MOISÉS BLANCO SE INTERESA NO PARLAMENTO POLOS APOIOS DA XUNTA PARA A PROMOCIÓN DOS VIÑOS DA DENOMINACIÓN DE ORIXE VALDEORRAS

O deputado do Grupo Popular salienta “o importante esforzo das empresas pola súa internacionalización”, que permitiu máis que duplicar as cifras de exportación deste viño entre 2007 e 2012

• Esta denominación de orixe esténdese por unha superficie de 1.157 hectáreas, nas que operan cerca de 1.500 viticultores cunha produción que supera os 5,3 millóns de quilogramos de uva. Se elaboran máis de 4 millóns de litros de viño por ano, cun valor estimado superior aos 18 millóns de euros.

Santiago, 25 de xaneiro de 2015.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco cuestionará ao Goberno galego pola contía dos apoios outorgados para a promoción dos viños amparados pola denominación de orixe Valdeorras e para o funcionamento do seu Consello Regulador. Blanco salienta o “importante esforzo que están a facer as empresas pola súa internacionalización”, permitindo máis que duplicar as cifras de exportación do viño con denominación de orixe Valdeorras entre os anos 2007 e 2012.

A denominación de orixe Valdeorras está situada na parte nororiental da provincia de Ourense, ocupando superficie vitícola dos concellos de Larouco, Petín, O Bolo, A Rúa, Vilamartín, O Barco, Rubiá e Carballeda de Valdeorras. Na actualidade, esta denominación de orixe esténdese por unha superficie de 1.157 hectáreas, nas que operan cerca de 1.500 viticultores cunha produción que supera os 5,3 millóns de quilogramos de uva. Se elaboran máis de 4 millóns de litros de viño cada ano, cun valor estimado superior aos 18 millóns de euros.

Moisés Blanco subliña “o traballo que veñen desenvolvendo nos últimos anos as empresas vitícolas de Valdeorras pola internacionalización do seu viño, animadas pola puxanza de novos mercados e o retraemento do mercado español”. Así mesmo, puxo de manifesto “os importantes recursos económicos que a Xunta de Galicia ten posto ao dispor destas empresas vitivinícolas para a comercialización e a promoción dos seus produtos”.

“As accións que se están a desenvolver tanto por adegas como por consellos reguladores están permitindo abrir novos mercados e consolidar os existentes, de xeito que na campaña 2012-2013 cerca do 20 por cento do viño galego con denominación de orixe vendeuse fóra de España”, indicou o deputado popular.

Referíndose en concreto á denominación de orixe de Valdeorras, Moisés Blanco apuntou que as súas exportacións pasaron de 1.210 hectolitros en 2007 a 2.636 en 2012.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: