XUNTA E UNIVERSIDADE DE VIGO DAN A BENVIDA ÁS ALUMNAS DA FACULTADE DE CIENCIAS XURÍDICAS QUE ESTÁN A REALIZAR AS SÚAS PRÁCTICAS NA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA NA CIDADE

_MG_2184Tras rubricar un convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo, un total de 20 estudantes dos graos de Dereito e de Relacións Laborais comezaron as súas prácticas formativas en 8 servizos do departamento territorial.
 O obxectivo é facilitar a preparación do alumnado para o exercizo profesional en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais.
 Trátase xa do terceiro ano consecutivo en que os estudantes universitarios se benefician deste proxecto de formación práctica na Administración autonómica na cidade.

Vigo, 04 de febreiro de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, xunto á decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Ana Pita, deu esta mañá a benvida ás primeiras alumnas do grao de Dereito e do grao de Relacións Laborais e Recursos Humáns da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo que estes días comezaron as súas prácticas formativas na Administración autonómica na cidade.

Froito da colaboración entre Xunta e Universidade, rubricouse un convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo co obxectivo de que os alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Xurídicas poidan realizar as súas prácticas académicas externas na Administración autonómica. Trátase xa do terceiro ano consecutivo en que os estudantes universitarios se benefician deste proxecto de formación práctica que, coma considerou Bravo Bosch, “é un valor que cumpre explotar na maior medida posible e especialmente no eido da formación e a capacitación, claves para facer fronte aos retos do mercado laboral”.

Neste curso académico 2014-2015, un total de 20 alumnas de ambos graos – 14 de Dereito e 6 de Relacións Laborais- realizan as súas prácticas en 8 servizos do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar co fin último de que adquiran experiencia e formación nos principais asuntos que xestiona cada servizo. Neste senso, a delegada destacou que “todas son mulleres” así coma o feito de que reciben a súa formación “tanto na Delegación coma no resto de servizos que se atopan fóra do edificio administrativo” referíndose ás oficinas de emprego, o SMAC ou a Oficina do Empregador de Vigo, entre outros. De feito, no acto desta mañá estiveron tamén presentes os xefes dos servizos aos que están adscritas as alumnas da UVIGO e que serán os seus titores na Administración.

As prácticas formativas desenvólvense por períodos bimensuais (xaneiro-febreiro/marzo-abril) e o horario destas procura en todos os casos adaptarse aos horarios lectivos do alumnado e da Delegación Territorial da Xunta. Neste momento xa están incorporadas un total de 12 alumnas -7 do grao de de Dereito e 5 do grao de de RR.LL- e na segunda quenda incorporaranse 8 novas alumnas -7 de Dereito e 1 de RR.LL-.

No período de realización das prácticas, os estudantes universitarios acadan unha visión e coñecemento básico das principais funcións do traballo administrativo e de xestión no eido das competencias da Consellería de Traballo e Benestar en materias tan diversas como as xurídico-administrativas, xestión de persoal, xestión económica e orzamentaria, subvencións, prestacións, dereito de familia e menores, regulación de emprego ou dependencia, entre outras.

O obxecto do convenio foi articular a colaboración da Consellería que dirixe Beatriz Mato coa Universidade de Vigo na realización de prácticas académicas externas do seu alumnado, e sempre coa finalidade de facilitar a preparación para o exercizo profesional do estudantado en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais relacionadas cos seus estudos cursados na Universidade de Vigo. En definitiva, trátase de participar na promoción do desenvolvemento profesional e acceso ao mercado laboral das futuras persoas tituladas universitarias.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: