Archive | febrero 5, 2015

CIG-Saúde denuncia que a Xerencia está presionando as e os traballadores para que asinen solicitando a creación da Área de Xestión Clínica do Corazón na EOXI de Vigo.

2015 02 04 CaceroladaPrivatizacionSanidadeXeralVigo01.grandeEsta Área de Xestión Clínica pretendese crear ao abeiro do “Decreto 30/2014, do 20 de marzo, polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde” que foi rexeitado na Mesa Sectorial polas Organizacións Sindicais.
CIG-Saúde, como xa ten manifestado en diferentes ocasións non está en contra da Xestión Clínica como elemento de mellora na organización da Sanidade Pública, e pensamos que moitos dos principios que a definen serían positivos para mellorar o servizo que prestamos á cidadanía: atención centrada no paciente, traballo por procesos, mellora continua da calidade, medicina baseada na evidencia, procura da eficiencia, racionalización do gasto, corresponsabilidade dos profesionais no uso dos recursos etc.
CIG-Saúde rexeita o modelo de Áreas de Xestión Clínica que quere poñer en marcha o SERGAS tal e como se recolle no Decreto 30/2014. As dubidas que tiñamos cando se publicou o decreto seguen a estar presentes:
1) O decreto ten unha grande falta de concreción sobre aspectos esenciais das condicións laborais e profesionais en que ficarán tanto o persoal que se integre nas áreas de xestión clínica (AXC) como os que non se integren nelas.
2) O obxectivo esencial do decreto é reducir o gasto, e non o desenvolvemento da xestión clínica, vinculando os posíbeis incentivos ao aforro conseguido, no canto de facelo a resultados de saúde, algo deontoloxicamente inaceptábel e que nos separará dos pacientes, que non verán con bos ollos que os profesionais poidamos lucrarnos aforrando no seu diagnóstico ou tratamento.
3) A figura do director das AXC resulta inaceptábel tal e como se configuran as súas competencias e elección, alleo aos principios de mérito e capacidade, e sen ter en conta a opinión dos profesionais afectados.
4) A xeneralización das AXC previstas no decreto suporá a modificación das estruturas orgánicas actuais da sanidade pública, baseadas nos servizos clínicos, que serán substituídas, pola vía dos feitos e sen reflexión nin consenso, por un novo modelo organizativo baseado nas AXC: o que é presentado como unha «mellora funcional» dirixida a mellorar a eficiencia, rematará converténdose nunha nova realidade estrutural e organizativa caracterizada por unha enorme heteroxeneidade e ausencia de regulación.
5) Malia que no decreto se recolle que as AXC carecerán de personalidade xurídica propia e serán de adscrición voluntaria, o texto non pecha taxativamente a posibilidade de que as AXC que se creen non poidan ser privatizadas no futuro ao abeiro do artigo 65 bis, que o PP introduciu ás agachadas no Estatuto Marco mediante a Lei 10/2013, que foi aprobada precisamente co único obxectivo de posibilitar a privatización das AXC e forzar a perda do carácter estatutario do persoal que as integre.
Desde CIG-saúde queremos denunciar que se está presionando ao persoal dos Servizos afectados para que asinen unha solicitude de creación da Área, tal e como se recolle no artigo 5 do Decreto 30/2014 que establece que “Para iniciar un proxecto de creación dun AXC cómpre elaborar unha proposta de acordo de xestión clínica, que poderá xurdir indistintamente dun colectivo de profesionais ou da Dirección de Procesos Asistenciais …”.
O que pretende a Xerencia da EOXI de Vigo e dar unha idea de participación e iniciativa das e dos profesionais para xustificar a súa intención de crear esta Área de Xestión Clínica.
Desde CIG-Saúde esiximos da Xerencia da EOXI de Vigo que paralice as presións e que desista da súa vontade de aplicar un Decreto de Xestión Clínica que non conta co apoio das e dos profesionais.

O GRUPO POPULAR RECIBE A REPRESENTANTES DE CIG-ENSINO, QUE LLES FIXERON ENTREGA DA ILP PARA A MELLORA DA CALIDADE DO ENSINO

Os deputados Román Rodríguez e Marisol Piñeiro amosaron a disposición para axilizar a tramitación parlamentaria desta iniciativa lexislativa para o debate da súa admisión en sesión plenaria

Foto 1

Santiago, 4 de febreiro de 2015.- Os deputados do Grupo Popular Román Rodríguez e Marisol Piñeiro entrevistáronse esta mañá no Parlamento con representantes do sindicato CIG-Ensino, que lle fixeron entrega da iniciativa lexislativa popular en defensa dos dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellora da calidade do ensino en Galicia.

Os deputados populares intercambiaron opinións cos representantes do sindicato nacionalista sobre a situación do ensino en Galicia e amosaron a súa disposición para axilizar o debate da admisión a trámite en sesión plenaria desta iniciativa lexislativa popular, unha vez que cumpra os requisitos regulamentarios.

Concello do Porriño

ESCOLARES DE PORRIÑO SE CONVIERTEN EN CHEFS POR UN DÍA

Alumnos de CEIP Antonio Palacios participaron esta mañana en la primera de las jornadas del “Obradoiro Infantil de Cocina”  impartido por los alumnos del curso de Animación Sociocultural del Obradoiro de Empleo “Porremprego II” Obradoiro_Infantil_Cocina Obradoiro_Infantil_Cocina2

Los futuros cocineros recibieron ilusionados la visita del alcalde de Porriño, Nelson Santos, y el concejal de Empleo y Formación, M. Alejandro Lorenzo, a quienes explicaron con detalle como habían elaborado el menú y todo lo que habían aprendido en su primera experiencia entre fogones.”Obradoiro infantil de cocina” que se celebró esta mañana en las instalaciones de cocina del Multicentro de Torneiros.

 

El joven pintor vigués Carlos AG muestra su colección ‘Un terrón de Sal’ en la sede viguesa de la Diputación

IMG_0955_resized• Las obras combinan distintas técnicas en las que se mezclan acuarelas, óleos, spray o lápiz de colores.

• La exposición permanecerá abierta hasta el próximo día 13 de febrero en la primera planta de la sede de la Diputación en la calle Oporto.

La sede de Vigo de la Diputación de Pontevedra acogió esta semana la presentación de la exposición de pintura ‘Un Terrón de Sal’, del joven pintor vigués Carlos AG, que permanecerá en estas dependencias hasta el próximo 13 de febrero.
La colección muestra un conjunto de creaciones de temática diversa en el que se aprecia la destreza del autor mezclando diferentes técnicas con armonía y precisión. Prueba de ello son algunos de sus lienzos, como ‘Cidade de Deus’, un cuadro donde se mistura con acierto la aucarela, el rotulador y el lápiz de colores. En la exposición se pueden observar retratos como el ecuestre del conde duque de Olivares, realizado con óleo; o el denominado Máscara, que combina la acuarela y el spray.
El dominio del colorido y los juegos con formas reales y abstractas están presentes en toda la colección, que durante los próximos días presidirá la primera planta de la sede viguesa de la Diputación Provincial, en el número 3 de la calle Oporto.

BIOGRAFÍA
Carlos Álvarez Gil (Vigo, 1985) estudio Bellas Artes en la Universidad de Vigo. Realizó su primera exposición individual, denominada ‘Recién Pintado’, en el centro de arte Tomás y Valiente CEART de Fuenlabrada (Madrid) y más tarde en la Casa da Xuventude de Vigo.
Entre sus exposiciones individuales cabe destacar además ‘Armas de diversión masiva’, en el Museo-Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela, y ‘Punto y seguido’ de DaVinci Bar.
Ha participado en numerosas exposiciones colectivas y ha publicado en catálogos como el art Xove 2011, Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, o Novos Valores.
Fue seleccionado para participar en certámenes como Xuventude Crea 2014, en Satiago de Compostela, Sétimo Premio Auditorio de Galicia para Novoso Artistas, el IX Premio de Pintura Universidad de Vigo, o el I Certame de Pintura Antonio Quesada, también en Vigo.

El Presidente de Pladesemapesga es citado a declarar en la causa abierta contra el Expresidente de Sogama por la Fundación Cetal Luis Lamas Novo…

unnamedEn la próxima declaración Delgado trasladará a la causa nuevas aportaciones sobre la gestión de la Fundación que preside la Ministra Tejerina y como Vicepresidente la Sra. Rosa Quintana Carballo de Medio Rural e do Mar junto al Director es asesor de la citada Consellería, en lo que adjudicaron contratos de forma ilegal 286.150,08 euros que incluían mayoritariamente trabajos ajenos a los fines de la fundación, y denuncia que la citada fundación ha recibido alrededor de 12 millones de euros de las arcas públicas… [+] »

MEDIO AMBIENTE INICIA HOXE UNHA ACTUACIÓN DE MELLORA DA DRENAXE NA ESTRADA VIGO-TUI (PO-552), AO SEU PASO POR OIA

 Os traballos, que estarán rematados este mesmo mes de febreiro, requirirán cortes alternativos de tráfico, que estarán debidamente sinalizados
 Trátase dunha actuación que incrementará a capacidade hidráulica da obra de drenaxe transversal existente
 Os traballos que se comezan esta mañá consisten na colocación dunha nova tubaxe en paralelo á existente e na retirada de pedras de gran tamaño que merman a capacidade da canalización actual
 A obra completarase a posteriori con outras medidas adicionais na canle do río Seco e nas marxes da estrada que se reflectirán nun proxecto que está a redactar a Axencia Galega de Infraestruturas en coordinación con Augas de Galicia

Oia (Pontevedra), 4 de febreiro de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia hoxe unha actuación que incrementará a capacidade da obra de drenaxe existente no punto quilométrico 30+500 da estrada Vigo-Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia. Neste punto existe unha canalización de drenaxe transversal que rexistra frecuentes problemas de obstrución, debido á insuficiente capacidade da canle en momentos de chuvias intensas.

A obra de drenaxe canaliza o río Seco, no que se producen importantes arrastres de sedimentos, atopándose na actualidade a capacidade hidráulica da obra de drenaxe moi mermada pola presenza de pedras de grande tamaño no seu interior. Isto provoca que ante un episodio de choivas moderadas a auga reborde e discorra por encima da estrada. Na imaxe sinálase o punto no que se realizará a actuación:clip_image002

As obras que acomete a Axencia Galega de Infraestruturas consisten na limpeza da canalización actual, retirando as pedras que actualmente están a mermar de xeito considerable a súa capacidade hidráulica. A actuación complementarase coa colocación dunha nova tubaxe de 1.200 mm de diámetro en paralelo á actual, que permitirá incrementar a capacidade do sistema de evacuación de augas de drenaxe e evitar no posible novas situacións de taponamento, ao dispor de dúas canalización para evacuación de augas.

Ambas conducións finalizarán nunha arqueta de reparto de nova construción que permitiría a súa conexión co colector existente de saída que discorre baixo unha estación de servizo.
O investimento para executar esta actuación é de 12.000 euros, que investirá a Axencia Galega de Infraestruturas, e estarán rematadas este mesmo mes de febreiro. Para a execución dos traballos será necesario realizar cortes alternativos de tráfico que estarán debidamente sinalizados.

Cómpre indicar que paralelamente, Augas de Galicia e a Axencia Galega de Infraestruturas traballan conxuntamente na redacción dun proxecto construtivo para solucionar definitivamente esta situación, que inclúe a recuperación do dominio público hidráulico e a adopción de medidas para reducir os importantes arrastres de sedimentos que se producen na cunca de aportación e pola presenza de construcións

Afundación presenta mañá o seu plan estratéxico 2015-2019

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presentará en rolda de prensa mañá, xoves 5 de febreiro, ás 11.30 h, o seu plan estratéxico 2015-2019. O acto terá lugar na Sede Afundación en Vigo coa presenza do presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o xerente da entidade, Pedro Otero.

Afundación presenta mañá o seu plan estratéxico 2015-2019

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presentará en rolda de prensa mañá, xoves 5 de febreiro, ás 11.30 h, o seu plan estratéxico 2015-2019. O acto terá lugar na Sede Afundación en Vigo coa presenza do presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o xerente da entidade, Pedro Otero.

XUNTA E UNIVERSIDADE DE VIGO DAN A BENVIDA ÁS ALUMNAS DA FACULTADE DE CIENCIAS XURÍDICAS QUE ESTÁN A REALIZAR AS SÚAS PRÁCTICAS NA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA NA CIDADE

_MG_2184Tras rubricar un convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo, un total de 20 estudantes dos graos de Dereito e de Relacións Laborais comezaron as súas prácticas formativas en 8 servizos do departamento territorial.
 O obxectivo é facilitar a preparación do alumnado para o exercizo profesional en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais.
 Trátase xa do terceiro ano consecutivo en que os estudantes universitarios se benefician deste proxecto de formación práctica na Administración autonómica na cidade.

Vigo, 04 de febreiro de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, xunto á decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Ana Pita, deu esta mañá a benvida ás primeiras alumnas do grao de Dereito e do grao de Relacións Laborais e Recursos Humáns da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo que estes días comezaron as súas prácticas formativas na Administración autonómica na cidade.

Froito da colaboración entre Xunta e Universidade, rubricouse un convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo co obxectivo de que os alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Xurídicas poidan realizar as súas prácticas académicas externas na Administración autonómica. Trátase xa do terceiro ano consecutivo en que os estudantes universitarios se benefician deste proxecto de formación práctica que, coma considerou Bravo Bosch, “é un valor que cumpre explotar na maior medida posible e especialmente no eido da formación e a capacitación, claves para facer fronte aos retos do mercado laboral”.

Neste curso académico 2014-2015, un total de 20 alumnas de ambos graos – 14 de Dereito e 6 de Relacións Laborais- realizan as súas prácticas en 8 servizos do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar co fin último de que adquiran experiencia e formación nos principais asuntos que xestiona cada servizo. Neste senso, a delegada destacou que “todas son mulleres” así coma o feito de que reciben a súa formación “tanto na Delegación coma no resto de servizos que se atopan fóra do edificio administrativo” referíndose ás oficinas de emprego, o SMAC ou a Oficina do Empregador de Vigo, entre outros. De feito, no acto desta mañá estiveron tamén presentes os xefes dos servizos aos que están adscritas as alumnas da UVIGO e que serán os seus titores na Administración.

As prácticas formativas desenvólvense por períodos bimensuais (xaneiro-febreiro/marzo-abril) e o horario destas procura en todos os casos adaptarse aos horarios lectivos do alumnado e da Delegación Territorial da Xunta. Neste momento xa están incorporadas un total de 12 alumnas -7 do grao de de Dereito e 5 do grao de de RR.LL- e na segunda quenda incorporaranse 8 novas alumnas -7 de Dereito e 1 de RR.LL-.

No período de realización das prácticas, os estudantes universitarios acadan unha visión e coñecemento básico das principais funcións do traballo administrativo e de xestión no eido das competencias da Consellería de Traballo e Benestar en materias tan diversas como as xurídico-administrativas, xestión de persoal, xestión económica e orzamentaria, subvencións, prestacións, dereito de familia e menores, regulación de emprego ou dependencia, entre outras.

O obxecto do convenio foi articular a colaboración da Consellería que dirixe Beatriz Mato coa Universidade de Vigo na realización de prácticas académicas externas do seu alumnado, e sempre coa finalidade de facilitar a preparación para o exercizo profesional do estudantado en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais relacionadas cos seus estudos cursados na Universidade de Vigo. En definitiva, trátase de participar na promoción do desenvolvemento profesional e acceso ao mercado laboral das futuras persoas tituladas universitarias.

Desde California… Jonny Kaplan & The Lazy Stars

JONNY KAPLAN & THE LAZY STARS1 2 3 unnamed
(UNICA FECHA EN GALICIA!)
JUEVES 12 FEBRERO, 21:30H
ENTRADA ANTICIPADA 10€; TAQUILLA 12 (PUNTOS DE VENTA FÍSICA EN La Iguana Club, Discos La Futura, Honky Tonk, Discos Elepé)
La semana que viene tendremos en La Iguana uno de esos conciertos imprescidibles y de los que es un auténtico privilegio tener en nuestra sala.

El cantante, guitarrista y compositor Jonny Kaplan es un trovador viajero en el más amplio sentido de la palabra. Ya sea navegando a una isla lejana, colgando el cartel de “no hay entradas” en Europa junto a su banda estelar, los Lazy Stars, conduciendo su moto arriba y abajo de la costa oeste norteamericana o vagabundeando por algún olvidado país con su guitarra acústica en la mano, todo forma parte del mismo viaje. Es el viaje de un artista verdadero con tres discos editados bajo el brazo que han gozado de las alabanzas de la crítica.

“Sparkle and Shine” es su esperado cuarto trabajo, en el que la banda del sur de California ha creado una innovadora y adictiva colección de canciones de rock americano que suponen una nueva era en la carrera musical de Kaplan. Es el producto de multiples colaboraciones, trayendo a bordo a un buen puñado de músicos de talento, cuya sola presencia justifica la calidad de las canciones. Unos Lazy Stars en los que figuran Rami Jaffee (Foo Fighters, The Wallflowers) al teclado, el bajista Jokin Salaverria, el guitarrista Kevin Haaland y el bateria original de Pearl Jam, Dave Krusen. Pero ahí no acaba todo, Jonny también cuenta en el disco con la ayuda de algunos grandes amigos: el teclista de The Black Crowes; Adam MacDougall, Brad Smith, bajista de Blind Melon; Jessy Greene al violín (que también colabora con Foo Fighters), y la actriz Daryl Hannah, que aporta su voz en dos de las canciones.

El resultado es una colección de piezas de rock que van de la americana al country y el folk, rememorando artistas como Bob Dylan, Tom Petty, Ray LaMontagne, The Band o Gram Parsons.  Hay rock clásico radiofónico de pegajosos estribillos, baladas acústicas tremendamente emotivas, cortes de rock desértico que apelan al espíritu de Crosby, Stills & Nash, composiciones introspectivas, y riffs de guitarra de los que ponen de rodilla a un estadio. Todo con ese sentido del movimiento, de la aventura, del descubrir nuevos lugares, como el trovador que deja su casa-barco en el Puerto de Marina del Rey en California y recorre el mundo fiel a su identidad agarrado a su guitarra y sus canciones.

Así ha conseguido construir una sólida base de fans por todo el mundo, mediante conciertos que van de la intimidad acústica de un pequeño bar a la sudorosa adrenalina de una banda de rock salvaje, habiendo sido invitado por bandas de la talla Kings Of Leon, The Wallflowers, Lucinda Williams, Keith Richards, Wilco o Blind Melon para abrir sus conciertos. Ride Free!!!