BENESTAR APOIOU A PROXECTO HOME CON MÁIS DE 530.000 EUROS EN 2014 PARA DIFERENTES LIÑAS ENCAMIÑADAS Á REINSERCIÓN SOCIAL

 A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, clausurou hoxe unhas xornadas organizadas con motivo do 25 aniversario desta entidade
 González lembrou que, ademais de con este convenio, Benestar apoia a Proxecto Home a través de fondos de cooperación, liñas AFD e de plans de voluntariado, nos seus sete centros e os tres pisos de información, orientación e apoio cos que contan en Galicia
 En 2015 o orzamento destinado á inclusión medra nun 17,7%, ata os 70 millóns e, en concreto, a RISGA conta este ano con 47,7 millóns de euros, un 20 por cento máis en comparación co orzamento inicial de 2014
 De cara a este exercicio, cabe destacar tamén o incremento na orde de contratación de perceptores da RISGA, que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano, que aumenta nun 100% ata os 10 millóns de euros
 Este esforzo orzamentario compleméntase con outras actuacións, como a recente aprobación da Estratexia de Inclusión Social de Galicia (EIS) 2014-2020, que conta con 316 actuacións

Santiago, 30 de xaneiro de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar destinou máis de 530.000 euros en 2014 para o desenvolvemento de diferentes programas por parte de Proxecto Home, entre eles, a realización de actuacións encamiñadas á inserción socio laboral, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas gracias a un convenio de colaboración que financia o 100% de 18 prazas na fase de reinserción social.

A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, clausurou hoxe en Santiago unhas xornadas organizadas con motivo do 25 aniversario desta entidade e lembrou que, ademais de con este convenio, Benestar apoia a Proxecto Home a través de fondos de cooperación, liñas AFD e de plans de voluntariado, nos seus sete centros e os tres pisos de información, orientación e apoio cos que contan en Galicia.

Aposta pola inclusión
Esta iniciativa inscríbese na decidida aposta do Goberno galego por apoiar ás persoas en risco de exclusión. Por iso, en 2015 o orzamento destinado á inclusión medra nun 17,7%, ata os 70 millóns. En concreto, a RISGA conta este ano con 47,7 millóns de euros, un 20 por cento máis en comparación co orzamento inicial de 2014. De cara a este exercicio, cabe destacar tamén o incremento na orde de contratación de perceptores da RISGA, que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano, que aumenta nun 100% ata os 10 millóns de euros.

Este esforzo orzamentario compleméntase con outras actuacións, como a recente aprobación da Estratexia de Inclusión Social de Galicia (EIS) 2014-2020, que conta con 316 actuacións, organizadas ao redor de 8 eixos transversais e outros tantos de carácter sectorial que dan un maior peso á función preventiva e onde existen programas dirixidos a colectivos específicos, entre outros, para persoas con trastornos aditivos; a aprobación e incorporación da estratexia dirixida ao colectivo xitano na EIS; ou as axudas para familias con necesidades básicas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: