CIG-Saúde denuncia que a Xerencia está presionando as e os traballadores para que asinen solicitando a creación da Área de Xestión Clínica do Corazón na EOXI de Vigo.

2015 02 04 CaceroladaPrivatizacionSanidadeXeralVigo01.grandeEsta Área de Xestión Clínica pretendese crear ao abeiro do “Decreto 30/2014, do 20 de marzo, polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde” que foi rexeitado na Mesa Sectorial polas Organizacións Sindicais.
CIG-Saúde, como xa ten manifestado en diferentes ocasións non está en contra da Xestión Clínica como elemento de mellora na organización da Sanidade Pública, e pensamos que moitos dos principios que a definen serían positivos para mellorar o servizo que prestamos á cidadanía: atención centrada no paciente, traballo por procesos, mellora continua da calidade, medicina baseada na evidencia, procura da eficiencia, racionalización do gasto, corresponsabilidade dos profesionais no uso dos recursos etc.
CIG-Saúde rexeita o modelo de Áreas de Xestión Clínica que quere poñer en marcha o SERGAS tal e como se recolle no Decreto 30/2014. As dubidas que tiñamos cando se publicou o decreto seguen a estar presentes:
1) O decreto ten unha grande falta de concreción sobre aspectos esenciais das condicións laborais e profesionais en que ficarán tanto o persoal que se integre nas áreas de xestión clínica (AXC) como os que non se integren nelas.
2) O obxectivo esencial do decreto é reducir o gasto, e non o desenvolvemento da xestión clínica, vinculando os posíbeis incentivos ao aforro conseguido, no canto de facelo a resultados de saúde, algo deontoloxicamente inaceptábel e que nos separará dos pacientes, que non verán con bos ollos que os profesionais poidamos lucrarnos aforrando no seu diagnóstico ou tratamento.
3) A figura do director das AXC resulta inaceptábel tal e como se configuran as súas competencias e elección, alleo aos principios de mérito e capacidade, e sen ter en conta a opinión dos profesionais afectados.
4) A xeneralización das AXC previstas no decreto suporá a modificación das estruturas orgánicas actuais da sanidade pública, baseadas nos servizos clínicos, que serán substituídas, pola vía dos feitos e sen reflexión nin consenso, por un novo modelo organizativo baseado nas AXC: o que é presentado como unha «mellora funcional» dirixida a mellorar a eficiencia, rematará converténdose nunha nova realidade estrutural e organizativa caracterizada por unha enorme heteroxeneidade e ausencia de regulación.
5) Malia que no decreto se recolle que as AXC carecerán de personalidade xurídica propia e serán de adscrición voluntaria, o texto non pecha taxativamente a posibilidade de que as AXC que se creen non poidan ser privatizadas no futuro ao abeiro do artigo 65 bis, que o PP introduciu ás agachadas no Estatuto Marco mediante a Lei 10/2013, que foi aprobada precisamente co único obxectivo de posibilitar a privatización das AXC e forzar a perda do carácter estatutario do persoal que as integre.
Desde CIG-saúde queremos denunciar que se está presionando ao persoal dos Servizos afectados para que asinen unha solicitude de creación da Área, tal e como se recolle no artigo 5 do Decreto 30/2014 que establece que “Para iniciar un proxecto de creación dun AXC cómpre elaborar unha proposta de acordo de xestión clínica, que poderá xurdir indistintamente dun colectivo de profesionais ou da Dirección de Procesos Asistenciais …”.
O que pretende a Xerencia da EOXI de Vigo e dar unha idea de participación e iniciativa das e dos profesionais para xustificar a súa intención de crear esta Área de Xestión Clínica.
Desde CIG-Saúde esiximos da Xerencia da EOXI de Vigo que paralice as presións e que desista da súa vontade de aplicar un Decreto de Xestión Clínica que non conta co apoio das e dos profesionais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: