A XUNTA REFORZA AS SOCIEDADES DE GARANTÍA RECÍPROCA PARA IMPULSAR O FINANCIAMENTO DE MÁIS DE 7.000 PEMES GALEGAS

150119 financiamento 012c O Executivo galego destina 2 millóns de euros para reforzar o labor das SGRs no financiamento de proxectos empresariais
 A conselleira de Facenda subliñou o papel clave das SGRs para facilitar o acceso ao crédito ás pemes, mediante a presentación de avais ante as entidades bancarias e as administracións públicas
 Destacou o éxito dos continuados acordos entre o Igape e as sociedades de garantía recíproca con 5.000 avais por importe de 200 millóns de euros dende 2009
 Muñoz Fonteriz presidiu hoxe a presentación do acordo de colaboración para o impulso do financiamento empresarial a través das sociedades de garantía recíproca Sogarpo e Afigal

Santiago, 19 de decembro de 2014.- A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, explicou hoxe que a Xunta de Galicia está a reforzar as sociedades de garantía recíproca (SGRs) Sogarpo e Afigal co obxectivo de impulsar o financiamento de máis de 7.000 empresas galegas, fundamentalmente pequenas e medianas empresas.

Muñoz Fonteriz presidiu hoxe en Santiago a presentación do ‘Acordo de colaboración para o impulso do financiamento empresarial a través das sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo’. No acto participaron tamén representantes de Abanca e das dúas sociedades de garantía recíproca, Sogarpo e Afigal.

Neste marco, o Executivo galego destinará 2 millóns de euros para reforzar o labor das SGRs no financiamento de proxectos empresariais a través do convenio entre as sociedades de garantía recíproca, as entidades financeiras e a Xunta.

A titular de Facenda explicou que esta achega reforza os fondos de provisións técnicas das SGRs, básicos para que poidan seguir avalando ao tecido empresarial galego, de xeito que as pemes poidan ter nelas unha fonte de garantías diante das entidades financeiras e obter así financiamento operativo.

O acordo permite un incremento do 30% no volume do crédito avalado nos próximos catro anos, co fin de contribuír a paliar as dificultades que teñen as pemes no momento de acceder ao financiamento para impulsar novos proxectos.

Ademais, segundo expuxo a conselleira, “acordos coma os que presentamos hoxe reforzan o papel das SGRs para poder achegar músculo financeiro a aquelas empresas de menor tamaño, que son as máis necesitadas de crédito para poder manterse e medrar”.

Así, destacou que o papel das sociedades de garantía recíproca é clave para facilitar o acceso ao crédito ás pemes, mediante a presentación de avais ante as entidades bancarias e as administracións públicas. “Realizan un labor fundamental para o mantemento e fortalecemento do tecido empresarial galego”, apuntou, tras lembrar que estas entidades teñen unha traxectoria de máis de tres décadas en Galicia, e que contan “cun profundo coñecemento das pemes, do seu entorno e, por tanto, da evolución do risco peme, tanto sectorial como xeográfico”.

Colaboración entre Xunta e sociedades de garantía recíproca
Elena Muñoz Fonteriz sinalou que, con este tipo de acordos, a Administración autonómica busca dar un novo paso para osixenar á pemes, que constitúen “o corazón económico de Galicia”, xa que representan o 99% do tecido empresarial galego; e deben ser as grandes protagonistas da consolidación de Galicia como potencia innovadora e exportadora.

Neste contexto, a titular de Facenda subliñou o éxito dos continuados acordos entre o Igape e as sociedades de garantía recíproca dende o ano 2002, habilitando todo tipo de ferramentas conxuntas. Así, desde o ano 2009, o Igape respaldou case 5.000 avais a empresas das SGRs, que suman 200 millóns de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: