A XUNTA PORÁ A DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS GALEGAS 500 NOVAS PRAZAS EN ESCOLAS INFANTÍS FINANCIADAS CON FONDOS PÚBLICOS

 

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe en rolda de prensa a convocatoria dun concurso público para concertar prazas de 0-3 anos, unha iniciativa do Goberno galego que ten como obxectivo reforzar e complementar a aposta da Xunta pola conciliación da vida familiar e laboral
  • Mato destacou que, paralelamente a esta actuación, a Xunta seguirá coa planificación de construción e posta en marcha de novas escolas da Galiña Azul, unha rede que nestes momentos conta con 14 equipamentos en construción
  • A titular de Benestar explicou que o concurso centrarase nunha primeira fase nas sete grandes cidades e as súas áreas metropolitanas, as zonas con maior demanda
  • O departamento autonómico está a analizar esta iniciativa cos colectivos máis representativos dos centros de educación infantil de Galicia
  •  Esta medida súmase a outras modalidades de recursos de educación infantil financiados pola Xunta (escolas propias, municipais, de iniciativa social e o cheque infantil) que na actualidade suman 19.200 prazas de 0-3 anos.A Xunta porá a disposición das familias galegas 500 novas prazas públicas de 0-3 anos no próximo curso escolar 2015-2016, que estarán financiadas con fondos da Administración autonómica a través do sistema de concerto. Para levar a cabo esta medida, o Goberno galego convocará por primeira vez un concurso público para concertar as 500 prazas, que se sumarán ás novas que están en construción nestes momentos. Nunha primeira fase nas áreas de Galicia cunha maior demanda de escolas infantís públicas, as sete grandes cidades e as súas áreas metropolitanas. Estas novas prazas sumaranse ás de titularidade pública da Xunta, que forman parte da Rede A Galiña Azul, e ao resto de modalidades financiadas pola administración autonómica.

    A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe en Santiago esta iniciativa da Xunta, que na actualidade se está a traballar cos colectivos máis representativos dos centros de educación infantil de Galicia. Mato apuntou que con esta colaboración o que se pretende é garantir unha convocatoria “eficaz e eficiente”.

    A titular de Benestar indicou que esta actuación busca fundamentalmente reforzar e complementar a aposta do Goberno galego pola conciliación da vida familiar e laboral das familias galegas, ao tempo que indicou que contribúe a que os equipamentos e instalacións en funcionamento de Galicia poidan seguir abertos e, polo tanto, poder manter os seus postos de traballo.

    Novas escolas en construción e incremento de cobertura pública
    Paralelamente, e como o Goberno galego leva a facer desde o ano 2009, a Xunta seguirá a crear novas prazas públicas de 0-3 anos. Proba de isto é que na actualidade e, segundo lembrou a conselleira, están en marcha 14 novas escolas da Rede A Galiña Azul en distintas fases de construción. Desde 2009 e ata o día de hoxe, a Consellería de Traballo e Benestar ten creado un total de 3.320 prazas no conxunto de Galicia, o que significa un 60 por cento máis das que había en 2009. En global, a oferta actual da Rede A Galiña Azul achégase ás 9.000 prazas. Estas prazas súmanse á oferta de 0-3 anos sostidas con fondos públicos, que no curso 2014-2015 suman máis de 19.200 (escolas da Xunta, municipais, de iniciativa social e cheque infantil). O incremento de prazos permitiu mellorar a porcentaxe de atención. De feito, desde o curso 2009-2010 a taxa de cobertura das escolas infantís financiadas con fondos públicos sobre a poboación galega de 0 a 3 anos mellorou en case 12 puntos. Así, se no curso 2009-2010 a ratio era do 18,7%, na actualidade esta taxa ascende ao 30,1%.

    Medidas para a conciliación
    Así mesmo, Mato destacou, ademais da creación de prazas públicas en escolas infantís, outras medidas postas en marcha polo Goberno galego, co único obxectivo de acadar unha conciliación real e plena da vida familiar e laboral das familias galegas.

    Así, resaltou que o pasado curso e, de forma pioneira, a Administración autonómica implantou a exención do prezo público para o segundo fillo e posteriores matriculados en escolas da Rede A Galiña Azul para familias con rendas interiores aos 7.500 euros per cápita.

    Ademais, a Consellería de Traballo e Benestar incrementou o número de cheques infantís . No curso actual, o orzamento desta medida supera os 1,8 millóns de euros co que se beneficiarán a preto de 1.300 familias. Neste eido, tense mellorado o sistema de aboar o cheque, que na actualidade cobran directamente as familias e non as escolas, ampliando, desta forma, a súa liberdade de escoller un centro. Ademais, aumentáronse as contías máximas destas axudas e axilizouse todo o proceso da tramitación.

    Por último, a titular de Benestar apuntou que este mesmo ano porase en marcha unha nova fórmula para a conciliación: as casas niño que están especialmente deseñadas para as zonas do rural que apenas teñan oferta en escolas infantís. Ademais, lembrou que a Xunta está a ultimar a nova carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, que permitirá ampliar e diversificar os servizos destinados ás familias.

    Plan de Dinamización Demográfica
    En definitiva, Mato resaltou que a conciliación da vida familiar e laboral é “un factor esencial” para o fomento da natalidade, lembrando que os expertos coinciden en afirmar que é un dos criterios que máis valoran os pais e nais á hora de ter fillos. Así, destacou que é “un instrumento imprescindible” para a loita contra a crise demográfica en Galicia. Por iso, Mato lembrou que é un dos eixos esenciais do Plan de Dinamización Demográfica que o Goberno galego está a liderar por primeira vez na historia da Comunidade autónoma.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: