Concello de Vigo

O goberno local investirá 390.000 euros na reforma integral do Parque de Castrelos

A Xunta de Goberno Local adxudicou definitivamente as obras de remodelación do Parque de Castrelos, cun importe de 390.000 euros e un prazo de execución de 4 meses. Tamén se aprobou o último trámite administrativo para acometer a reforma da cuberta do pavillón de Teis.

 


O Concello prepara unha praza en Martínez Garrido cun mural de Villalobos de 60 metros

O alcalde, xunto a varios integrantes do seu goberno, visitou este luns o Parque Central, onde o artista Nelson Villalobos traballa no gran mural que o Concello instalará na futura praza de Martínez Garrido, situada entre os camiños de Medeiro e Sobreiro. Ademais, Caballero revelou que o novo espazo homenaxeará cun busto ao rexedor que da nome á Avenida, fusilado en 1936 polo franquismo.

 


Vigo é o concello máis transparente de Galicia cunha puntuación de 95 sobre 100

Segundo o Índice de Transparencia dos Concellos (ITA), elaborado por unha organización internacional, Vigo é a cidade galega máis transparente, chegando á máxima puntuación en parámetros como transparencia económica e financeira ou urbanismo e obras públicas. Abel Caballero amosou este luns a súa “satisfacción” e avanzou que “seguiremos traballando para conseguir 100 sobre 100” puntos.

 


Caballero anuncia o “pago inmediato” da subvención aos clubs de elite para evitarlles tensións de tesourería

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, reuníronse este mediodía cos clubs de elite da cidade (trece) para anunciarlles o “pago inmediato” dos seus convenios.

 


Actividades de Normalizacion Lingüística nos centros de ensino

Normalizacion Lingüística inicia esta semana novas actividades nos centros de ensino.Para ESO, Bacharelato e FP programa obradoiros de regueifa. Ademais, organiza unha actividade sobre o Merdeiro, para 1º e 2º da ESO e máis para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: