Actividades na fin de semana en Detrás do Marco – Venres e sábado – Vigo

10410896_815099001894461_8136835101287785511_n dia da ilustracion
ESTA FIN DE SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DA
ILUSTRACIÓN EN DETRÁS DO MARCO

Dende o pasado ano, Galicia celebra oficialmente o Día da Ilustración o 30
de xaneiro, aniversario do nacemento de Castelao. E en Detrás do Marco, en
colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, teremos
unha fin de semana especial para conmemorar esta data. O venres, a partir
das 21.30 horas, celebraremos Ilustranoite, na que teremos
micropresentacións de varios autores seleccionados. Ademais durante
venres e sábado poderemos gozar cunha exposición de obras destes
autores, que estarán a venda para todos os interesados.

Venres 30 de xaneiro a partir das 21:30 horas en Detrás do Marco.

 

O SÁBADO 31, PRESENTACIÓN DE “LÚA PLENUR”
DE ALFONSO RODRÍGUEZ

Vigo, 28 de xaneiro de 2015. O vindeiro sábado 31 de xaneiro, a partir das
19.30 horas, celebraremos a presentación de Lúa Plenur, o artefacto
poético de Alfonso Rodríguez, que ademais ofrecerá un recitalperformance.
Lúa

Plenur consta de dous libros en galego. Interior a unha tinta.
Encadernación rústica ao fío sen lapelas e os dous teñen un tamaño de A5
vertical. “Paper” ten 96 páxinas + capas e “Araña estupefacta no teito
branco” ten 80 páxinas + capas. Empaquetados conxuntamente en sobres
vermellos e negros con deseño artesanal e personalizado.

Alfonso Rodríguez Rodríguez, nado en Ourense en 1973, é un escritor
galego, que publicou o seu primeiro poemario Subir ao faiado en 2004.
Sábado 31 de xaneiro a partir das 19:30 horas en Detrás do Marco.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: