Actividades no IES Alexandre Bóveda: “COIA, ESPAZO CHEO DE VIDA”

Durante os meses de febreiro e marzo desenvolverase no IES Alexandre Bóveda (Coia 2) un ciclo de actividades centradas na historia do barrio de Coia, co obxectivo de seren un instrumento en mans do alumnado para pensar sobre aquilo que fomos, pero tamén sobre o que somos. Revisaremos o pasado do barrio, un legado que non podemos deostar, e tamén recapacitaremos sobre o seu devir, ese futuro por construír no que a implicación dese alumnado e do resto da veciñanza resultará fundamental.coia_chea_vida

_ACTIVIDADES

> CICLO DE CHARLAS:

– “A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX” a cargo de Eduardo Rodríguez. (Luns 2 de febreiro, só para o alumnado do Coia 2). Coia non foi sempre un barrio ateigado de rúas e edificios: ata hai poucas décadas era unha das tantas parroquias rurais que existían no Val do Fragoso. Se retrocedemos aínda máis na Historia, descubrimos as pegadas das xentes que habitaron a Coia tradicional. Nalgúns casos os ecos desas vellas sociedades subsistiron en forma de restos arqueolóxicos.

Das leiras aos grandes bloques” a cargo de Eduardo Rodríguez e Diego Lores. (Martes 3 de febreiro, só para o alumnado do Coia 2). Os anos 60 supuxeron o final da paisaxe rural que durara tantos anos. Nesas datas execútase o Plan Parcial del Polígono de Coya, e o arquitecto Desiderio Pernas deseña a configuración dos novos espazos. A nova paisaxe urbanística e a chegada de nova poboación (de orixe rural que viña a dotar de man de obra á industria florecente) carrexou a aparición de numerosas contradicións.

Faladoiro coa veciñanza da vella Coia”, coas mulleres Dorna, Ángel Vila e Pura. (Martes 3 de febreiro, só para o alumnado do Coia 2). Con este faladoiro queremos achegarnos ás vivencias de persoas que xa estaban en Coia antes do polígono: como viviron a súa construción, que trocos supuxo para eles converter a parroquia tradicional nun barrio residencial, que botaron en falta en toda a transformación…

– “Do barrio que temos ao barrio que precisamos” a cargo de Diego Lores. (Mércores 11 de marzo, ás 19 horas, aberta a toda a veciñanza do barrio). A fractura social é cada día máis evidente, e nos barrios populares os seus habitantes están máis expostos as súas consecuencias negativas. Os anos de deterioro dos lazos comunitarios, de individualismo, de consumismo, de inseguridade, de privatizacións… fixeron que estes espazos foran perdendo a súa forza coma xeradores de vida. Partindo deste momento de mudanzas, queremos deternos e pensar -en común- que vida queremos/precisamos construír día a día nos nosos barrios.

> EXPOSICIÓN NO INSTITUTO

– Paneis e fotografías farán un repaso pola historia de Coia, un barrio cheo de vida. A mostra estará dispoñible nos meses de febreiro e marzo.

_ORGANIZAN

  IES Alexandre Bóveda, roteiroporcoia.es, Espazo Alicerces

_LUGAR

IES Alexandre Bóveda. Rúa Cuntis, 0, 36209, Coia -Vigo

+INFORMACIÓN

Eduardo > 696 258 658

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: