A XUNTA APOIA O PROGRAMA “CÍRCULOS” DE AXUDA ÁS MULLERES QUE PADECEN CÁNCER DE PULMÓN E ÁS SÚAS FAMILIAS

mato_mosquera_jove_016 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a de Sanidade, Rocío Mosquera, acudiron hoxe á presentación desta iniciativa pioneira, impulsada pola Fundación María José Jove e a Asociación para a Investigación de Cáncer de Pulmón en Mulleres (ICAPEM)
 O obxectivo é abordar todos os aspectos familiares, persoais e sociais da enfermidade, a través do traballo coas propias pacientes, coas súa parellas, cos seus fillos, e mesmo coas súa amizades

A Coruña, 28 de xaneiro de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar e a de Sanidade mostraron hoxe o seu apoio ao novo programa “Círculos” de axuda ás mulleres que padecen cáncer de pulmón e ás súas familias. Esta iniciativa, pioneira en España, está impulsada pola Fundación María José Jove e a Asociación para a Investigación de Cáncer de Pulmón en Mulleres (ICAPEM).

A titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a de Sanidade, Rocío Mosquera, tomaron hoxe parte na presentación na Coruña deste programa, que aborda o cáncer como unha enfermidade que afecta psicolóxica, persoal, familiar e mesmo socialmente.

Por esa razón, o programa trata todos os espectros da enfermidade. Así, o primeiro dos círculos centrarase nas propias pacientes; o segundo nas súas parellas; o terceiro nos seus fillos; e o cuarto, e último, nas súas amizades. De xeito especial, a iniciativa diríxese ás relacións entre as mulleres coas súas parellas e fillos.

Para avanzar neste camiño, “Círculos” articularase a través de encontros entre persoas que padecen cáncer, que estarán dirixidos por profesionais especializados en dinámicas de grupo.

Na súa intervención, Mato valorou o carácter innovador deste programa e avanzou que avaliará a posibilidade de colaborar con esta iniciativa en futuras edicións: ben incorporando algunha medida específica dentro do Plan de Política familiar que se está elaborando actualmente; ou ben a través de recursos propios do departamento, como a mediación familiar ou os recursos de conciliación.

“Estamos convencidos de que neste tipo de situacións a atención sanitaria debe ser complementaria cunha atención psicolóxica e social”, subliñou, co obxectivo de que estas persoas afronten este proceso “coa máxima calidade de vida, tanto elas mesmas como as súas familias”.

Pola súa banda, a titular de Sanidade subliñou que “a política sanitaria debe adoptar unha perspectiva integral, priorizando os principais problemas de saúde, pero abordando tamén, como se pretende nesta campaña, hábitos de vida e comportamentos individuais, que son os responsables dunha gran parte da carga de enfermidade actual”.

Neste senso, o pasado mes de setembro presentouse o Plan de Prioridades Sanitarias 2014-2016, onde o cancro de pulmón figura como segunda prioridade xa que ocupa o terceiro lugar entre as causas de mortalidade en Galicia, o segundo como patoloxía que causa máis anos de esperanza de vida perdidos e está no sétimo lugar como patoloxía que ocasiona máis perdas de anos de vida axustados por discapacidade.

Ademais, Sanidade pon a disposición deste programa a estrutura do Servizo Galego de Saúde, como a Escola Galega de Saúde para Cidadáns e o programa Xente con Vida.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: