Novo director da Escuela de Negocios Afundación
O santiagués Aurelio Villa Sánchez é desde hoxe o novo director da Escuela de Negocios Afundación, logo de se presentar oficialmente ante o equipo do centro educativo nunha xuntanza que tivo lugar esta mañá no seu campus de Vigo. Co seu nomeamento iníciase unha nova etapa no centro de formación directiva consonte as propostas fixadas no plan estratéxico de Afundación para o período 2015-2019.