Archive | febrero 12, 2015

Denuncian espionaxe aos medios de comunicación polo Goberno de Alberto Núñez feijóo usando as institucións públicas…

unnamedzDende a prehistoria do xornalismo, quen fixeron público o que tiña máis interese para o público, sufriron intromisións na súa intimidade e espionaxe despiadada. Miguel Delgado, Presidente de Pladesemapesga fué gravado ilegalmente nas dependencias da Consellería de Medio Rural e do Mar nunha entrevosta co Vicesecretario Xeral tecnico, Sr Carlos Gómez, que a día de hoxe nada explicaron estas formas de proceder… [+] »

Rastro Portovello 14 de febreiro

O vindeiro sábado 14 de febreiro terá lugar o Rastro Portovello nas rúas do Casco Vello de Vigo (Triunfo, Palma, Oliva, Praza da Igrexa, Praza da Pedra e Praza dos Descubrimentos)en horario de 11.00h a 21.00h.Portovello 14 de febreiro

Nel podense atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicáis, cadros, fotografías e outras curiosidades…

A XUNTA DE GALICIA INVISTE MÁIS DE 430.000 EUROS NA CONSTRUCIÓN DE DOUS APARCAMENTOS DISUASORIOS NO CONCELLO DE MOAÑA, SITUADOS EN DOMAIO E BROULLÓN

 Coa construción de dous aparcadoiros disuasorios en Moaña, lográronse 105 prazas de estacionamento, 3 para persoas con mobilidade reducida; en puntos clave para o fomento da intermodalidade entre o vehículo privado e un modo de transporte colectivoclip_image002
 Estas infraestruturas pretenden fomentar o transporte público e as viaxes compartidas nas contornas metropolitanas, co obxectivo de avanzar cara unha mobilidade sustentable, e ir da man dos obxectivos marcados na estratexia de Europa 2020

Moaña (Pontevedra), 12 de febreiro de 2015.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, subliñou na súa visita a Moaña hoxe que o Goberno galego achegou máis de 430.000 euros para dous aparcamentos disuasorios neste Concello, recibindo a instalación de Domaio 150.000 euros e o de Broullón, 280.000. Menéndez, que supervisou hoxe a posta en servizo da instalación de Domaio estivo acompañado pola delegada Territorial de Xunta en Vigo, María José Bravo Bosh; e o alcalde desta localidade pontevedresa, José Fervenza.

O responsable da AXI asegurou que “as dúas infraestruturas que, desde hoxe están en funcionamento, no Concello de Moaña, suporán un importante beneficio para o municipio, mellorando a calidade de vida de máis de 30.000 habitantes, que poderán acceder a estes espazos de xeito gratuíto”.

Nesta infraestrutura, que empeza a funcionar hoxe, investíronse 150.000 euros e cumpríronse os prazos establecidos para o seu remate desde o comezo das obras. O aparcamento sitúase nun resto da estrada PO-551 (Marín-Rande), a 200 metros do enlace do corredor á altura de Rande.

Máis espazos
Neste momento, a Xunta de Galicia xa ten en funcionamento o aparcadoiro disuasorio de Broullón, que se puxo en funcionamento no mes de decembro e que contou cun investimento de 280.000 –parte dos mesmos foi orzamento de Fondos Europeos- e que está situado no enlace do Corredor do Morrazo coa estrada PO-313 (Marín-Moaña), o que permite concentrar condutores destas dúas localidades que se dirixan cara a Vigo.

Así, coa construción de dous aparcadoiros disuasorios en Moaña, en terreos da Xunta de Galicia, lográronse 105 prazas de estacionamento, 3 para persoas con mobilidade reducida; en puntos clave para o fomento da intermodalidade entre o vehículo privado e un modo de transporte colectivo.
APARCADOIRO DISUASORIO TOTAL PRAZAS PRAZAS PARA P.M.R. INVESTIMENTO ORZAMENTO 2015
Broullón 73 2 0,28 M€ 46.732,40 €
Domaio 32 1 0,15 M€ 25.359,73 €
TOTAL 105 3 0,43 M€
72.092,13 €

Os aparcadoiros disuasorios pretenden fomentar o transporte público e as viaxes compartidas nas contornas metropolitanas, co obxectivo de avanzar cara unha mobilidade sustentable, e ir da man dos obxectivos marcados na estratexia de Europa 2020.

Concello de Vigo


O Concello promove con 3 días de concertos e audiovisuais a candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade

Caballero presentou este mércores “O Canto das Illas”, un espectáculo musical e audiovisual no Auditorio Mar de Vigo os días 20, 21 e 22 de febreiro, en apoio á candidatura das Cíes como Patrimonio da Humanidade. Con pezas compostas especialmente para o evento, artistas como Iván Ferreiro, Sondeseu e a Coral Casablanca, entre outros, porán a música, mentres que o audiovisual correrá a cargo de Colette Dedyn (que fará arte con area) e do videomapping que será proxectado por todo o auditorio.

 


O alcalde supedita a recuperación económica da cidade á reactivación do comercio local

Representantes de todas as asociacións de comercio da cidade coincidiron esta mañá ao felicitar ao Concello pola campaña de Nadal. Durante a celebración da Mesa do Comercio Local, o alcalde avanzou que, seguindo ese exemplo, o goberno local darálle un novo impulso ao Entroido e á Renconquista para seguir a fomentar a reactivación económica da cidade.

 


Caballero fixo entrega dos 24 premios do Concurso de Pintura Vigolandia 2014

Máis de 2.500 nenos e nenas de Primaria, entre 6 e 12 anos, pertencentes a 23 colexios da cidade participaron no Concurso de Pintura Vigolandia 2014, certame no que este ano se recoñeceu a imaxinación e o talento de 24 pequenos artistas. O alcalde entregou os premios aos galardoados durante un acto no que louvou a capacidade artística de todos os participantes e, en especial, dos premiados.

 


O Concello cooperará coa Fundación Menela nos actos do 9 de marzo, Día Mundial do Autismo

Abel Caballero amosou a súa vontade de cooperar cos actos que a Fundación Menela organizará o próximo día 9 de marzo, con motivo do Día Mundial do Autismo. Logo de manter un encontro cos responsables da entidade, o rexedor cualificou de exemplar e moi estimulante a labor que realizan con as persoas que paceden esta enfermidade.

UN DESFILE SOLIDARIO DARÁ EL PISTOLETAZO DE SALIDA AL CARNAVAL EN PORRIÑO

Serán 22 las comparsas que tomen las calles del casco urbano de Porriño, 17 de adultos y 5 infantiles, como adelantó esta mañana el concejal de Festejos, M. Alejandro Lorenzo, en el acto de presentación de la programación del Carnaval 2015 que tuvo lugar en el salón de actos de la Casa Consistorial

 

Los alumnos de 5º y 6º de primaria del CEIP Antonio Palacios se encargarán de inaugurar el carnaval porriñés con la lectura del pregón, dando comienzo a siete días de actividades para niños y mayores

 CarnavalPorriñoa CarnavalPorriño1

El próximo viernes, a la 22:00 horas, un Desfile Solidario de Comparsas organizado por el Concello, en colaboración con la Asociación de Hosteleros de Porriño (AHOSPOR), recaudará alimentos y “tapers de comida” en beneficio del programa municipal de alimentos SOS Porriño

Ya se pueden consultar esta y otras noticias en la web www.concellodoporrino.net