A Asemblea Aberta de Coia convoca mañá luns 9 de febreiro unha concentración diante do Concello de Vigo (Praza do Rei) baixo o lema: “Globos contra o barco na rotonda”. Será a partires das 11:00

Centenas de globos servirán para dicirlle, moi clariño, ao alcalde algo que a veciñanza non quere o barco na rotonda de Coia. Mandaremos ás nosas reivindicacións, máis dereitos sociais, ás nubes que é onde viven o alcalde e o seu goberno. Berraremos ben forte que Xurxo somos todas! Caballero ordena e a poli mente!actividadesxurxo

Un grupiño subiremos ao pleno que se celebra na casa de todas esa mañá mentres outras quedaremos ás portas preparando uns globos, que serán a nosa ferramenta para visualizar a nosa loita polos dereitos sociais e contra obras sen sentido coma chantar un barco nunha rotonda mentres miles de viguesas sofren con crueza o empobrecemento.

Queremos unha cidade para as persoas, e para iso os cartos de todas teñen que estar destinados a garantir as necesidades básicas de toda a poboación. El os tira en obras faraónicas: estadios, escaleiras mecánicas, humanizacións… Nós queremos, precisamos que eses cartos vaian destinados a cubrir as nosas necesidades, en definitiva, que se destinen a facer unhas políticas sociais potentes e duradeiras que aseguren unha vida digna para todas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: