ETHEL VÁZQUEZ ANUNCIA QUE A XUNTA APROBARÁ NOS VINDEIROS DÍAS O DECRETO QUE PERMITIRÁ INICIAR O PROCESO EXPROPIARIO EN TODO O TRAZADO DO DESDOBRAMENTO DO CORREDOR DO MORRAZO

 O importe total do proceso expropiatorio está estimado en 1,1 millóns de eurosclip_image002
 A conselleira de Infraestrutras presentoulles hoxe aos alcaldes de Cangas e Moaña o trazado completo desta obra, así como o proxecto construtivo correspondente ao primeiro treito desta actuación
 A construción do primeiro subtreito do desdobramento contará cun investimento de máis de 20 millóns de euros
 Vázquez avanza ademais a licitación en marzo do proxecto construtivo da Variante de Cangas

Cangas (Pontevedra), 9 de febreiro de 2015.- A Xunta de Galicia está a traballar coa máxima intensidade para converter o corredor do Morrazo en autovía e, segundo informou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Consello da Xunta aprobará nos vindeiros días o decreto de urxente ocupación que permitirá iniciar o trámite expropiatorio en todo o trazado de desdobramento do corredor. Unhas expropiacións cuxo importe total está calculado en 1,1 millóns de euros.

A aprobación do decreto suporá, tal e como indicou a conselleira, un novo paso no compromiso do Goberno Galego de licitar, contratar e iniciar as obras de desdobramento do corredor do Morrazo neste 2015. Concretamente a licitación poderá levarse a cabo na primavera.

Ethel Vázquez mantivo hoxe unha reunión cos alcaldes de Cangas, José Enrique Sotelo; e de Moaña, José Fervenza; na que tamén participou o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán; o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch. Neste encontro celebrado en Cangas presentouse o trazado completo do desdobramento do corredor do Morrazo, así como o proxecto construtivo correspondente ao primeiro treito desta actuación.
Primeiro treito
A conselleira lembrou que para facer viable a execución do desdobramento o seu departamento decidiu dividir a actuación en tres subtreitos. Actualmente estanse a ultimar os proxectos construtivos do segundo e do terceiro tramo. O proxecto correspondente ao primeiro deles, o que une Rande-Domaio, está rematado, e recolle a conversión en autovía do actual corredor ao longo de arredor de 3 quilómetros de lonxitude.

Neste percorrido destacan tres infraestruturas principais:

• viaduto de enlace de Rande, de 73 metros.
• viaduto da Moura, de máis de 400 metros.
• E o túnel de Montealegre, de 133 metros.

A construción deste primeiro subtreito do desdobramento contará cun investimento de máis de 20 millóns de euros (incluídas expropiacións e servizos afectados).

O proxecto construtivo desenvolve o trazado aprobado en 2013, que respecto ao licitado anteriormente recolle, entre outros, axustes de deseño en planta e en alzado para minimizar no posible os movementos de terras. A finalidade é definir unha solución máis optimizada, mais sinxela e equilibrada e de menor impacto, mantendo a máxima funcionalidade.
Así, mentres o proxecto inicial prevía neste treito a duplicación da calzada na súa totalidade pola marxe dereita do actual corredor, a nova solución recolle a duplicación pola marxe esquerda (lado ría) aproximadamente ata o PK 1+600, e pola marxe dereita (lado monte) desde ese punto.
Para a definición do trazado do vial e das estruturas, e dada a complexidade da orografía da zona, realizáronse mais de 100 ensaios xeotécnicos (sondeos, calicatas, ensaios de penetración dinámica, etc…) que permitiron a caracterización do terreo. Estes ensaios posibilitarán ademais que as obras se executen reaproveitando os materias existentes na maior medida posible, minimizando deste xeito o impacto da actuación.
A conselleira de Infraestruturas destacou que a comarca leva tempo esperando por unha actuación que reducirá os problemas de capacidade de infraestrutura actual, redundará en maior seguridade viaria, favorecerá a mobilidade e mellorará a vertebración e a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixo atlántico. Unha actuación que mellorará a calidade de vida dos veciños e favorecerá a actividade económica desta comarca. Así mesmo, Ethel Vázquez avanzou que no vindeiro mes de marzo licitarase a redacción do proxecto construtivo da Variante de Cangas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: