XUVENTUDE ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DO CERTAME DO PARLAMENTO XOVE NO QUE PODERÁN PARTICIPAR 48 EQUIPOS NESTA EDICIÓN

 Os interesados en participar nesta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar poderán anotarse no portal http://xuventude.xunta.es ata o 30 de xaneiro
 Parlamento Xove é unha competición de debate na que os equipos representantes de centros educativos empregan a oratoria para defender o tema proposto pola organización
 Na fase clasificatoria o tema de debate será: Debería adiantarse a maioría de idade legal aos 16 anos?’

Santiago, 30 de decembro de 2014.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar vén de abrir o prazo de inscrición para a sexta edición do certame do Parlamento Xove, no que poderán participar un total de 48 equipos, formados por alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de 1º e 2º de Bacharelato, de todos os centros educativos galegos. Cada equipo estará formado por catro alumnos e un profesor, que será o coordinador.O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 30 de xaneiro a través do portal http://xuventude.xunta.es.

Parlamento Xove é unha competición de debate na que os equipos representantes de centros educativos empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento acerca dun tema proposto pola organización. Os participantes de cada equipo investigarán, escribirán e, finalmente, debaterán sobre o tema proposto, incluíndose tamén a realización dun dossier de investigación.

A competición divídese en dúas fases: clasificatoria e final. Na fase clasificatoria faranse catro grupos dun máximo de oito equipos que debaterán entre eles. Os oito equipos mellor clasificados pasarán á fase final. Está previsto que a fase clasificatoria descorra ao longo do mes de febreiro e a fase final no mes de marzo.

A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procede ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, “a favor” ou “en contra”, en relación a cuestión formulada. Na fase clasificatoria o tema a debate será: Debería adiantarse a maioría de idade legal aos 16 anos?’.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias, ao tempo que se potencian as habilidades individuais e grupais, como son a selección de información ou a expresión oral, foméntase a tolerancia e respecto polas ideas dos demais. Unha aposta pola utilización da palabra e o razoamento como medio para defender as propias ideas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: