CONCENTRACIÓN: “Todas somos Xurxo. Caballero ordena, a policía mente” Mércores 11 ás 9:30 ás portas dos xulgados de Vigo

persoas imputadas debido á resistencia veciñal na rotonda de Coia.xurxo_xuizo

Desde Asemblea Aberta de Coia acompañaremos a Xurxo nesa data tan importante. Desde as 9:30 temos convocada unha concentración nas portas dos xulgados de Vigo da rúa Lalín para amosar todo o noso apoio e agarimo a Xurxo.

Abel Caballero, alcalde de Vigo, quere acalar a loita veciñal na rotonda, e non ten problema en empregar á policía local para os seus fins. No desaloxo da rotonda de Coia, que a empurróns fixeron máis de 40 policías locais o 7 de xaneiro, un axente acusa a Xurxo dunhas lesións que as alí presentes negamos con rotundidade. Unha mentira que conleva un xuízo no que lle piden ao compañeiro: 2 anos e medio de cadea e máis de 1200 euros en concepto de indemnización por uns feitos, que repetimos, non foron como os axentes da policía local queren facernos crer. Apelamos, coma fixo o párroco do “Cristo da Vitoria” na rolda de prensa do 10 de xaneiro, á conciencia dos axentes para que digan a VERDADE do acontecido na rotonda o 7 de xaneiro.

Xurxo e o resto das persoas que levamos desde o 4 de decembro nesta loita dicimos decote que: NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER!

Porque non pode ser que mentres milleiros de persoas sofren na cidade o desemprego, os recortes, o peche de servizos básicos… este goberno municipal decida malgastar os cartos de todas en: rotondas, campos de fútbol, escaleiras mecánicas, en propaganda…

Esiximos que o goberno municipal empregue os cartos de todas ao servizo das necesidades da xente. É dicir, esiximos dereitos sociais e unhas políticas que aseguren unha vida digna para todas as persoas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: