CONCENTRACIÓN CONTRA OS RECARGOS CORREOS

En protesta polos recortes de persoal, o próximo dia 4 as 11 da mañá, a Confederación Intersindical Galega CIG-Correos levara a cabo unha concentración de delegados diante da sede de Correos na rúa do Franco en Santiago de Compostela.
Nos anos 2013-2014 Correos eliminou preto de 7000 postos de traballo, principalmente persoal de reparto, cantidade moi por riba do que no seu dia comunicou o propio presidente da compañía. Por contra a cantidade de xefes e mandos intermedios, neste mesmo período medrou por riba dos 1000 efectivos,algo verdadeiramente incompresible.
No tocante a Galiza os recortes do persoal superaron o 25% en tódalas provincias superando os 1000 postos de traballo, o que en termos prácticos equivaldria a un cadro de persoal moi similar a provincia de Ourense.
Os recortes afectan moi negativamente en Galiza, mais que no resto do Estado, xa que a poboación está moi dispersa e requírese un grande numero de persoal para atender a esta multitude de núcleos de poboación cos que conta o noso Pais; non podendo medir a rendibilidade do servizo so en termos económicos senón tamén como servizo social xa que moitos dos habitantes deste lugares contan como único medio de comunicación co exterior o Servizo de Correos.
Estes recortes de persoal levan aparellados un deterioro na calidade do servizo aumentando inaceptablemente os tempos de entrega, como no pasado nadal no que moitos envíos superaron o mes de retraso e se colapsaron moitas unidades de distribución sen que ós xestores de correos fixeran nada para evitalo.
Durante estes anos os traballadores de correos tamén amosaron o seu rexeitamento a esta política de recortes levando a cabo mobilizacións e folgas por toda Galiza para intentar atallar o problema. Así os traballadores de Vigo fixeron a folga mais longa da empresa postal con un total de 49 días, en contra da supresión de postos de traballo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: