Archive | enero 8, 2015

CIG-Saúde pide a dimisión do Xerente da EOXI de Vigo

Desde CIG-Saúde da comarca de Vigo queremos denunciar a falta de capacidade de resposta da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo fronte aos colapsos sufridos nos Servizos de urxencias da EOXI ocasionados polo incremento de patoloxía relacionada coa gripe e outros procesos virais e ás súas complicacións.

Estes repuntes de actividade nos Servizos de Urxencias son perfectamente previsibles, e, con variacións de unha ou dúas semanas, podemos saber cando se van a producir, e en función das cepas de virus dominantes tamén podemos adiantar á poboación que será máis afectada, que neste caso, ao tratarse do Virus H3N2, afecta máis a persoas maiores, polo que era de agardar unha maior demanda en urxencias por tratarse de poboación máis fráxil e con patoloxías crónicas.

Diante desta situación a Xerencia decide pechar camas e reducir recursos asistenciais, xerando demoras inadmisibles e condicións asistenciais intolerables para as e os pacientes e para o persoal que traballa nos Servizos de Urxencias.

Nestas circunstancias so nos queda pedir ao Xerente que presente a dimisión, por incapacidade manifesta de organizar os recursos asistenciais, garantindo a seguridade das e dos pacientes. De non producirse reclamamos da Conselleira de Sanidade o seu cese inmediato, de non facelo estaría demostrando que este Xerente está cumprindo as súas ordenes: desmantelar a Sanidade Pública a calquera prezo.

 

 

CIG-Saúde comarca de Vigo

Vigo, 07/01/2015

Pacientes en Vigo!! hospital de Meixoeiro… Vigo

Enfermos en los pasillos, en las salas de espera… y ¡hasta en la sala de máquinas!16815_922665717745976_1862670603604694625_n

LAS NUEVAS TARIFAS APORTAN UNA MAYOR TRANSPARENCIA AL SERVICIO DE TAXIS DE PORRIÑO

ras la aprobación de la ordenanza que regula los Servicios Urbanos de Transporte en Automóviles Ligeros en la localidad, que modifica la anterior para adecuarla a la nueva normativa autonómica; el Concello de Porriño regula por completo el servicio de taxi con la aprobación y entrada en vigor de este nuevo tarifario. Ya se pueden consultar esta y otras noticias en la web www.concellodoporrino.net

Xoves 8 – CONCENTRACIÓN NOS XULGADOS: Queremos Xustiza Social, non represión policial!

801concentracionA Asemblea Aberta de Coia convocamos unha concentración no xulgado de Vigo en apoio de Xurxo, compañeiro detido esta maña na rotonda de Coia.

Será o xoves 8 de xaneiro a partires das 11h15. Ademais desde as 10h30 estaremos diante da delegación de facenda en Vigo recollendo sinaturas de apoio en contra da vontade do goberno municipal de chantar o barco na glorieta.

Ante as mentiras, a manipulación e a represión policial, este mércores 8 de Xaneiro todas con Xurxo. O compañeiro foi detido nos protestos pacíficos do martes 7 de Xaneiro e é acusado dunha suposta agresión a un policía local, o cal só presenta leves contusións no pulso.

A exposición dos beléns participantes no concurso de Afundación citou a 17000 visitantes en menos dun mes

A exposición que organiza a  Fundación Galicia Obra Social (Afundación) con motivo do  seu tradicional concurso de beléns, que cumpre xa 49 edicións clausurouse onte martes 6 de xaneiro na sala de exposicións do Teatro Afundación en Vigo. Un total de 17000 persoas visitaron a mostra que se inaugurou o pasado 12 de decembro, tralo fallo do xurado integrado por Ramón Trigo Alonso, artista e ilustrador; Juana Amarelo Dourado, galerista de Dua2;  Carlos López Bernárdez, crítico de arte e Paloma Vela, Directora de Artes Plásticas de Afundación.

 

EXPOSICIÓN MOSTRARTE

20150107172646349_0001Invitación para asistir a la inauguración de la exposición “FEMININO SINGULAR” que tendrá lugar el próximo miércoles día 14 a las 11,30 en la Alcaldía de Vigo.

Últimos días para comprar os abonos. Actores e directores de primeira liña para a nova tempada teatral viguesa de Afundación

Últimos días para adquirir os abonos da tempada teatral para o 2015 que a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) preparou para Vigo, dispoñibles na web de Servinova, www.servinova.com, e na billeteira telefónica, 902 504 500. Na súa tempada teatral para o 2015, Afundación achegará a Vigo directores e actores xa consagrados, referencias no panorama teatral galego e nacional. María Galiana, Lola Herrera, Héctor Alterio, Juan Echanove, Ramón Fontseré, Antonio Durán, Morris, ou Amparo Larrañaga son algúns dos nomes que conforman os elencos. Á fronte da dirección das obras atoparemos a Ramón Fontseré, Juan Echanove, Tristán Ulloa, Magüi Mira, Fernando Bernués e Gabriel Olivares.