Archivo | enero 2015

Nace el festival Esmorga Fest en Sarria (Lugo) – Za!, Guerrera, Puma Pumku, Jay, Cuchillo de Fuego y Los Nastys en el cartel –

Nace el festival Esmorga Fest       unnamed
El ESMORGA FEST surge a raíz de la celebración de un cumpleaños que se nos acaba yendo de las manos… SÍ!! DE UN CUMPLEAÑOS… tras varios años organizando conciertos en la fecha de nuestro cumpleaños, el año pasado se nos fue de las manos, realizando una celebración que duro 2 días con un total de 6 bandas y varios djs, fue tan buena la acogida, que decidimos dar un paso más, y crear la asociación EsmorgArt para dar paso al festival y aquí está. Y como somos 3 los cumpleañeros como los protagonistas del libro A Esmorga, y nos vemos bastante reflejados en sus protagonistas, hemos decidido llamarlo ESMORGA FEST!
Hemos dudado mucho, sobre si contar esta historia, pero nos gusta que los festivales tengan historia y se hagan con amor, por eso queremos que el  ESMORGA FEST sea un festival de celebración para todos los amantes de la música independiente y que no sea un festival más, esperamos verte con nosotros disfrutando de algo más que un festival en el que tenemos preparado alguna que otra sorpresa que os iremos desvelando!
La primera edición del Esmorga Fest tendrá lugar el próximo 7 de Marzo en la sala Litmar de Sarria (Lugo) y el cartel lo forman los siguientes artistas:
El coste de las entradas será de 10 euros (anticipada) y 12 en (taquilla) las cuales se pueden adquirir en Ticketea   o  en la sala Adarve  (Sarria), Pub Xarope (Sarria) y en O Mercado  Street Food (Lugo).
El día 6 tendremos una fiesta de bienvenida, la cual estará actuando Palida gratuitamente en la Sala Adarve.

FESTIVAL SINSAL 13 // VOLVE SINSAL SON ESTRELLA GALICIA Á ILLA DE SAN SIMÓN

Volve Sinsal Son Estrella Galiciaunnamed

Un ano máis voltamos á Illa de San Simón. Sinsal Son Estrella Galicia xa está aquí e terá lugar o venres 24, o sábado 25 e o domingo 26 de Xullo. Esta nova edición incorpora cambios que afectarán ao xeito de disfrutar do festival por parte do público. Por primeira vez poñeremos un bono á venda que cubrirá as xornadas do venres e o sábado e crearemos unha xornada de domingo diferente e cun carácter especial. Como adianto a esta terceira xornada dicir que será o único día no que se poñerán entradas de neno á venda e que o horario será máis reducido que en pasadas edicións.

Sinsal Son Estrella Galicia busca ampliar a experiencia e as actividades na illa. E todo dende un porto, todos os barcos sairán e chegarán a Meirande en Redondela, onde se atopa o Centro de Interpretación de Rande.

Os bonos para Sinsal Son Estrella Galicia 2015 sairán á venda proximamente. Anunciarémolo a través das nosas Redes Sociais.

Bono para 24 e 25 de Xullo

O bono que sacaremos á venda cubrirá as xornadas do venres 24 e o sábado 25 de Xullo e sairá cun prezo reducido de 55€ os 100 primeiros. A partires de aí pasarán a custar 65€ ata o 17 de Xullo, unha semana ante do comezo do festival, cando chegará a 75€. As entradas para o venres e o sábado comezarán custando  30€ e 45€ respectivamente para subir a 35€ e 50€ posteriormente. Os bonos de 55€ serán, polo tanto, unha excelente oportunidade para achegarse a San Simón a un prezo reducido.

Domingo 26 de Xullo

A do domingo será unha xornada reducida na que se contará con algún dos grupos do sábado e con actividades especiais dirixidas a público infantil e xuvenil. As entradas terán un prezo de 30€ para adulto e de 7€ para nenos ata 16 anos incluídos. Este prezo extenderanse ata o 17 de Xullo, cando pasarán a custar 35€ e 9€ respectivamente. Só haberá entradas de neno á venda para a xornada do domingo.

Horarios

Os horarios serán diferentes cada día. O venres 24 os concertos comezarán ás 16.30 e rematarán ás 21.00. O sábado 25, o día máis longo, serán dende a 13.00 ata as 21.00. O domingo, a última xornada, as actividades comezarán a 13.00 e rematarán ás 20.00.

Cartel

En Sinsal Son Estrella Galicia seguimos apostando polo segredo e un ano máis volveremos a propoñer pistas e adiviñas para todos aqueles que se animen a xogar con nós. Polo Festival Sinsal nos nosos 13 anos de vida pasaron artistas da importancia de Alt-J, Wire, Ariel Pink, Triángulo de Amor Bizarro, Jambinai, Future Islands, Low, Joanna Newsom, José González, Shellac, Half Japanese, C93, Mono, Dirty Projectors, Konono nº1… E moitísimos máis. No 2015 prometemos estar á altura da nosa historia.

Información práctica

Moi pronto daremos información a todos os interesados sobre transportes, hoteis e comida. É importante destacar o Centro de Interpretación de Rande, en Redondela, como o porto único desta edición.

A Lampreia de Valença está à sua espera em 23 restaurantes

A Lampreia do Rio Minho, considerada a melhor do mundo, apresenta-se em destaque à mesa em 23 restaurantes de Valença, durante os fins de semana de fevereiro e março.

Em Valença será possível saborear as múltiplas formas de confecionar e apresentar o prato rei desta temporada, numa aposta forte de 23 unidades de restauração locais.

Valença promove os sabores genuínos da lampreia do rio Minho, considerada pelos gastrónomos e bons garfos a melhor do mundo.

Pescada artesanalmente, sobretudo nas comunidades de pescadores de São Pedro da Torre e Cristelo Côvo, nas redadas, é confecionada nas unidades de restauração locais que apuram segredos seculares da arte de a confecionar e apresentar.

Esta é, também, uma oportunidade, para (re)descobrir os encantos de Valença, numa época repleta de animação cultural e recreativa.

Ponto alto na animação, destes dois meses, serão os “Sabores da Lampreia”, a maior mostra gastronómica da região, que decorrerá entre 20 e 22 de março, na comunidade piscatória valenciana de São Pedro da Torre.

Os amantes da boa lampreia terão agora mais um forte motivo para visitar Valença.

Para Jorge Salgueiro Mendes “Valença é um destino gastronómico de eleição para quem gosta de comer bem e aprecia os sabores genuínos!”

http://www.cm-valenca.pt/

II Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’

ALBA MARÍA: “PRESTA SABER QUE NESTE PAÍS AÍNDA SE PENSA, CREA, CANTA E CONTA E SABER QUE HAI QUEN AÍNDA APOSTA POR ISO”certame3

Esta mañá presentouse en conferencia de prensa a segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. Na dita presentación compareceron a concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, o secretario xeral de Política Lingüística, o delegado para Santiago de Gadisa, Román Roo, Valentín García, o director artístico do evento, Xoán Curiel e a gañadora da primeira edición, Alba María. Coincidiron unanimemente na necesidade desta iniciativa e animaron a participar xa desde hoxe mesmo a “todos e todas aquelas que teñan algunha canción en galego que cantar”.

Pola súa banda, Carme Hermida amosouse orgullosa de poder celebrar tanto a primeira e como esta segunda edición do certame, un proxecto que definiu como “único” no panorama da música en Galicia, xa que ningún ten as características deste. Ademais, indicou que desde o Concello de Teo se senten orgullosos de presentar esta nova edición “porque o resultado da primeira foi espectacular”, afirmou.

Un EP —xunto co deseño do mesmo—, concertos e promoción destes, así como un ano de cota de socio/a de Músicos ao Vivo son algún dos premios que poderá recibir a persoa gañadora desta segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. Tamén haberá novidades nos accésits da gala final, entre outras. As bases poden consultarse na web http://www.concellodeteo.com

Tal e como afirma Xoán Curiel, tras o primeiro Certame “houbo xente que tamén nos demandou unha segunda edición. Aí vemos que a creatividade está viva e que hai xente que está desexando amosar o que fai”, remarcou o artista. O director artístico do proxecto tamén lle agradeceu ao Concello de Teo que crese na iniciativa desde o inicio e que dea “espazos, apoio e cariño” ao Certame. Asimesmo, deu as grazas á Xunta de Galicia e a Valentín García como secretario xeral de Política Lingüística, así como a Gadisa, por faceren “que este soño, non só meu, senón tamén de moitos novos creadores, poida ter lugar”. Neste senso, tanto o secretario xeral coma Román Roo, delegado para Santiago de Gadisa, concordaron no acerto da colaboración co dito Certame.

Ábrese a inscrición

Desde hoxe mesmo e ata o vindeiro día 29 de marzo está aberto o prazo de inscrición para poder participar neste II Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. Poderán participar as persoas que xa estiveron no certame o ano pasado, agás a gañadora, así como todas aquelas que o desexen e non teñan ningún material sonoro editado. As cancións deben ser inéditas e en galego. Xoán Curiel tamén apuntou que calquera estilo musical está permitido e “gustaríanos que chegasen moitos novos instrumentos”.

O xurado deste ano estará composto pola concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, a prensa musical especializada estará representada na persoa de Juan Torreiro, mentres que Inés Portela representará as produtoras musicais galegas desde a súa empresa Mada Producións e como artista participará Najla Shami.

Ilusión e esperanza

Alba María, gañadora da primeira edición, viviu o certame “con moita ilusión e con moita esperanza”. Como cantora e estudante de filoloxía galega valora moito que “alguén promova a música galega e en galego”. Ademais, indicou que o Certame lle permitiu lanzar a súa carreira e comezar “dun xeito máis fácil” do que moitas artistas galegas tiveron. “Presta saber que aquí neste país aínda se pensa, crea, canta e conta e saber que hai quen aínda aposta por isto”, subliñou.

Para Carme Hermida, Alba é “un magnífico exemplo dos resultados destes certames para axudarlles a subir varios chanzos de golpe ás persoas que está empezando”. Poder axudar a unha persoa nova coas cualidades e potencialiades que ten Alba “é bo para ela, para a cultura galega, para a lingua galega, para Galicia e para a cultura universal”, apuntou a concelleira.

A gravación dun EP de 4 ou 5 cancións e 20 ou 25 minutos de música, será un dos premios do Certame. Para a mellor realización, a gañadora ou gañador terá ao seu dispór un deseñador gráfico. Con todo, “o premio non é só gravar algo”, senón que tamén cómpre ter en consideración a promoción, varios concertos, unha xira —xunto coa súa promoción en prensa— e outros obsequios, como un ano de cota de socio/a de Músicos ao Vigo. “Queremos que o premio sexa unha plataforma de lanzamento”, remarcou Xoán Curiel. Como novidade, o público poderá dar dous accésits, sendo un deles á mellor canción —e non á canción orixinal.

A cuadratura do círculo

Carme Hermida agradeceu a presenza e a colaboración de Política Lingüística e Gadisa, que xunto ao propio Concello forman os “tres piares de apoio económico” do Certame. A responsable teense de Cultura afirmou que desde o consistorio se amosan “orgullosos” e indicou que esta colaboración representa a “cuadratura do círculo”. Neste sentido, fixo fincapé en que a meirande empresa pública galega, a Xunta, unha empresa pública pequena, como o Concello de Teo e a “grandísima” empresa privada Gadisa colaboren de novo xuntas. Agradeceu tamén a grande parte artística que no proxecto achega Xoán Curiel.

Desde o seu punto de vista, o delegado para Santiago de Gadisa, Román Roo, afirmou que cando a Gadisa cando se lle propón participar nun patrocinio “sempre valoramos moito que sexa unha iniciativa que dalgunha maneira teña calado na sociedade galega, porque consideramos que formamos parte dela”. Indicou ademais que “é unha maneira de devolver parte dos nosos beneficios”. Deu á noraboa á organización e ao Concello “por creren no proxecto”, e tamén trasladou os seus parabéns a Alba María. Finalmente, dixo agardar “unha alta participación” e deu as grazas a Valentín García “porque somos co-colaboradores”, concluiu.

Para o secretario xeral de Política Lingüística, é “sumamente gratificante” que un ano máis se presente “unha iniciativa na que debemos estar”. Ao respecto, Valentín García indicou que a programación de actividades lúdicas está moi diversificada e “chama a atención esta iniciativa” porque, se ben hai certames de canción de autor, “este é o único que ten a lingua galega como eixo vertebrador do seu desenvolvemento”.

Neste sentido, indicou que “se queremos chegar á xuventude, temos que facelo polos medios que ela manexa”. Valentín García indicou que “pola colaboración que Teo sempre presta ás actividades que programamos desde Política Lingüística, “estamos tamén un ano máis patrocinando este proxecto”.

O secretario xeral indicou que “debemos felicitarnos pola colaboración entre administracións de distinta natureza”, entre as que destacou a “capacidade social de Gadisa e a iniciativa interesante e que ten un impacto social positivo como é o dito Certame. Ademais, felicitou a Xoán Curiel e Alba María e concluiu indicando a súa satisfacción porque e convoque e afirmando que “está garantido o éxito”.

O alemán Clemens Schuldt dirixe a Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación en Vigo Recibidos x

O Teatro Afundación en Vigo acollerá o xoves 5 de febreiro, ás 20.30 horas, o concerto en que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Clemens Schuldt, interpretará o Concerto para óboe número 4 en la maior, de Bach; o Concerto para óboe e pequena orquestra, de Zimmermann e a Sinfonía número 1 en do maior, de Beethoven. As entradas para este espectáculo están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500, para todas as persoas que non adquirisen o abono da tempada. Ademais, o interese por aproximar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduce a entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto no despacho de billetes a un prezo de 5 euros.

 

AIR NOSTRUM ABANDONA LA RUTA A TENERIFE NORTE; IBERIA EXPRESS LA RECUPERA

Sorprendentemente hace unos días descubríamos que Air Nostrum retiraba de la venta la ruta con Tenerife Norte que llevaba dos veranos consecutivos cosechando buenos resultados.TF-00604-D Playa Benijo, Santa Cruz de Tenerife

Afortunadamente, en poco mas de una semana ha sido Iberia Express quien la ha recuperado en el mismo periodo de venta y rescatando la oferta de plazas con el aeropuerto del norte de la isla. La ruta operará un vuelo semanal los sábados entre el 18 de julio y el 5 de septiembre, ofertando un total 2.832 plazas.

Los horarios de la ruta son excelentes, ya que la ida desde Vigo queda fijada a las 09:30 aterrizando en Tenerife a las 11:20, y la vuelta desde la isla parte a las 12:05 aterrizando en Vigo a las 15:55.

El precio promocional de la ruta queda fijado en 63,98€ por sentido, precio mas que competitivo al tratarse de una ruta de periodo estival.

Con ello las conexiones con la isla se recuperan levemente, pues Iberia Express parece ser que no operará la ruta que operó el verano pasado con Tenerife Sur. Ahora al sur de la isla volará Air Europa, y al norte lo hará Iberia Express. Eso si, solo en la parte alta de la temporada de verano.

A XUNTA APOIA O PROGRAMA “CÍRCULOS” DE AXUDA ÁS MULLERES QUE PADECEN CÁNCER DE PULMÓN E ÁS SÚAS FAMILIAS

mato_mosquera_jove_016 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a de Sanidade, Rocío Mosquera, acudiron hoxe á presentación desta iniciativa pioneira, impulsada pola Fundación María José Jove e a Asociación para a Investigación de Cáncer de Pulmón en Mulleres (ICAPEM)
 O obxectivo é abordar todos os aspectos familiares, persoais e sociais da enfermidade, a través do traballo coas propias pacientes, coas súa parellas, cos seus fillos, e mesmo coas súa amizades

A Coruña, 28 de xaneiro de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar e a de Sanidade mostraron hoxe o seu apoio ao novo programa “Círculos” de axuda ás mulleres que padecen cáncer de pulmón e ás súas familias. Esta iniciativa, pioneira en España, está impulsada pola Fundación María José Jove e a Asociación para a Investigación de Cáncer de Pulmón en Mulleres (ICAPEM).

A titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a de Sanidade, Rocío Mosquera, tomaron hoxe parte na presentación na Coruña deste programa, que aborda o cáncer como unha enfermidade que afecta psicolóxica, persoal, familiar e mesmo socialmente.

Por esa razón, o programa trata todos os espectros da enfermidade. Así, o primeiro dos círculos centrarase nas propias pacientes; o segundo nas súas parellas; o terceiro nos seus fillos; e o cuarto, e último, nas súas amizades. De xeito especial, a iniciativa diríxese ás relacións entre as mulleres coas súas parellas e fillos.

Para avanzar neste camiño, “Círculos” articularase a través de encontros entre persoas que padecen cáncer, que estarán dirixidos por profesionais especializados en dinámicas de grupo.

Na súa intervención, Mato valorou o carácter innovador deste programa e avanzou que avaliará a posibilidade de colaborar con esta iniciativa en futuras edicións: ben incorporando algunha medida específica dentro do Plan de Política familiar que se está elaborando actualmente; ou ben a través de recursos propios do departamento, como a mediación familiar ou os recursos de conciliación.

“Estamos convencidos de que neste tipo de situacións a atención sanitaria debe ser complementaria cunha atención psicolóxica e social”, subliñou, co obxectivo de que estas persoas afronten este proceso “coa máxima calidade de vida, tanto elas mesmas como as súas familias”.

Pola súa banda, a titular de Sanidade subliñou que “a política sanitaria debe adoptar unha perspectiva integral, priorizando os principais problemas de saúde, pero abordando tamén, como se pretende nesta campaña, hábitos de vida e comportamentos individuais, que son os responsables dunha gran parte da carga de enfermidade actual”.

Neste senso, o pasado mes de setembro presentouse o Plan de Prioridades Sanitarias 2014-2016, onde o cancro de pulmón figura como segunda prioridade xa que ocupa o terceiro lugar entre as causas de mortalidade en Galicia, o segundo como patoloxía que causa máis anos de esperanza de vida perdidos e está no sétimo lugar como patoloxía que ocasiona máis perdas de anos de vida axustados por discapacidade.

Ademais, Sanidade pon a disposición deste programa a estrutura do Servizo Galego de Saúde, como a Escola Galega de Saúde para Cidadáns e o programa Xente con Vida.

Matador Q se rinde a la fotografía

unnamedA casi 20 años de su nacimiento, Matador pone en manos del lector un número donde la imagen es la más absoluta protagonista

De la mano de uno de los grandes fotoeditores de la historia, Robert Pledge, Matador Q presenta impactantes trabajos de doce fotógrafos contemporáneos

Una colección de fotografía documental, tanto artística como fotoperiodística, que reúne a voces nuevas y diferentes junto a las más esperadas

Sebastião Salgado, Lu Guang, Catherine Leroy, Yun Suyeon, Edward Burtynsky, Stephen Dupont, Annie Leibovitz, Kosuke Okahara, Sim Chi Yin, Sammy Baloji, Talisma Akhter y David Burnett son los nombres seleccionados por el fundador de la agencia Contact Press

Raymond Depardon, Marta Gili y James A. Fox son los “Matadores” de este número. Sus semblanzas están firmadas por Jean-Claude Guillebaud, Marc Lenot y Neil Burgess

Matador Q se completa con el relato Las cosas de la vida que no se entienden, de Jenn Díaz

Joan Fontcuberta firma un Cuaderno de Artista formado por catorce fotografías que muestran invitaciones de museos y galerías de arte transformadas en vestigios por la acción voraz de los caracoles silvestres

El vino Fontcuberta procede de la bodega Dominio do Bibei y es uncoupage que pretende transmitir el sentir, la identidad y la singularidad de una tierra única emplazada en el ourensano valle del río Bibei

ABANCA ingresa 288 millóns por venda de participadas, un 58% por riba do seu obxectivo

                 Desde xuño de 2012 o plan de desinversións deu lugar a 57 operacións

·                  A entidade seguirá desprendéndose de paquetes accionariais ao ritmo que obteña as mellores ofertas no mercado

28.01.2015. ABANCA obtivo desde xuño de 2012, data de inicio do seu plan de desinversións, un importe total de 288,17 millóns de euros por venda de participadas. O banco con sede en Galicia ingresou 105,32 millóns de euros -un 57,6%- por riba dos seus obxectivos.

A entidade realizou nos últimos dous anos e medio un total de 57 operacións de venda de paquetes accionariais (desinversión completa ou redución de porcentaxe de participación) en compañías e fondos da súa carteira de participadas. Esta cifra inclúe tamén operacións de reordenación da carteira como, por exemplo, liquidación de sociedades vehículo.

Actividades na fin de semana en Detrás do Marco – Venres e sábado – Vigo

10410896_815099001894461_8136835101287785511_n dia da ilustracion
ESTA FIN DE SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DA
ILUSTRACIÓN EN DETRÁS DO MARCO

Dende o pasado ano, Galicia celebra oficialmente o Día da Ilustración o 30
de xaneiro, aniversario do nacemento de Castelao. E en Detrás do Marco, en
colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, teremos
unha fin de semana especial para conmemorar esta data. O venres, a partir
das 21.30 horas, celebraremos Ilustranoite, na que teremos
micropresentacións de varios autores seleccionados. Ademais durante
venres e sábado poderemos gozar cunha exposición de obras destes
autores, que estarán a venda para todos os interesados.

Venres 30 de xaneiro a partir das 21:30 horas en Detrás do Marco.

 

O SÁBADO 31, PRESENTACIÓN DE “LÚA PLENUR”
DE ALFONSO RODRÍGUEZ

Vigo, 28 de xaneiro de 2015. O vindeiro sábado 31 de xaneiro, a partir das
19.30 horas, celebraremos a presentación de Lúa Plenur, o artefacto
poético de Alfonso Rodríguez, que ademais ofrecerá un recitalperformance.
Lúa

Plenur consta de dous libros en galego. Interior a unha tinta.
Encadernación rústica ao fío sen lapelas e os dous teñen un tamaño de A5
vertical. “Paper” ten 96 páxinas + capas e “Araña estupefacta no teito
branco” ten 80 páxinas + capas. Empaquetados conxuntamente en sobres
vermellos e negros con deseño artesanal e personalizado.

Alfonso Rodríguez Rodríguez, nado en Ourense en 1973, é un escritor
galego, que publicou o seu primeiro poemario Subir ao faiado en 2004.
Sábado 31 de xaneiro a partir das 19:30 horas en Detrás do Marco.