA ÁS PERSOAS CUNHA DISCAPACIDADE A PARTIR DO 33%

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se fixan os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, durante o ano 2015
 A Dirección Xeral manterá no novo ano o importe dos prezos correspondentes á prestación de servizos xestionados polo departamento autonómico durante o 2014
 A orde prevé, como ven sendo habitual, que os membros das familias numerosas poidan ter un desconto de ata un 50% nas actividades da ‘Campaña de verán’
 Os usuarios do Carné Xove poderán obter descontos de ata un 25% nas actividades promovidas pola Dirección Xeral

Santiago, 30 de decembro de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se fixan os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, durante o ano 2015. De acordo coa orde, os prezos non experimentarán incremento respecto aos aplicables no 2014.

Como novidade, os prezos relativos á expedición do carné xove, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades, e carnés TIVE non serán aplicables ás persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que terán dereito á expedición gratuíta dos mesmos.

A orde prevé, como ven sendo habitual, que os membros das familias numerosas poidan ter un desconto de ata un 50% sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no programa ‘Campaña de verán’.

Tamén co fin de promocionar o Carné Xove se establece que os usuarios deste carné poderán obter descontos de ata un 25% nas actividades promovidas pola Dirección Xeral, se ben a porcentaxe de desconto aplicable en cada caso será a que se especifique no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.

Recóllense na orde, entre outros, os prezos derivados da utilización dos campamentos e albergues xuvenís de titularidade da Consellería, así como os fixados para as residencias xuvenís para estudantes durante o curso 2015/2016, e os derivados da expedición dos diferentes carnés dirixidos á mocidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: