GALICIA PECHA O MES DE DECEMBRO CUN TOTAL DE 251.918 PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

 A directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz López, fixo balance do comportamento anual do paro, que rexistrou en termos interanuais un descenso de 19.145 persoas (-7,06%)
 É o mellor comportamento interanual dun mes de decembro de toda a serie histórica, isto é, desde 1996
 En canto á evolución mensual, subliñou que o dato rexistrado en decembro foi “negativo”

Santiago, 5 de xaneiro de 2014.- Galicia rexistrou no mes de decembro un total de 251.918 persoas desempregadas, o que supón un incremento do 1,32% (+3.286). No que se refire a evolución anual –de xaneiro a decembro- o desemprego baixou en Galicia en 29.159 persoas, o que a converte na terceira comunidade autónoma na que máis descendeu o paro rexistrado en termos relativos.

En canto á evolución interanual -de decembro a decembro-, esta rexistrou unha baixada do 7,06% (-19.145). Trátase, polo tanto, da décimo cuarta baixada interanual consecutiva, o que supón que “estes descensos xa se levan rexistrando de forma continuada durante máis dun ano”.

A directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz, considerou o dato do aumento do paro no mes de decembro como “negativo”, e lembrou que é un mes onde habitualmente se rexistran incrementos do desemprego.

Grazas a esta evolución, Galicia rematou o 2014 con niveis de paro inferiores aos que se rexistraron en 2013, en 2012 e en 2011. “Volvemos ás cifras de hai tres anos”, subliñou a responsable autonómica. Cabe destacar, ademais, que en termos intermensuais trátase do mellor comportamento dun mes de decembro de toda a serie histórica (desde 1996) en termos relativos.

En España, o desemprego descendeu en 64.405 persoas, un 1,43 por cento, ata situarse nos 4.447.711. En termos interanuais, o paro en España baixou nun 5,39%. Deste xeito, Galicia sitúase por riba da media estatal a nivel interanual.

Por sectores, o incremento do paro concéntrase nos sectores da construción (+2.372) e da industria (+1.497). A continuación sitúase a agricultura e a pesca (+460). Pola contra, o paro baixa no sector servizos (-515) e no colectivo sen emprego anterior (-528).

Por provincias, o desemprego subiu en todas elas. O principal incremento detectouse na Coruña (+1.715); seguida por Pontevedra (+1.247); Lugo (+261); e Ourense (+63).

Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 59.094 contratos, 1.763 máis que no mes anterior. Deste total, 4.444 foron indefinidos (7,52%), e 54.650 temporais (92,48%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 12%.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: