Archive | enero 15, 2015

Concello do Porriño

EL ALCALDE DE PORRIÑO ACOMPAÑÓ A RAFAEL LOUZÁN EN SU VISITA A LAS NUEVAS INSTALACIONES DEL CAMPO DE FÚTBOL “AS RELOAS”AsReloas3

El presidente de la Diputación de Pontevedra y de la Federación Gallega de Fútbol pudo comprobar de primera mano el estado del renovado terreno de juego del equipo de Fútbol de San Salvador de Budiño, tras el acondicionamiento general de sus instalaciones y la dotación de césped artificial de última generación

Este proyecto de mejora, similar a los ya existentes en el Complejo Deportivo Lourambal, en Atios y en Pontellas, ha requerido una inversión de casi 300.000 euros que el Concello ha acometido con fondos propios, habiendo contado además con la colaboración de la Diputación de Pontevedra.

COMIENZAN LAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DE UNA NUEVA PLAZA EN EL CENTRO DE PORRIÑOObras_Plaza_Porriño2

El proyecto de obra, cuyo presupuesto ronda los 300.000 euros,  contempla la creación de un nuevo espacio público de recreo aportando funcionalidad a un céntrico enclave que actualmente se encuentra en desuso, y la mejora del entronque de dos de las principales vías de acceso a nuestro casco urbano

Sábado 17 de Enero: VIP PARTY – Vigo

FRAMEVIP29celebración el próximo Sábado 17 de Enero de 2015 de la VIP PARTY que otro año más organiza: El Complejo Hostelero ISLAND CLUB – la web: DamosMas y la sala ROUGE, contaremos con la presencia de una serie de famosos de la Televisión y los medios en nuestra Ciudad, entre los que podemos confirmar:

Alessandro Livi  ( GH , Mira Quien Salta , Zumba)

Alex Casademund ( O.T , Expedicion Imposible )
Saray Roldan ( GH , Portada Interviu )
Aran Aznar ( Portada Interviu , Isla de los Famosos )
Beatriz Jarrin ( Presentadora y colaboradora de Radio y  TV )
Daniel Del Rio  ( quien quiere casarse con mi hijo ; Expedicion Imposible )
Esta segunda VIP PARTY comenzara este Sábado 17 a las 22:00 h. en la sala MIKONOS de Island Club y se trasladara a la sala ROUGE a partir de las 04:30 h.

A Real Filharmonía de Galicia abre a tempada de abonos de Afundación en Vigo

O Teatro Afundación en Vigo acollerá o venres 16 de xaneiro, ás 20.30 horas, o concerto da Real Filharmonía de Galicia co que a entidade inaugura a súa tempada de abonos. Dirixida nesta ocasión por Christoph König e con Ana Vinnistkaya ao piano, interpretará Danzas folclóricas romanesas, composta por Béla Bartók, Concerto para piano número 2 en fa maior, de Dmitri Shostakóvich, e a Sinfonía número 5 en si bemol de Franz Schubert. As entradas para este espectáculo están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada. Ademais, o interese por achegar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduce a entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na billeteira a un prezo de 5 euros. 

Antía Ameixeiras gaña a Bolsa de Excelencia Artística convocada por Afundación e ABANCA Obra Social

Antía Ameixeiras é a gañadora da Bolsa de Excelencia Artística convocada por Afundación e ABANCA Obra Social e dirixida por Carlos Núñez, que consiste en acompañar o afamado músico e a súa banda na súa xira estadounidense de 2015. Antía Ameixeiras Cundins naceu en Laxe hai 21 anos e está en contacto co mundo da música desde os cinco, cando se iniciou no baile e a pandeireta tradicional; no Conservatorio Profesional de Carballo estudou percusión durante cinco anos e violín durante 10. 

ABANCA ofrece un novo servizo de atención aos seus clientes polas tardes

  O novo horario de atención ao público permite dispor de máis tempo de atención ao cliente polas tardes

·                  40 sucursais nas principais cidades e cabeceiras de comarca abrirán de 16.30 a 18.45 horas con servizo de caixa

·                  O resto de oficinas atenderán aos clientes polas tardes con servizo de cita previa

14.01.2015. ABANCA reforzou o servizo de atención que ofrece aos seus clientes polas tardes, adaptando o horario das súas oficinas ás demandas dos usuarios.

A partir do próximo luns, 19 de xaneiro, ABANCA abrirá 40 oficinas polas tardes con todos os servizos a disposición do cliente (contratación de produtos, operacións de caixa, etc.). O resto de sucursais atenderán tamén aos clientes todas as tardes con servizo de cita previa. As 8 oficinas de empresas existentes en Galicia terán un horario diferenciado, non pecharán ao mediodía de luns a xoves y con atención comercial de 8.00 a 19.00 horas.

Este novo horario comercial fai posible dispor de máis tempo de atención ao cliente polas tardes (previa cita) e ofrecer unha atención máis personalizada, axustando o horario das sucursais ás necesidades dos clientes.

Contacontos na biblioteca de Chapela

información do contacontos que teremos na biblioteca de Chapela o vindeiro Venres 30 de Xaneiro ás 18:30 h. unnamed

A XUNTA ABRE HOXE O PRAZO DE INSCRICIÓN DO NOVO PROGRAMA ‘XUVENTUDE PROMETE’ PARA FOMENTAR O EMPRENDEMENTO

 A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar ten como obxectivo promover o autoemprego entre os mozos e mozas de 14 a 18 anos axudándolles a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa
 Realizarase a través de estadías emprendedoras de tres días no albergue xuvenil Lug2 nos meses de febreiro e marzo
 Os principios básicos do programa son a posta en valor da iniciativa, a creatividade e o sentido crítico
 Existen dúas modalidades de participación: individual ou de centros escolares cun máximo de 8 prazas por Instituto

Santiago, 15 de xaneiro de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de abrir hoxe o prazo de inscrición do novo programa ‘Xuventude Promete’ co que se pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos a través de estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración no albergue xuvenil Lug2 nos meses de febreiro e marzo. O que se intentará é axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa. Polo tanto, trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade.

Os principios básicos do programa son a posta en valor da iniciativa, a creatividade, o sentido crítico, a capacidade de comunicación, o traballo en equipo e o compromiso. A iniciativa inclúe diversos workshops relacionados co mundo das ideas e do emprendemento, ademais de incluír visitas de emprendedores que amosarán a súa experiencia.

Existen dúas modalidades de participación: individual o a través de centros escolares, cun máximo de 16 participantes por quenda. Para os institutos o límite máximo de prazas é de 8 e, ademais, a inscrición deberá realizala o centro de ensino correspondente. En concreto, esta modalidade está dirixida ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e ciclo de grao medio.

A inscrición realizarase unicamente na modalidade en liña desde a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado; http://www.xuventude.net. O prazo para anotarse rematará o 9 de febreiro ás 14,00 horas.

Unha vez comunicada a adxudicación de prazas por correo electrónico, a persoa solicitante ou o centro educativo disporá dun prazo máximo de 5 días para enviar a documentación correspondente. No caso contrario, poderá ser excluída do programa.

VENRES 16 MANIFESTACIÓN: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!

O VENRES 16 de xaneiro a Asemblea Aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema:
XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!
mani_16

Como na anterior manifestación, celebrada o pasado 12 de decembro, sairemos desde a Praza de América ás 20:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e coa lectura dun comunicado.

Semella que o alcalde está disposto a empregar toda a forza que ten de man para a calar a resistencia veciñal en contra das obras de instalación do barco. Unhas obras que estiveron paradas até o luns, cando de noite e con forte presenza policial, entraron de novo as máquinas.

O que o seu goberno intentar silenciar é que a nosa loita camiña na procura da Xustiza Social desde a desobediencia pacífica. Desde o comezo do conflito a represión foi en aumento, ao punto de termos a tres compañeiros imputados por mentiras policiais, termos a persoas violentadas nas actuacións policiais, termos sancións por tocar a bucina…

Estamos a destapar o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais, para a galería, que deixan a moitas persoas da cidade sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos, sen o local de Sereos… en definitiva: sen dereitos sociais.

Aquí non sobra ninguén, precisamos a todo o mundo!  Por iso animamos a persoas, colectivos, asociacións, entidades deportivas… que veñna á manifestación. Xuntas estamos xa a construír dende abaixo, dende a xente outra cidade, na que as persoas e as nosas necesidades sexan o primeiro.

XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!

A XUNTA E 13 CONCELLOS DA ÁREA DE VIGO RATIFICAN O IMPULSO Á POSTA EN MARCHA DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO

A directora xeral de Mobilidade trasladoulles aos representantes dos concellos que a Xunta xa está a traballar nas modificacións tecnolóxicas necesarias para a implantación do planSONY DSC

 Os concellos mostraron o seu compromiso de someter a votación do pleno esta adhesión nos seus plenos municipais neste mes
 Este novo modelo de transporte permitirá aos veciños da comarca ver mellorada a súa mobilidade con descontos medios do 50% nos seus desprazamentos e con aforros no entorno dos 600 euros anuais
 De Lucas aclarou que os concellos que integran a área non verán modificadas as súas condicións económicas de integración, xa que farán a mesma aportación económica, con independencia de que sexan 13 ou 14 concellos os que constitúan a área de transporte metropolitano de Vigo

Vigo, 14 de xaneiro de 2015.- A Xunta de Galicia e 13 concellos da área de Vigo ratificaron hoxe o impulso para a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano na comarca. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, mantivo un encontro técnico con representantes das administracións locais aos que lles trasladou que a Dirección Xeral de Mobilidade está xa a traballar nas modificacións tecnolóxicas necesarias para a implantación do plan. Os municipios que integran esta área son: Baiona, Cangas, Fornelos, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra e Soutomaior.

Pola súa banda, os concellos presentes nesta reunión de traballo, celebrada esta mañá en Vigo e na que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, manifestaron o seu compromiso de someter a votación do pleno municipal o convenio de colaboración, que garantirá a adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo.

A posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo co participación de 13 concellos propiciará que todos os veciños da área metropolitana vexan mellorada a súa mobilidade, ao ter subvencionadas as tarifas de transporte metropolitano con descontos de ata o 50% nos seus desprazamentos.

O Plan de Transporte Metropolitano suporá grandes beneficios económicos para os cidadáns desta área, con aforros anuais medios que roldan os 600 euros. Ademais configúrase como unha alternativa real ao intenso uso do vehículo particular no contorno das grandes cidades, liberando de tráfico o centro das urbes e diminuíndo a contaminación.

O Plan de Transporte Metropolitano de Vigo funcionará exactamente igual que nas outras áreas, con bonificacións e descontos nos autobuses metropolitanos, que beneficiarán a todos os cidadáns nos seus transportes metropolitanos.

A modo de exemplo, un veciño de Vigo que queira ir a Baiona e para iso colla un urbano e un interurbano, co transporte metropolitano completo tería o transbordo gratuíto e pagaría 1,28 céntimos por dous autobuses, pero pola negativa do alcalde de Vigo ao convenio deberá abonar 2,14 euros, ao pagar 1,28 polo metropolitano máis 86 céntimos do urbano, supoñendo que teña tarxeta de transporte. Deste xeito, un vigués que se desprace cada día a Baiona ou ao Porriño gastará unha media de 400 euros máis ao ano polo feito de que o Concello non se incorpore ao Plan.

A directora de Mobilidade salientou que o desexo da Xunta é ter un plan de transporte metropolitano con 14 concellos, é dicir, con bonificacións no transporte interurbano e con transbordos gratuítos no urbano. Tamén afirmou que a Xunta non cerra portas, polo que brinda a oportunidade ao Concello de Vigo a incorporarse e a formar parte do acordo polo transporte metropolitano nas mesmas condicións que os 13 concellos da área.

Tamén recoñeceu que os tres concellos restantes non poden seguir esperando por este servizo nin privando por máis tempo aos seus veciños das vantaxes que ofrece esta iniciativa, sobre todo despois de que os trece concellos desta área trasladaran en reiteradas ocasións a necesidade de contar co este plan.

Por último, aclarou que os concellos que integran a área non verán modificadas as súas condicións económicas de integración, xa que farán a mesma aportación económica, con independencia de que sexan 13 ou 14 concellos os que constitúan a área de transporte metropolitano de Vigo.

PEINADOR RETOMA LA SENDA DEL CRECIMIENTO

peinador2Han hecho falta 7 años para que Peinador frene su caída en picado. Por el camino se han quedado mas de la mitad de los 1,405.000 pasajeros que movió en el año 2007. El nuevo objetivo, recuperarlos.

En el año 2014 Peinador volvió a crecer. Cierto que lo hace muy levemente, solo un 0,2%, pero tras años cayendo siempre y además cuantiosamente, es una buena noticia que nos hace albergar esperanzas en el año 2015. En total pasaron 680.387 pasajeros en 2014 por Peinador, frente a los 678.720 pasajeros que lo hicieron en 2013.

Estos días desglosaremos estas estadísticas, pero podemos adelantar que este ligero crecimiento se debe principalmente a las rutas de Madrid y Bilbao, y a las nuevas rutas que operó Volotea en Vigo el pasado verano.

A priori las programaciones de 2015 nos permiten hacer un pronostico alcista, y lo mas probable es que Peinador vuelva a crecer este año. Aumentos en la ruta a Madrid, nuevas rutas a Sevilla, Malaga y Londres, y la aparición de algunos chárter como el de Estambul en Semana Santa, nos harán que volvamos a cerrar el año en positivo. Ya era hora…