ABANCA achega 2 millóns a Afigal e Sogarpo e ofrece condicións especiais aos seus socios

O acordo permite mellorar o acceso ao crédito para as pemes e autónomos galegos

   O capital achegado incrementa en 25 millóns a capacidade das SGR para afianzar crédito

ABANCA é socio fundador e o principal socio protector das SGR galegas

19.01.2015. ABANCA, a través de senllas ampliacións de capital, achegará 2 millóns de euros ás sociedades de garantía recíproca galegas, Sogarpo e Afigal, das que o banco é o principal socio protector.

A operación foi presentada hoxe en Santiago de Compostela, xunto coa firma dun convenio a través do cal ABANCA ofrecerá condicións especiais de financiamento ás empresas avaladas por Sogarpo e Afigal. O acto contou coa presenza de Elena Muñoz Fonteriz, conselleira de Facenda da Xunta de Galicia, Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA, e Francisco Botas Ratera, conselleiro delegado de ABANCA.

“A achega de capital realizada por ABANCA ten por obxectivo reforzar a solvencia e liquidez de ambas as SGR e enmárcase no noso compromiso de apoio ao tecido económico galego a través de todas aquelas actuacións que poidan mellorar o acceso ao crédito para as empresas e autónomos galegos”, sinalou Juan Carlos Escotet Rodríguez.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: